Blogia
Sekeirox

A edición web ao alcance de máis mans: NVU 1.0

Da man de Mario Núñez, de Avalúo y Tecnologías del Aprendizaje, dou con esta interesante ferramenta de edición web: NVU 1.0. Como el di, pode ser unha boa alternativa para ofrecer ás persoas que se inician neste mundillo e que necesitan dar os primeiros pasos na edición web.
Trátase dun editor baseado no Mozilla Composer; de código aberto; de fácil manexo (WYSIWYG); multiplataforma; e traducido ao castelán.

2 comentarios

Carlos -

Certo Su, comparto o que dis, tendo en conta que os principiantes buscan ver algo máis do que lles adoitan ofrecer os prcesadores de textos que si soen dominar. Este é posiblemente un dos grandes éxitos na expansión de ferramentas de fácil edición como pasa nos blogs ;D
- Xestionar un sitio
- Xestionar plantillas
- A posibilidade de crear código html (sen saber nada ou case nada deste tipo de código)
Son tres grandes aportacións coas que nos atopamos cando traballamos con este tipo de ferramentas.
Instalei esta ferramenta, e probeina (non a fondo): A miña impresión é boa, completa dabondo, cubre as necesidades básicas da edición web e bastante intuitiva; se a iso lle unimos o seu prezo e a súa orixe,... pois como para recomendala...

Su -

Oi Carlos!

Os editores html não costumam ser muito amigáveis com principiantes.Interessante esta ferramenta. Vou testar!