Blogia

Sekeirox

A asiática chegou á miña casa

A  asiática chegou á miña casa

Ninguén a convidou a pasar as últimas dúas semanas na miña casa, máis o pasado xoves 13, instalouse no cuarto do lado. O caso é que debémola tratar tan ben, que non quixo marchar.
O asunto é que me debeu pillar ben, xa que dende o luns estou coa asiática na cama.
O luns empeceime a sentir mal, o martes pior, o mércores para o arrasstre, o xoves, .... mellor esquecer o xoves; e hoxe, por fin empezo a recuperarme.
O malo do caso é que se nega a deixar a miña casa, e segue a traballar noutros corpos para cumprir ca súa misión: sobrevivir.
A verdade é que a vida dos virus é fastidiada, e a dos virus da ghripe, non é unha excepción; son unha perdición para o corpo que ocupan, podéndolles causar a morte, pero ó mesmo tempo eses mesmos corpos son a súa salvación.
Son seres incompletos que precisan dos demais para se reproducir, xa podían ser máis agradecidos cos seus caseiros,...
Pero en fin, o pior xa está a pasar, para a próxima vez haberá que acudir ó centro de saúde a se vacinar, porque sabedes que por unha vez acertaron coa cepa que nos está a amolar. ¡¡Benaventurados os vacinados este ano!!!

Por unha nova alfabetización

Entrevista a José Luis Orihuela

José Luis Orihuela é profesor universitario, conferenciante e consultor de eComunicación. Ten unha extensa traxectoria no uso de weblogs e é un referente na utilización de novas tecnoloxías na educación.


Entrevista a José Luis Orihuela

Salvemos ó animal

Esta historia, foi escrita cando aínda non se sabía que pasaría o que pasou. É unha histria que pasou polo meu maxín hai xa tres anos bos. Aí vos vai
¡Salvemo-lo animal!

É verdade que o tempo pon a cadaquén no seu sitio... Este pensamento asáltame case que tódolos días cando ergo a mirada dos meus libros, para botar unha ollada pola fiestra deste edificio cheo de cultura encriptada.
O que outrhora ía sempre cunha camisa nova mirando cara ó sol, e que saíra da bisbarra ferrolana para instaurar un sistema terrorífico e espallar a inxusticia pola hispania de mediados do século que estamos a rematar; segue ahi, a pesar dos pesares; continúa erguido no seu cabalo no mesmo sitio de sempre, na mesma postura; ainda que algo está a cambiar... pouco a pouco a ferruxe estalle a chegar ós c...ostados.
O seu busto, infinitamente venerado por algúns e odiado por outros, é agora o lugar preferido polas almas de tantísimos españois reencarnados en gueivotas, que veñen ex profeso, para depositar ali, día tras día, os seus excrementos.
¿E que dicir da montura? Ó pobre equino non lle queda outro remedio que aguantar e aguantar o peso de tan insigne opresor, ainda que non queira.
A cola do animal fica ergueita, tal como se quixese colaborar na tarefa das gueivotas, e manchar, ainda máis, ese chan polo que está a pasar sen pasar; ese camiño que os leva a algures onde nunca acaban de chegar.
¿E pregúntome..., non será tempo de librar de tanto sufrimento ó animal? ¿Non será momento de axudar a ese cabalo a atravesar dunha vez por todas a Plaza de España?