Blogia
Sekeirox

Recursos

Recollendo sen recolledor :(

Nestes días de ausencia do sekeirox, fun recollendo, grazas ao meu recolledor (que por certo leva uns días sen funcionar e xa me está a causar máis dun contratempo) e a través do meu del.icio.us un montón de artigos, iniciativas e ferramentas que considero dunha gran utilidade.
Son destas ferramentas máis que interesantes, coas que tras un contacto moi breve, xa sintes que non te podes desprender delas (ata que non apareza outra mellor, por suposto). Para o meu bolsillo e a miña forma de ver a vida, estas ferramentas deberan (a poder ser) ser gratis, libres e abertas; que funcionen vía web; que favorezan un traballo colaborativo e favorezan dun xeito ou outro os procesos de ensinanza - aprendizaxe. O tema dos cartos..., porque non está o forno para demasiados bolos; o tema da liberdade e da súa apertura, porque considero que xestionando o noso egoísmo natural con doses adecuadas de altruismo, xenerosidade e visión cooperativa, saímos todos beneficiados (por suposto respecto a todos aqueles que, no exercicio da súa liberdade e posibilidades, utilizan ferramentas "propietario", de feito en ocasións as utilicei, utilizo e supoño que terei que utilizar).
Writely, Nvu, pdf online, Snippy... e tantísimas que non citarei porque case todas se poden recoller en: ñblog, utilidades y recursos para blogs, ou nas recopilacións que van facendo Mario de Avalúo, ou os compañeiros que participan en Aulablog, tanto neste blog, como no planeta educativo, como nos seus respectivos blogs personais.
Interesantes artigos como por exemplo o de Adriana Gewerc: El uso de weblogs en la docencia.
Interesantísimos blogs que xa me teñen enganchado, como varios que teño no meu del.icio.us baixo os epígrafes de secundaria e/ou orientación, desenvoltos por profesores de primaria, secundaria e dende os departamentos de orientación dos centros, (algúns de centros galegos, magníficos); ou por destacar outros dos que xa son un incondicional, o traballo de Felipe Zallas en El Villena; o novo traballo de Bea Marín; a interesante proposta de traballo para este ano de Juan Freire; ou.... outros moitos que irei citando pouco a pouco.

A edición web ao alcance de máis mans: NVU 1.0

Da man de Mario Núñez, de Avalúo y Tecnologías del Aprendizaje, dou con esta interesante ferramenta de edición web: NVU 1.0. Como el di, pode ser unha boa alternativa para ofrecer ás persoas que se inician neste mundillo e que necesitan dar os primeiros pasos na edición web.
Trátase dun editor baseado no Mozilla Composer; de código aberto; de fácil manexo (WYSIWYG); multiplataforma; e traducido ao castelán.

De vacacións (I): Facerse un sitio na blogosfera

Hoxe, "ergues" preguntoume se estaba ou non estaba de vacacións?..., porque estaba como case tódolos días enganchado no trebello, e eu díxenlle que si, pero que lle estaba a dar un uso non demasiado habitual naquel intre; estaba a revisar a prensa, vía o meu recolledor de novas pero durante o almorzo (tranquilamente, disfrutando del) mmmm; e ademais estaba lendo uns cantos posts dos que quería dar conta posteriormente. Pregunteille (xa sabía a resposta) se el non disfrutaba lendo o que lle gusta, durante as súas vacacións, e non tivo máis remedio que rendirse, xa que leva devorados uns cantos libros (dos gordiños)..., pois ben, eu díxenlle que en vez de ler libros de aventuras, neste momento disfruto coa lectura deste tipo de artigos; e sobre todo, disfruto posteando e escribindo un pouquiño sobre eles.
Ou sexa que os meu hábitos están a mudar un pouco, aínda que me propuxen estar uns días sen encender o trebello, de momento deixareino para a semana que ven, que espero estar desenchufado totalmente.
O caso é que estiven con un par de artigos que chegaron ao meu recolledor dende a súa orixe, e tamén dende outros blogs, como por exemplo de Avalúo y Tecnologías de Aprendizaje, ou "por boca" de James Farmer, por citar algúns, cos que comparto intereses.
Un deles é o How To Be Heard de Stephen Downes. Simplemente fantástico. Stephen, de forma clariña e aberta nos ofrece unha serie de consellos para sermos "escoitados" na rede, a través dos nosos blogs. Ofrece a súa ampla experiencia para amosarnos o camiño para acadar un blog que teña certo éxito. No meu CiteULike irei dando conta dos comentarios ao respecto deste estupendo artigo "apto" e altamente recomendable para bloggers de tódolos niveis.

avatares

http://www.gravatar.com/

http://borealca.blogspot.com/2005/05/gravatar.html

falar sobre o entrodio e avatares...

Medrando

Leo na páxina de Tucho Neto de La Voz de Galicia (15-05-2005) un artigo dedicado ao "blogomillo". Moi bo. O certo é que o blogomillo non para de medrar, e a blogosfera, por suposto tampouco. Tentar estar ao día con todo o que sae é difícil, pero de momento intentamos estar in.
O asunto é que o meu recolledor segue a medrar... necesito facer unha revisión das categorías en que teño organizados os sindicados.
Esta fin de semana, engadín a apreNTIC, o blog de Lourdes Barroso; unha profe de secundaria, que a pesar de que acaba de iniciar o seu blog, engadiu dous interesantes posts, un sobre a súa intención de construírse unha biblioteca de animacións: "descargar animaciones en flash" e outra(s) sobre unha xeira de actividades relacionadas co corpo humano.
Outro dos blogs sindicados é o Weblog de Fernando Fraga, que está a traballar no tema do Squeak, e que acaba de crear xunto ca Profesora Gewerc un blog para seguir as súas pesquisas: "La enseñanza en el siglo XXI".
Outro blog que ligo, é "Por las tierras de Banu Qasi"; interesantes links e interesantes posts, a pesar da súa recente incorporación á blogosfera.
E outro blog máis que engadín é o Vanity Fea xa que entre outras cousas recolle, ademáis de recursos para a educación superior, pois outras novas de interese sobre o mundo universitario que nestes tempos está en ebulición.

Blogs como cadernos de investigación

Lilia publica no seu Mathemagenic unha cadea de posts: Weblog as a research notebook (4): field notes are overrated; Weblog as a research notebook (3): my own experiences; Weblog as a research notebook (2): types of notes; Weblog as a research notebook (1): reading 'Life online' and del.icio.us as bookmarking history; relacionados todos eles co uso que fai dos blogs no ámbito da súa investigación.
Os seus logros, a súa forma de organizarse, os seus erros e reflexións, coido que poden ser ben interesantes.

80x15 Brilliant Button Maker

Vía Incorporated Subversion, James ofrécenos, outra pequena gran aplicación para facer iconos. Moi interesante tamén a súa fonte.

Seguir o díxome, díxome que lle dixeran...

Vía weblogg-ed, Will fálanos dunha aplicación que, aos que nos gusta o tema dos roteiros, do mapeado, da orientación (sobre todo no ámbito das pesquisas), nos pode servir de gran axuda. Trátase do Blogpulse's Conversation Tracker. Esta ferramenta permite saber se alguén está a comentar o que outra persoa comentou sobre o comentado a propósito dun post determinado...;)
Cando un blogger publica un post e outros bloggers o ligan, o post en cuestión pasa a formar parte dunha conversa. Os posts que ligan ao "orixe", tamén son ligados podendo seguir a rota de comentarios nunha especie de esquema de "sangrías". ¿Cantas veces nos temos atopado coa necesidade de balizar as conversas a fin de seguilas completamente? ¿cantas veces, nos atopamos na mesma situación que Lilia propón en Mathemagenic? Con este tipo de ferramentas, o camiño pode quedar máis claro...

Usos educativos dos blogs

Vía Alec Couros dou cun listado de 13 artigos sobre o uso educativo dos blogs, publicados por Lore: An eJournal for Teachers of Writing. Will R. en Weblogg-ed fai interesantes comentarios de cada artigo.

Máis sobre ePortafolios

George Siemens publica en eLearnspace este interesante artigo sobre os ePortafolios. Completo: definicións, como e cando utilizalos; beneficios do seu uso; compoñentes dun ePortafolio; como crealos (proceso de creación); consenso ou estandarización; tendencias; e unha ampla bibliografía.

Máis servizos de Weblogs

Paco Muñoz de la Peña de aulablog21fai referencia nesta anotación á dispoñibilidade de novos servizos de Weblogs (algún deles, como nx en galego). Interesantes tamén os comentarios de Fabián ao respecto.

Blogsario

Vía aulablog21 dou con este glosario (sobre blogs) ou como eles lle chaman: Weblogs Compendium.

Sepiensa

Da man de Horizonte, dou con sepiensa, un portal educativo que pon a disposición do público en xeral unha extensa serie de contidos educativos.
O seu principal obxectivo é servir de apoio ás persoas vencelladas á educación mexicana en particular e iberoamericana, en xeral.

Portal de TIC para docentes

Tralos acordos acadados con Intel e Microsoft, a Fundación Telefónica ven de abrir o seu portal de TIC para profesores, o Profesores Innovadores, que oferta formación, ferramentas, contidos e servizos de apoio para os docentes.