Ferramentas, recursos, artigos, revisións,... sobre blogs
Posto que non dou feito, como para postear coa intensidade que eu quixera en sekeirox, vou facer un pequeno resumo do que recollín durante esta última semana.
Por suposto as interesantes aportacións que están aparecendo en Aulablog , que pouco a pouco estase a conformar nunha comunidade activa e na que se barallan os temas previstos, o aproveitamento do uso educativo das ferramentas que nos ofrece internet, especialmente os blogs.
- Vía Pixel y dixel , entérome da "penúltima" iniciativa da Open Library, un impresionante proxecto que consiste basicamente en escaear todos os libros do mundo, comezando polos de dominio público...
- Ferramentas e recursos:
- A través de Blogsavvy , James Farmer achéganos unha interesante revisión e clasificación de ferramentas para a creación de blogs multiusuario , os posts anteriores "Giving blogs with..." nos que fala de cada unha das ferramentas por separado, non teñen desperdicio.
- Vía ñblog: utilidades y recursos para blogs , dou co interesante Diccionario blogolóxico (wiki) , un referente para a comprensión terminolóxica que rodea ao mundo dos blogs.
- Edwood en Tecno4all , ofrécenos esta Extensións NVU Math toolbar 0.1 beta , seguro que o persoal de ciencias o agradece ;)
- Aníbal, pola súa banda ofrécenos entre outra moitas cousas interesantes, coma sempre, un post no que fala sobre esta útil aplicación: Neevia , para cambiar arquivos de formato.
- Pablo Fernández en PC Actual Blogs , esta interesantísima recolleita de recursos e ferramentas para a Web2.0 . Probei algúns: estupendos, seguirei testantdo e xa falarei deles no seu momento.
- Artigos e revisións
- Tamén vía ñblog: utilidades y recursos para blogs, e de Avalúo , de Mario Núñez dou cunha colección interesante de artigos sobre blogs que aparece na Revista Telos . Por suposto os que me resulten máis interesante ireinos reseñando no meu CiteUlike .
- Grazas a ASPE , retomo o artigo publicado na eduteka sobre o uso de blogs no ensino, centrado no seu uso con alumnos con dificultades de escritura e lectura. Interesante e para o meu CiteUlike tamén.
- Como case sempre, sintonizo moi ben cos planteamentos de Juan Freire , neste caso no marco da xornada WebDosBeta . O seu post Tras WebDosBeta: "Bridge bloggers". Deconsruir la universidad. El espacio y lo local: mooi interesante.
- A través do Blog de Mariña , dun dos blogs de alumnos que sigo, dou con outros que seguro formarán parte do meu recolledor.
0 comentarios