Blogia
Sekeirox

A escola na rede (CFR de Ferrol)

O ano pasado contaba sobre a miña asistencia á charla impartida por Jordi Adell en ferrolterra. Gardo moi bo recordo daquela visita ao IES Sofía Casanova .

O que non pasara polo meu maxín naquel intre era que un ano despois ía volver a visitar o mesmo salón de actos, neste caso compartindo o papel de relator coa amiga Lucía Blanco.

Agradézolle aos responsables do CFR de Ferrol que nos convidasen e que nos tratasen o ben que nos trataron. Cando un está a gusto, o traballo sae moito mellor.

A nota de prensa enviada polo CFR informando sobre este evento o pasado día 10 dicía asi:

"O Centro de Formación e Recursos de Ferrol convocou unhas xornadas formativas dirixidas ao profesorado co obxecto de adentrarse nas posibilidades e futuro da internet no eido educativo. con estas xornadas procurarase reflexionar acerca das posibilidades da rede no desenvolvemento da competencia dixital e tratamento da información.

 

A través das catro conferencias coas que contará a actividade irán xurdindo debates en torno a diferentes aspectos relacionados coa realidade educativa e a integración das TIC.: neste sentido abordaranse aspectos como a competencia dixital e tratamento da información, a Internet como espazo educativo e amosaranse algún proxectos pilotos e experiencias salientabeis na integración das TIC nos centros educativos.

As xornadas terán unha duración de de 10 horas e serán certificadas polo CFR de Ferrol. Para matricularse o profesorado pode facelo dende a páxina web da Consellería de educación http://www.edu.xunta.es/fprof "

 

Nunha próxima anotación contarei sobre a charla que tivemos o pracer de manter Lucía e máis eu cos asistentes este xoves 17 de xaneiro "Tecendo a rede con ferramentas 2.0"

O vindeiro 21 tócalle o turno a Antonio R. de las Heras da Universidade Carlos III "Un modelo de integración das TIC en educación"

O 24 de xaneiro, volveremos a ter por ferrolterra a Jordi Adell que falará sobre "Competencia dixital na era da web 2.0

E para finalizar esta xeira de charlas e conferencias teremos a Fernando G. Paez e José Manuel Bouzán Matanza, que nos falarán sobre "O papel dos coordinadores TIC"

5 comentarios

Jordan Trunner -

What a fun pattern! It's great to hear from you and see what you've sent up to. All of the projects look great! You make it so simple to this.Thanks!

futanita -

O placer foi noso :) De eso non cabe dúbida¡¡¡

Carlos -

Por suposto que che envío toda a información. O programa das charlas é o que está na anotación. O que foi o desenvolvemento da nosa charla, envíocho, mais espero poder facer a anotación correspondente neste sekeirox.
Xoanca: encantados de poder colaborar.

xoanca -

Grazas a vós pola vosa disposición, pola vosa colaboración e polo voso traballo. Para nós foi un pracer contarmos contigo e con Lucía, esperamos poder facermos máis cousas xuntos.

dorfun -

...non che perdono que non me avisaras!!! ...tes o programa, podes enviarmo por email?