Blogia
Sekeirox

Unha Morea de recursos

Recollo do Blog de Novas Tecnoloxías e Profesorado , a boa nova do lanzamento de MOREA (Múltiples Obxectos Reutilizables de Ensinanza e Aprendizaxe) . Segundo a definición de Adriana: trátase dun "espazo web destinado ao profesorado universitario para apoialo na elaboración dos seus materiais para a web". "Un lugar onde accederás a recursos que che poden servir para elaborar materiais dun xeito máis sencilla".
"
Un repositorio de obxectos para reutilizar con fins de ensinanza"; "Ten orientacións para o deseño de propostas de ensinanza con soporte web baseadas en diferentes estratexias didácticas: simulacións, webquest, estudo de casos, presentacións, multimedia…"; "Ofrece guías para a reutilización de recursos multimedia nos propios materiais de ensinanza".

Trátase, segundo indican na páxina, dun proxecto desenvolto por grupos de investigación da USC; e financiado pola Secretaría de Estado de Universidades e Investigación.

Paréceme unha iniciativa ben interesante. Presentada a ferramenta, irase desenvolvendo e tocará empezar a sacarlle proveito; coido que a súa maior ou menor penetración a nivel institucional, dependerá da habilidade para ofrecela e "facela chegar" á comunidade educativa; do uso que se empece a facer dela; e da flexibilidade que lles ofreza aos profesores, tanto para poñer a disposición dos demais os seus propios materiais como para adaptar os existentes no repositorio ás súas prácticas docentes.

Neste tipo de ferramentas, moitas veces non abonda con adecuarse aos estándares habituais que nos permiten unha boa xestión dos recursos para situacións de ensinanza; é necesario ademais facer unha boa catalogación baseada na experiencia docente; e por suposto ter en conta que os obxectos deben ser elementos a adaptar para cada situación particular por parte dos profesores.

A miña enhoraboa ás persoas implicadas no desenvolvemento desta ferramenta, que si ben como nos indica Adriana está nos seus comezos, pode resultar de gran interese e proveito para todos.

3 comentarios

xacaes -

"Reolas" batea ;). Non sabes canta ilusión me fai a túa visita por sekeirox e a túa xenerosa valoración do mesmo. Encatado de que che gustase.
O reencontro de ontes no chat, foi estupendo. Agardo que agora non esteamos tanto tempo sen "vernos"; sabes que tes as portas abertas a este espazo no que paso unha parte do meu tempo.
Unha aperta batea.

batea -

Reola, caes, como diríamos no Chat de A Voz de Galicia. Noraboa polo teu blog, tan ben feito, tan xeitoso, tan profesional... O artigo da Peneira é fantástico.

Foi unha gran e moi agradable sorpresa verte de novo despois de tanto tempo.

Recibe unha vez máis a miña noraboa por este fantástico e interesantísimo blog.

Saudiños desde as antípodas.

xiruela -

Habrá que seguir de cerca los avances de la USC ;)