Blogia
Sekeirox

Eduticadas

Teorías da aprendizaxe e TICs para a docencia

Na eLearnopedia recollen: ademais dun sitio no que se recollen as diversas teorías da aprendizaxe, un sitio da University of British Columbia: eLearningtools que recolle e comenta diversas ferramentas baseadas en TIC que se poden utilizar nas clases (algunhas delas parecen moi interesantes).

Xestión do coñecemento

Vía elearnspace, atopo un post sobre 8 formas de xestión do coñecemento. Interesante o PDF. Saltando desta rama para outra, dou coa ferramenta web da semana segundo TAFE frontiers. Models and Methods, trátase dunha ferramenta de axuda ou guía para os profesores, para desenvolver webs educativas utilizando modelos e métodos de ensinanza flexible. Pareceume realmente interesante

Usar weblogs en educación

EduBlog Insights, ofértanos un interesante post sobre distintas formas de usar weblogs en educación"

Sitios web educativos destacados

vía Eduresources weblog, dou con esta ligazón das mellores webs educativas en USA, segundo o Center for Digital Education. Algúns dos sitios destacados son:
eLearnopedia, University of Wisconsin System
Indianapolis Regional Center Plan 2020, Ball State University, Indianapolis,
Work Ready Electronics, Maricopa Advanced Technology Education Center, Arizona
MySite eServices, South Orange County Community College District, California
Ask a Biologist, Arizona State University
Electronic Student Career portfolios-CUNNY, NYC College of Technology, N.Y.
Instructional Center Plano ISD, Plano Independent School District, Texas
MIT Open Course Ware, Massachusetts Institute of Technology, Cambridge
Utopia-University of Texas at Austin

Informática máis libre

Informática máis libre No artigo do pedagogo Antonio Feria, publicado no número 338 da revista Cuadernos de Pedagogía , cóntase a experiencia de integración de TIC nas aulas do IES Calamonte, na Comunidade Autónoma de Extremadura. Conta como ca axuda dun reducido grupo de profesores que actúan como dinamizadores, o resto da comunidade vai entrando nunha dinámica de traballo en rede cas tecnoloxías. Esta iniciativa, ten detrás unha proposta "filosófica", social, cultural respaldada pola administración autonómica extremeña: utilizan software libre. O seu lema: Se legal..., copia GNU/LinEx. Pero sobre todo, parten do principio de que contar ca tecnoloxía é importante, pero só con ela non se aprende. O labor de mediación do profesor segue a ser chave no proceso de ensino.

O concepto de mediación na tecnoloxía apropiada e crítica

En educ.ar publican un artigo moi interesante de Beatriz Fainholc, sobre o papel mediador da tecnoloxía nos procesos de ensinanza - aprendizaxe dende unha perspectiva socio-cultural.

lectura e escritura con weblogs

Vía dorfun dou con este artigo para revisar, parece interesantelectura e escritura con weblogs

Selección do EVA na Dublin City University

Vía EdTechPost atopo un interesante documento sobre o proceso de selección do EVA na Dublin City University no seu proceso de migración de plataforma. Interesante tamén o comentario que fan ao post de edtech.

Educación: información, coñecemento e comunicación

Vía Fabián, accedo á entrevista a Elena García, publicada en educar, do que destaco dúas reflexións que me parecen moi interesantes, nas que se pon a énfase na producción como base da xestión da información e o coñecemento.
[...] O alumno debe entrar en internet e baixar información, e hai que pedirlle que compare, que analice, que saque as súas conclusións, e non esquecerse de que tamén en internet se pode publicar, entón hai que incentivar a producción para amosar e compartir cos que non están na aula.
[...] creo que o camiño é propoñer situacións que provoquen moito a producción, que a xente se recoñeza a sí mesma reelaborando os contidos, adaptándoos á súa idiosincrasia, á súa concepción da vira, e lles dea un valor engadido fundamental: a súa propia percepción.

Calidade educativa; avaliación online, e outros temas de interese no Nº 24 de pixel bit

O número 24 da revista PixelBit inclúe artigos sobre a calidade da formación on-line e sobre o proceso de avaliación a través da rede. Complétase cos seguintes artigos:

- LA ZONA DE DESARROLLO PRÓXIMO, CATEGORÍA PEDAGÓGICA PARA EL ANÁLISIS DE LA INTERACCIÓN EN CONTEXTOS DE VIRTUALIDAD. Cristóbal Suárez Guerrero. Instituto Universitario de Ciencias de la Educación. Universidad de Salamanca
- ¿CALIDAD EDUCATIVA ON-LINE?: ANÁLISIS DE LA CALIDAD DE LA EDUCACIÓN UNIVERSITARIA BASADA EN INTERNET. José Miguel Correa Gorospe. Escuela de Magisterio de San Sebastián. Universidad del País Vasco.
- ¿ES NECESARIA LA FORMACIÓN TÉCNICA Y DIDÁCTICA SOBRE TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN Y LA COMUNICACIÓN? ARGUMENTOS DEL PROFESORADO DE LA UNIVERSIDAD DE VIGO. Manuela Raposo Rivas , Universidad de Vigo (España-UE)
- EVOLUCIÓN Y UTILIZACIÓN DE INTERNET EN LA EDUCACIÓN Profesora Montserrat Tesouro Cid .Universidad de Girona. Profesor Juan Puiggalí Allepuz .Universidad de Girona Departamento de Electrónica, Informática y Automática.
- EXPERIMENTACION Y EVALUACION DE ELEMENTOS MUSEISTICOS COMO RECURSO PARA LA EDUCACION AMBIENTAL. Dr. Manuel Cebrián de la Serna.Facultad de Ciencias de la Educación.Universidad de Málaga. Dr. Juan Jesús Martín Jaime Museo Acuario Aula del Mar de Málaga
- EVALUAR A TRAVÉS DE INTERNET. Mª. Teresa Fontán Montesinos. Facultad de Formación del Profesorado. Universidad de Las Palmas de Gran Canaria
- USO Y EVALUACIÓN DE LA PLATAFORMA DE ENSEÑANZA-APRENDIZAJE VIRTUAL "BLACKBOARD" María del Pilar Vidal Puga Departamento de Didáctica y Organización Escolar. Facultad de Ciencias de la Educación. Universidad de Santiago de Compostela (USC).
- SICOLE: Diagnóstico y tratamiento computarizado de la Dislexia en español. González C.S., Estevez J., Muñoz V., Moreno L., Alayon, S. Escuela Técnica Superior de Informática. Universidad de La Laguna
- LOS MEDIOS DE ENSEÑANZA: CLASIFICACIÓN, SELECCIÓN Y APLICACIÓN Juan Luis Bravo Ramos. Profesor Titular de Universidad. ICE Universidad Politécnica de Madrid ETSI

Modelos virtuais das universidades europeas

Modelos virtuais das universidades europeas En elearningeuropa.info, destacan un estudio recente que analiza o uso actual e potencial das TIC nas universidades europeas. As súas conclusións trazan unha panorámica moi completa dos logros e limitacións das institucións de ensinanza superior. Ofrecen tamén un resumo adaptado deste estudio.

O impacto das TIC na educación

A través de elearningeuropa.info, chego ó documento:
"The Impact of ICT on Education: the three opposed paradigms, the lacking discourse"
, escrito por Roni Aviram and Deborah Talmi do Center for Futurism in Education. Ben Gurion University of the Negev, Israel. No artigo, os autores analizan distintos puntos de vista no proceso de integración das tecnoloxías no proceso educativo. Identifican tres enfoques diverxentes na maioría dos seus principios (o enfoque tecnocrático; o reformista e o holista), que conviven ignorándose uns os outros, o que non permite chegar a unha discusión do problema, máis enriquecedora e significativa, que poida derivar na adopción de mellores políticas no eido da integración das tecnoloxías na educación.

Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia

No mes de xaneiro botou a andar APEGA, unha asociación profesional de e para pedagogos.
Esta asociación deu os seus primeiros pasos coa creación do portal educativo da Pedagoxía, que pretende ser un espacio de encontro, diálogo, creación e participación de todos. A través do portal de APEGA, pódese acceder a servicios, novas, debates, ofertas,... relacionadas co mundo da pedagoxía.

Algúns mitos do e-learning

Kimberly M. Woodward , en LTI magazine, publica un artigo sobre algúns dos mitos que rodean ás prácticas de e-learning.

Monográfico: blended learning

Xa está na grileira o Nº 23 da revista PIXEL-BIT. REVISTA DE MEDIOS Y EDUCACIÓN.
Trátase dun monográfico sobre, o denominado por algúns: "blended learning".
Trae artigos como:

BLENDED LEARNING. CONCEPTOS BÁSICOS.Antonio Bartolomé Pina (Universidad de Barcelona, España).
EL BLENDED LEARNING COMO PRÁCTICA TRANSFORMADORA.Martín Aiello y Cilia Willem (Universidad de Barcelona, España).
LAS HERRAMIENTAS DE COMUNICACIÓN EN EL "APRENDIZAJE MEZCLADO".Julio Cabero, María del Carmen Llorente y Pedro Román (Universidad de Sevilla, España).
EL CHAT Y OTROS PROCEDIMIENTOS DE EVALUACIÓN A DISTANCIA APLICABLES EN SISTEMAS MIXTOS.Ivory Mogollón (Universidad Central de Venezuela, Venezuela).
HERRAMIENTA ASINCRÓNICA PARA UNA ENSEÑANZA PRESENCIAL: EL FORO EN UNAS PRÁCTICAS DE LABORATORIO.Manuel Cebrián de la Serna (Universidad de Málaga, España)
MULTIAMBIENTES DE APRENDIZAJE EN ENTORNOS SEMIPRESENCIALES.Marcelo Brito Carneiro Leão (Universidade Federal Rural de Pernambuco, Brasil)
CAMPUS EXTENS COMO SISTEMA UNIVERSITARIO SEMIPRESENCIAL.CAMPUS EXTENS AS UNIVERSITY SYSTEM SEMIPRESENCIAL.Bárbara De Benito, Adolfina Pérez i Garcias, Jesús Salinas (Universitat de les Illes Balears, España)
COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL, UNA EXPERIENCIA BASADA EN EL BLENDED LEARNING EN LA UNIVERSIDAD.Mariona Grané Oró (Universidad de Barcelona, España)

Tecnoloxía e Aprendizaxe

En librosvivos.net , pódese descargar en formato .PDF e de balde o informe Tecnología y aprendizaje / Investigación sobre el impacto del ordenador en el aula, elaborado por Marchesi, A.; Martín, E. Casas, E.Ibáñez, A.; Monguillot, I.; Rivière, V.; Romero, F. Ten boa pinta, e sobre todo ten boa pinta a iniciativa de librosvivos de poñer materiais descargables.

Repositorios: Sembrar para Recoller

Gisemens en elearnspace afirma que A paradoxa dos repositorios é que a maioría da xente quere usalos, pero non quere contribuir

Novo número de edutec

Novo número de edutec Cando un está moi liado e esgotado, ten que ir "facendo a goma", como din os ciclistas. Neste caso vía dorfun entérome de que xa está na grileira o número 17 da revista edutec, nesta ocasión recollen unha serie de interesantes artigos de investigación e opinión (sobre webquests; o papel do titor nos EVAs; a aprendizaxe colaborativa e os foros; aprendizaxe en rede; lectoescritura;... )

Series context / weblog context

Este weblog, ofrece un feixe de ligazóns interesantes e referencias bibliográficas sobre a blogosfera.

Máis alá dos obxectos de aprendizaxe

Dandolle unha volta máis ós learning objects, Stephen Downes da Australian Flexible Learning Community, no seu artigo Beyond Learning Objects, apoia a idea de que ó subministrar
contidos de aprendizaxe na rede, debemos ollar máis alá dos obxectos de aprendizaxe, tal e como se intentan conceptualizar de forma estricta. En primeiro lugar porque calquera recurso dixital pode servir para apoiar a aprendizaxe, e en segundo lugar porque moitos recursos non dixitais tamén poden considerarse recursos de aprendizaxe. Recursos que ademáis se poden integrar en contornos virtuais de ensinanza, utilizando os metadatos axeitados.