Blogia
Sekeirox

O día de...

O día de... Case que tódolos días do ano temos para celebrar "O día de..." algo ou alguén.
Eu xa hai bastante tempo que decidín permanecer un pouco á marxe desta "moda" dos "Días de...". Non é que non teña a ben lembrarme desas persoas, ou que non me guste celebrar eses días especiais, ou que non me solidarice coas distintas causas ás que se refiren os "Días de..." (aínda que a maioría das veces as campañas dos "Día de..." teñen tan só un motivo comercial por detrás); senón todo o contrario. A miña opinión é que esas causas, persoas, cousas... ás que desexo lembrar, se merecen moito máis que un día, e por iso procuro facelo sempre que podo.
Por suposto respecto a todas as persoas que viven con máis ou menos paixón "O día de...", pero eu procuro pasar de puntiñas por eles, "deixándome facer" procurando non amolar aos que con toda a boa intención do mundo viven con maior intensidade e ilusión estes días (por suposto, hai "Días de..." nos que participo activamente (non son ningún becho raro, ¿ou si?), isto pasa cando coas miñas accións podo contribuír a algunha causa que outros días me resultaría máis difícil facelo. Hai "días de..." en que "ou é ese día ou non é").
O día de hoxe (31 de agosto), é o proposto para a celebración do "Día do Blog", ou BlogDay. Esta iniciativa do día dos blogueiros, promocionar dalgún xeito a "novos" blogueiros, doutras nacionalidades e doutros centros de interese. Para este fin, cómpre destacar nun post cinco "novos" blogs; facer unha breve descrición dos mesmos (cas súas ligazóns pertinentes) e facerlles saber aos "novos" bloguers, que foron citados no post; e por último agregar a etiqueta BlogDay de Technorati: http://technorati.com/tag/BlogDay2005 e unha ligazón ao sitio BlogDay: http://www.blogday.org
No meu caso, o día de hoxe (coma case tódolos días) din con oito ou nove blogs, interesantísimos, tanto pola súa temática como polo seu contido e a súa presentación. Pero, seguindo o meu parecer sobre os "Día de..." considero que non debo destacar só a cinco (como dí Catuxa en Deakialli: faría falla un BlogDay case que tódolos días), para ser xusto coa incipiente blogosfera que cada día se nutre de novos blogs fantásticos.
Ademais de descubrir ou redescubrir eses estupendos blogs, púxenme en contacto coa maioría deles a través de comentarios aos seus posts, e con outros espero facelo; outros están (ou o estarán en breve) recollidos: nas ligazóns de sekeirox, no meu flikr, no meu del.icio.us , no meu feednes, no meu CiteUlike e nas ligazóns doutros sitios nos que blogueo como en aulablog. A través destas pegadas que vou deixando, coido que é unha forma de recoñecer, día a día que eses sitios son do meu interese e que llos recomendo a todo o mundo.
Mañá seguro que será outro bo "BlogDay" ;)

2 comentarios

xacaes -

OK Biranrem, estaremos pendentes das vosas informacións

Birnarem -

Aquí estou eu e un par de amigos para informar a todos os galegofalantes do que pasa no mundo e que non se pode ler na coz de galicia, no peís ou no mundiño. Novas, opinións, denuncias, información, ...