Blogia
Sekeirox

Eduticadas

incorporated subversion: the book

James Cheers en Incorporated Subversion, convídanos a planificar a acción educativa e refexionar sobre ela. Neste caso de cara ó uso de blogs. No noso contorno faltan este tipo de iniciativas. Haberá que innicialas.

Novos medios, novos contornos de aprendizaxe

Nun artigo publicado en elearningeuropa.info , por D. Buckinham: Nuevos medios, nuevos lugares de aprendizaje , o autor pregúntase se nos estamos a enfrontar cunha crise da cidadanía, facéndose eco das opinións de algúns autores, e dun sector da poboación que arremete contra o "pasotismo" da xuventude e da infancia, en xeral.
Dí o autor, que máis que unha crise da cidadanía, o que estamos apresenciar é un proceso no que as formas de cidadanía tradicionais (modernas) están a dar paso a novas formas (posmodernas). Estas novas formas non dependen tanto da situación xeográfica como das novas formas de comunidade que permiten os medios electrónicos. Os xóvenes participan activamente na sociedade e na política, aínda que non do xeito como o poderían desexar os adultos. Fano mediante campañas moi específicas e movementos artesanais.
A educación debe estar moi atenta a estas formas de expresión particulares dos rapaces; concretamente, a educación relativa ós medios de comunicación debería desempeñar un importante papel, tal e como se recolle na Declaración de Sevilla da UNESCO (2002) "a educación relativa ós medios de comunicación é un instrumento para fomentar a participación democrática".
É necesario establecer un nexo entre o que se vive nas rúas e o que se vive na escola.
Debemos comenzar por sintonizar cos usos que dan os nenos ós medios, máis dende a súa axenda de actividades que dende a nosa, atendendo máis ó que eles consideran pertinente que ó que nós pensamos que deberan facer. En segundo lugar debemos recoñecer que a participación é algo máis que o consumo crítico: implica tamén a PRODUCCIÓN. A educación sobre os medios ten que abarcar tanto unha análise crítica (reflexión) como unha producción práctica e creativa; trátase de poñer ó alcance dos rapaces os medios de producción culturais e de animalos a utilizalos dun modo reflexivo e crítico, tendo en conta que os medios que utilizan os rapaces trátanos cada vez máis como individuos autónomos e activos. Os medios requiren unha interacción, non respectan necesariamente a autoridade, son lúdicos e irónicos e ofrecen múltiples voces disonantes.
Ou sexa que os rapaces participan activamente na construcción da sociedade, só que usando as súas normas e as súas ferramentas, e a escola non pode obviar esta realidade, senón que debe partir dela.

Nace Expocampus

Nace Expocampus Expocampus é unha iniciativa creada e promovida pola Axencia Española para o Desenvolvemento e Investigación da Sociedade da Información (AEDISI).

Baixo a denominación de Expocampus® agrupanse unha serie de espacios, creados todos eles para colaborar cas universidades de fala hispana no proceso de incorporación da educación virtual.

A estructura principal de Expocampus vertebrase nunha comunidade virtual de expertos en e-learning e persoas interesadas nesta modalidade educativa e unha conferencia anual aberta organizada en torno a mesas redondas con expertos que concurren por invitación expresa.

Desenvolvemento das telecomunicacións

Desenvolvemento das telecomunicacións A Unión Internacional de Telecomunicacións UIT, presentou un informe na última Cumbre Mundial para a Sociedade da Información, en Xenebra, Suiza (10-12 decembro de 2003).
Este informe de 180 páxinas, pretende identificar os indicadores pertinentes para avaliar o acceso das poblacións mundiais ás TIC.
O primeiro capítulo trata de situar á sociedade da información no seu contexto.
No segundo capítulo analízanse os indicadores destinados a avaliar o acceso ás TIC.
No terceiro capítulo, examínase a avaliación do acceso ás TIC nos sectores chave dos gobernos, as empresas e as escolas.
No cuarto capítulo examínase a relación entre os indicadores TIC e os obxectivos de desenvolvemento para o milenio, que suscitaron un gran interese como pauta para fixar e avaliar os obxectivos de desenvolvemento mundial.
No quinto capítulo estúdiase a necesidade de crear un índice TIC pertinente e completo co fin de avaliar os progresos logrados polos distintos países.
Por último, no sexto capítulo faise unha proposta de recomendacións encamiñadas a mellorar a dispoñibilidade de indicadores de acceso á sociedade da información.

Extractado do resumo do informe que se atopa en formato PDF no sitio web da UIT .

e-learning e software social

Dende OCTETO , portal informativo do CENT (Centre d'Educació i Noves Tecnologies) da Universidade Jaume I de Castellón, comentan o artigo de Eva Kaplan-Leiserson en Learning Circuits: «We-Learning and E-Learning». «O primeriro e-learning cambiou interacción humana por tecnoloxía. Agora, o elemento persoal estase engadindo outra vez. Novas ferramentas de software social tomadas dos negocios e das xeneracións xóvenes combinan a tecnoloxía e o toque humano para reunir o mellor de todos os mundos posibles (incluíndo os virtuais).»

As ferramentas sociais destacadas e analizadas pola autora pola súa relevancia para a educación, son as seguintes:

- A mensaxería instantánea.
- Os espacios de traballo colaborativos.
- Os weblogs.
- O software de xestión de expertos.

Kaplan abonda na opinión de que estas ferramentas abren novas posibilidades nos contornos virtuais de ensinanza/aprendizaxe e incluso apunta que, no futuro, poderían chegar a reemplazar totalmente o courseware actual (as aplicacións de creación e gestión de cursos, centradas nos materiais).

Programa eLearning 04-06 da UE

Nunha una entrevista publicada no portal elearnineuropa.info , Maruja Gutiérrez (directora da Unidade Multimedia da Dirección Xeneral de Educación e Cultura da Comisión Europea, unha das responsables directas da elaboración e desenvolvemento do Programa eLearning 2004-2006) afirma que a Comisión Europea vai dedicar casi a metade do presuposto ó apartado de irmanamento de escolas: uns 7 millóns de euros anuais.

Irmanamento de escolas

Trátase de utilizar as TIC para establecer relacións de cooperación entre centros escolares situados en países distintos. O obxectivo, según Gutiérrez, é que ningún neno saia da escola sen ter participado nalgún proxecto europeo deste tipo. Pero de momento vanse propiciar que polo menos 30.000 escolas europeas se irmanen mediante Internet antes do 2007.

Na primaveira de 2004 lanzarase una campaña de información e agárdase que no verán todos os centros escolares teñan coñecemento desta iniciativa e que os primeiros irmanamentos empecen en setembro de 2004. Están a estudiar tamén, a posibilidade de crear unha rede de profesores pioneiros, particularmente dinámicos e experimentados nestes temas, para que podan axudar e animar ó resto.

Campus virtuais universitarios

A comisión dedicará o 30% dos recursos ó segundo gran tema do Programa eLearning que é o desenvolvemento de campus universitarios virtuais. O obxectivo é impulsar a movilidade virtual mediante as NTIC.

Alfabetización dixital

O último gran eixo do Programa eLearning é a alfabetización dixital. O concepto de alfabetización dixital nace no cumio europeo de Lisboa no ano 2000, cando se constata a carencia de persoal cualificado para ocupar postos de traballo relacionados coas NTIC.

01/12/2003. Extraído de elearningeuropa.info

Internet e educación

REY VALZACCHI, J(2003): Internet y educación. Aprendiendo y enseñando en los espacios virtuales. AICD

Este libro editado pola Axencia Interamericana para a Cooperación e o Desenvolvemento AICD, é un bo recurso para aqueles profesores que desexen introducirse no uso de internet e as NTIC no ámbito educativo.
Pódese descargar en formato PDF no weblog de educ.ar

El ordenador al servicio del texto oral

MUÑIZ, M.(2003): "El ordenador al servicio del texto oral" en Cuadernos de Pedagogía; 330; pp.95-97

O artigo desenvolve unha proposta para integrar as TIC na planificación e producción dunha exposición oral. Un procesador de textos axuda a discriminar ideas principais e secundarias para elaborar un guión. Logo este, trasládase a un programa de presentacións, dende o que se traballa a estructura dos paragrafos e a súa adecuación á audiencia.

Uso das TIC na aula: Condicións
"Entendemos a integración das TIC na secuencia didáctica como un instrumento ó servicio da ensinanza e a aprendizaxe, unha ferramenta para aprender e ensinar, que debe facilitar neste proceso a tarefa do profesorado e do alumnado". P.95
"O uso das TIC na aula, non debe supoñer dificultades, é dicir non debe requirir por parte de uns e outros grandes coñecementos nin moito tempo para a súa aprendizaxe, pois en tal caso, non terá sentido o seu emprego". P.95
"Outra condición para a utilización das TIC ,a aula, é que o equipamento informático estea ó alcance de calquera centro educativo e non debe ser custoso, pois ningún centro educativo pode permitirse a actualización constante de hardware e software". P.95
"O uso das TIC na producción de textos proporciona melloras significativas no proceso de planificación e preparación dunha exposición oral e facilita levar a cabo ensaios da exposición que permitirán a corrección entre iguais, o traballo cooperativo e a autorregulación da aprendizaxe". P.95-97

Os libros de texto nos tempos da Reforma

No artigo de Felipe Zayas e Carmen Rodríguez Gonzalo, publicado no número 330 da revista Cuadernos de Pedagogía , faise unha crítica á utilización irracional do libro de texto na escola. Aparecen afirmacións interesantes como:
"... parece como se a concepción tradicional da ensinanza como transmisión de coñecementos pesara tanto que fora imposible desembarazarse dela". P.27

Ou que as actividades dos libros de texto de lingua (primaria e secundaria) non esixen relacionar, nin xerarquizar, nin tomar decisións. Son actividades pechadas, de comprobación, fáciles de realizar so se comprendeu a explicación previa... Estas actividades teñen boa acollida, por parte do profesorado quizais porque non dan problemas, non esixen levar o control do que está a facer o grupo: Non requiren gran esforzo nin de preparación nin de organización na aula, [...] e non se perde o fí conductor dunha clase a outra, sencillamente porque non hai fío[...]P.30

Para finalizar o artigo, os autores fanse unha pregunta á que responden de forma directa e incisiva:
¿Perdeuse a oportunidade de que os libros de texto contribúan á innovación educativa nas aulas, en relación coa aprendizaxe lingüística? Polo menos nas propostas maioritarias, parece que si, quizais porque innovar non é un dos seus obxectivos.

Punto DIT da U. de Alicante

Punto DIT da U. de Alicante A Universidade de Alicante puxo en funcionamento o Secretariado de Innovación Educativa (Director: Alfredo Ramón Morte), e o Punto DIT (Docencia e Innovación tecnológica), onde o profesorado poderá acudir tanto para ofrecer suxerencias e iniciativas, como para recibir asesoramento para introducir as Novas Tecnoloxías na docencia.
Punto DIT (Docencia e Innovación Tecnológica)

Creo que está a traballar ben e paréceme acertado o planteamento de colaboración aberta con outras instancias da Universidade de Alicante para desenvolver as súas propias funcións.

Portal de e-formación e-scola

E-scola é un proxecto desenvolto pola Escola Galega de Formación, S.L.http://www.e-scola.org/

Sobre hipertexto

Un blog sobre hipertexto: Ted Nelson contra la web

Por unha nova alfabetización

Entrevista a José Luis Orihuela

José Luis Orihuela é profesor universitario, conferenciante e consultor de eComunicación. Ten unha extensa traxectoria no uso de weblogs e é un referente na utilización de novas tecnoloxías na educación.


Entrevista a José Luis Orihuela