A utilidade dun blog académico...
Da man do meu recolledor, dou cun artigo que me pareceu máis que interesante e que pasa a formar parte das miñas referencias no CiteUlike . Trátase do artigo de Tíscar Lara: La utilidad de un blog académico . Tíscar, neste caso aborada o, ás veces acalorado debate, sobre "a banalización dos temas científicos (ou da súa abordaxe), que a comunidade científica lle achaca a miudo aos medios de comunicación" e á idoneidade do achegamento do traballo dos científicos a posicións máis populares, de modo que lle axude a dotalo de sentido pra a maioría das persoas.
Sen entrar no debate de cheo, sinala unha serie de motivacións que aporta un blog académico para os "académicos" asi como algunhas resistencias de cara á adopción deste formato para o mesmo colectivo.
Sinala ademais unha serie de similitudes e diferenzas entre a Academia e os blogs, relacionadas cos sistemas de acreditación; protocolo de citado; o obxecto da publicación; os tempos de publicación; o estilo; o público ou audiencia a quen van dirixidos.
Indica tamén unha serie de "regras de xogo" para a publicación nos blogs; e inclúe unhas "Recomendacións para os académicos recén chegados". Esta úlitma parte, pasou a formar parte dos consellos para a escritura nun blog, recollidos no blog para o Obradoiro TiC .
Actualización:
Antes de publicar esta anotación (estivo unha noite en "estado de borrador" ), vexo a actualización que fai Tíscar sobre o tema, no que incorpora novos elementos e ligazóns interesantes que complementan o seu post anterior sobre os blogs académicos, como por exemplo: o artigo de A. Fumero; o artigo de J.A. García Landa ou o artigo: Impacto de cita y blogs académicos, de ComuniSfera, a propósito do post de Microsiervos ¿Son los blogs académicos una nueva forma de comunicación científica?
0 comentarios