Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Edublogs. 13/03/2008En Camiño cara ao III Encontro de Edublogs
![]()
Recollo nesta anotación o anuncio redactado pola amiga Lourdes en Aulablog "O ano pasado, despedimos o Encontro de Ayerbe cunha bonita metáfora de Tíscar Lara, que nos identificába como peregrin@s en Internet, transitando por camiños inexplorados, cada quen polo seu, inevitablemente en soidade en moitos momentos, pero buscando e gozando dos lugares de encontro para repoñer forzas, trazar a ruta, cargar a mochila, intercambiar experiencias, vivencias e por que non, atopar compañía e amizade. 30/11/2007Os amigos de El Tinglado finalistas no Edublog Awards 2007Vaia Tinglado!! As cousas ben feitas, ás veces teñen unha boa recompensa. Vía Aulablog , dou coa nova de que El Tinglado é un dos sitios finalistas nos Edublog Awards2007 na categoría de “best education tech support blog”. Síntome moi contento de que os amigos do Tinglado opten ao triunfo final. Para conseguilo é necesario apoialos!!! E merecen que os apoiemos por moitas razóns, algunhas das cales as apuntaba Lourdes : porque se trata dunha experiencia colectiva dentro do mundo educativo, co esforzo que iso conleva; porque os seus artífices, comparten con todo o mundo sen agardar nada a cambio. Porque é un colectivo próximo, accesible, deses que che acollen cos brazos abertos cando te achegas. Porque o blog e as súas propostas son realmente as mellores: 10/11/2007Blogs e Educação: Uma entrevista![]() Na súa Boteco Escola , Jarbas ofrécenos desta vez unha entrevista que lle fixeron hai algún tempo, sobre a súa visión das bitácoras e os usos que se lles dá ás mesmas en distintos ámbitos, entre eles, e sobre todo no educativo. Non ten desperdicio, Jarbas consegue trasladar a súa visión da utilización dos blogs de forma clara, aporta exemplos moi interesantes de utilización das bitácoras no mundo do ensino e mantén a idea, que comparto totalmente, de ter presente que se trata de ferramentas favorecedoras de procesos de Comunicación con "C" maiúscula. A entrevista apórtanos as reflexión de Jarbas sobre a cuestión, a posta en valor da imaxinación para a utilización das diversas ferramentas e recursos que temos ao noso alcance para adecualas aos nosos propósitos. O ton da mesma, sempre correcto, deixa entrever un certo aire subversivo, como a propia natureza destas ferramentas. Gostei da súa lectura. Os blogs em educação não devem ser nem pedagógicos, nem didáticos
Grazas Jarbas, por compartir. 10/11/2007 12:38. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar. 11/06/2007Xornada Espiral 2007Esta fin de semana tiña unha cita pendente coa xornada Espiral 2007 . Lamentablemente non puiden asistir ao evento que estou seguro, dada a calidade das persoas que participaron, tanto como organizadores, colaboradores e asistentes; resultou máis que interesante. Todos os comentarios que se escoitan ao respecto confirman o que digo e a enerxía positiva que emana de comentarios como o de Juanmi , non fan máis que dar gañas para repetir experiencia e reforzar as ligazóns invisibles que nos unen en torno a intereses compartidos.
![]() ![]()
29/05/2007Segundo Encontro de Edublogs (Ayerbe2007)
As datas, nas que esperamos revivir e reforzar o espirito de cordialidae, camaradería e bon facer que vivimos en Roa, son o 4, 5 e 6 de xullo Este encontro, terá como tema central as competencias dixitais nos novos currículos do ensino obrigatorio.O mesmo que acontecera o ano pasado, haberá espazo para comunicacións, obradoiros, mesa redonda, charlas, e moi bo rollo. Tamén lanzarase un meme, que o terá difícil para superar a participación e as reflexións que suscitou o da primeira convocatoria. Ademais, na páxina do evento, está aberto e agardando polas túas aportacións e opinións, o foro sobre este e outros aspectos importantes relacionados coas tecnoloxías e o ensino. Se estás interesada ou interesado en presentar unha comunicación no encontro, ou coñeces a alguén que o estea, é necesario enviar un arquivo adxunto á direcciónn blogfesores@gmail.com indicando no asunto: Comunicación. Tamén nesta web podes atopar o formulario para realizar as Inscripcións Se ademais necesitas hospedaxe tes información, por exemplo aqui: Este é o Programa do Encontro sobre o que iremos falando e ampliando datos dende aqui .
29/05/2007 01:20. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar. 22/05/2007Web social educativa 2.0. Aplicación didáctica dos blogsA presentación elaborada dende educastur sobre blogs e o seu uso educativo pareceume fantástica. Parabéns polo traballo que están a desenvolver. 22/05/2007 18:28. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar. 15/05/2007Os gañadores do I Premio Espiral Edublogs 2007 son...:Despois de moito tempo sen prestarlle a atención que se merece este espazo, debido sobre todo a un reaxuste na concentración das enerxías, volvo a comentar sobre o "I Premio Espiral Edublogs" 2007. En primeiro lugar, teño que agradecer aos responsables de Espiral, por contar conmigo para a valoración dos blogs presentados. Foi un gran traballo de todo un equipo de avaliadores, que dedicamos parte do noso tempo a observar e dar a nosa opinión sobre diversos aspectos das candidaturas. Para min foi unha gran satisfacción, porque tiven a ocasión de afondar en blogs que xa coñecía e que tiña como referentes, para descubrir novas xoias da blogosfera educativa, e sobre todo para aprender, tanto dos meus compañeiros "avaliadores" como do moito e bon que se está a facer nas aulas utilizando as TIC e neste caso os blogs. O resultado do premio, que desglosarei a continuación, é fonte de gozo e satisfacción para os elixidos, mais debe selo tamén para todos os presentados, porque o compartir, expoñer e razonar as propostas educativas cos demais, as ideas, os recursos ten un valor para min moi superior ao de calquera premio. Para min, é moi interesante o resultado tamén, xa que nos debe axudar a reflexionar sobre as tendencias e os conceptos que manexamos neste mundo "blogosferil" , pero sobre todo o que máis me encheu de todo isto, foi o proceso; o proceso de construcción e a evolución de cada blog particular; e o proceso de presentación, argumentación e a valoración en si mesma. Tamén moi interesante, a presentación de candidaturas en galego, candidaturas, todas elas de gran calidade e algunhas delas resultaron premiadas nalgunha das categorías. Parabéns logo, para todos: os presentados, os galardonados, os promotores da idea e os que nos tocou a difícil tarea de valorar o traballo dos demais. Blogs premiados nas distintas categorías. Blogs de aula 1º Euskaljakintza Blogs de Centros1º BioGeo Blogs de Colectivos1º CHIODO SCHIACCIA CHIODO Mencións1º Zonatic-n Blogs de Profesoras e Profesores1º A pie de aula A entrega de premios realizarase na Jornada de Espiral que se celebrará os días 8 e 9 de xuño en Barcelona, Colegio Oficial de Doctores y Licenciados. Agardo poder asistir (agradezo dende aqui a invitación ao evento). 15/05/2007 12:41. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar. 01/03/2007I Premio Espiral de Edublogs![]() O outro día Juanmi Muñoz, presidente da Asociación Espiral, propúxome participar dalgún xeito no "I Premio Espiral Edublogs". Pola miña parte tentarei axudar na decisión de quen levará os premios que se conceden. Ao marxe dos premios en si, considero esta unha iniciativa mais que interesante para dar a coñecer as experiencias que se están a desenvolver en galego, catalán, euskera e castelán no campo dos blogs no ámbito educativo. Dende aqui, gustaríame facer un chamamento á participación de todos aqueles que teñades un blog de corte educativo (profesoresorado, alumnado, Centros, Centros de recursos, Institucions educativas,...). A continuación unha descricion da convocatoria do I Premio Espiral de Edublogs Bases
01/03/2007 23:14. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar. 02/05/2006Blogs para educarDa weblografía imprescindible , recomendada por Paco Muñoz en Aulablog , tiña pendente de lectura máis a fondo do artigo de Tíscar Lara : "Blogs para educar. Usos de los blogs en una pedagogía constructivista ", publicado pola revista Telos (Nº 65 Outubro - Decembro 2005). Os seus epígrafes:
02/05/2006 20:07. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar. 20/12/2005Aulablog en Educared19/12/2005Edublogs: Un MemeO certo é que levo unha boa temporada en silencio; a verdade é que resúltame imposible facer esto que tanto me gusta. (A miña navegación estes días poderíase calificar: de recreo. Agardo por ventos mellores para enfundarme o traxe de faena e saír a pescar e poder compartir a pesca coma sempre). Bueno non estou tan inactivo, só no que a redacción e produción no blog se refire (que non é pouco); o que non pensaba era que o meu seguinte post fose por seguir un meme Imos aló (eu si teño claro quen vai seguir o conto ;) Unha frase que defina o teu edublog. mmm... unha soa? Gústame compartir; subvertir; a educación, as tecnoloxías; devezo especialmente polos procesos de alfabetización (en tódolos niveis), gústame ensinar, pero sobre todo: aprender; gústame o meu querido contorno: Galiza e a Frouxeira Unha palabra que che distinga como blogfesor. Ben, como blogfesor e psicoloblog, opino que bloguear abre as portas para que corra o aire; facilita o mexemento das ideas e permite a súa concreción nun continuo que non cesa. O edublog que recomendarías. Puff!! vaia meme!! con perdón. Cando fago este tipo de recomendación non me podo quedar con un só. Vou dicir tres clásicos: Avalúo o blog de Mario (do outro lado do charco); O blog de Aníbal (por non dicir o de todos e cada un dos membros de aulablog ); e na blogosfera galega, e no ámbito universitario, o Blog de Juan Freire , pola calidade e cantidade dos seus posts A quen lle paso o encargo? pois a edubloguers de diversos ámbitos: Serafín Ou alguén de A Nosa Biblioteca
Hoxe decateime de que Lourdes xa lle encargara o meme a Xiruela , e polo tanto decidín pasarllo a Su ; pero cando a fun avisar, resulta que tamén tiña o seu meme realizado ;), co que a seguinte opción, foi ... Xosé Antón de Ensino en Galego; máis cando llo fun comunicar, xa llo pedira Serafín, a quen eu mesmo lle pasei este meme :( . Polo tanto pásollo a José Luis Cabello de Internet como recurso docente .
06/06/2005Aulablog, un proxecto colaborativo sobre o uso das TIC na aula![]() Aulablog.com: Un lugar de encontro para docentes interesados nos Blogs Un grupo de persoas, con experiencia no uso educativo das TIC ven de unir as súas forzas para crear un sitio Web destinado a todos aqueles docentes que desexan iniciarse na publicación de contidos na Rede a través dun blog ou bitácora. Aulablog.com é un portal temático sobre a aplicación da Tecnoloxía Dixital na aula que se centra especialmente no uso educativo dos weblogs e no que todos os docentes poden colaborar cas súas propias aportacións. En Aulablog.com pódense atopar ideas e recursos para iniciarse no mundo dos Blogs e sacarlles o máximo proveito como ferramenta educativa: información sobre os distintos sistemas de publicación; experiencias cos blogs na aula; ligazóns a servizos para a creación de blogs; tutoriais; trucos; complementos, etc. Este portal dispón ademais dun foro e un sistema de comentarios nos seus artículos, nos que os usuari@s teñen a posibilidade de opinar, debatir e preguntar. O proxecto Aulablog comezou a xestarse no Foro de aulablog21 en xaneiro de 2005 e dende entón os seus creadores veñen colaborando para demostrar a todo o mundo como coa ilusión e as gañas dun pequeno grupo de persoas e traballando na distancia se pode axudar na mellora da formación en TIC de profesores e alumnos. Estades todos convidados a rexistrarvos e a particiar no seu desenvolvemento e mantemento, aportando todos os contidos relacionados co tema que consideredes oportuno; e por suposto, estades convidados a participar nos foros abertos ou que desexedes propoñer. Benvidos a Aulablog. Carlos Santos Membro fundador de Aulablog.com 19/05/2005A Calidade no CPI AtiosHoxe vou postear sobre un centro do meu contorno: o CPI de Atios (Valdoviño). Por proximidade xeográfica (compartimos o mesmo mar da Frouxeira) e porque teño moitas esperanzas na mellora da calidade dese centro. Reviso a súa páxina web. Despois de ter que ver toda a introdución (porque non fun quen de saltala, xa que non dá tempo), e de trastear ca navegación, atopei recursos e ligazóns ben interesantes, dirixidos a todos os membros da comunidade. A sección que máis me gustou é o taboleiro que inclúe os "palabros", algunha "anécdota" e sobre todo a revista dixital na que se expoñen unha serie de traballos nos que se deixa ver a man dos alumnos. E revisando o directorio do blogomillo, din co bolg: A Calidade no CPI Atios elaborado e xestionado polos profesores Miguel Carlos de Castro e Graciela, que están a traballar o tema da calidade no centro na liña de poder obter a certificación de centro de CALIDADE según a norma ISO. Globoeduca Cóntame Daniel Primo que dende hai un tempo están embarcados nun novo blog de fondo educativo. Trátase de Globoeduca, que pretende completar a web do Colexio San Agustín de Valladolid, con recursos educativos para alumnos e profesores; e con información actualizada. Ademais pretenden que no futuro sexa a porta de acceso para usar, todavía máis, as novas tecnoloxías no contorno educativo do centro.Gustoume globoeduca; gustáronme os seus outros blogs; e alegroume ver ao sekeirox entre as súas ligazóns. Tamén os teño recollidos no meu feedness. 04/05/2005Máis blogs do meu intereseO listado de blogs que son do meu agrado non para de medrar; pronto terei que facer algo no meu blogroll; por suposto, tamén os acabo de ligar ao meu recolledor de novas (que tampouco para de medrar). Neste caso tres blogs sobre educación - tecnoloxías - sociedade - blogs,... Xiruela, o blog de Xiruela, acaba de nacer na blogosfera, pero como cando nacen as estrelas, faino desprendendo unha gran enerxía: promete ;) de feito a súa categorización previa de temas de interese, demostran que o nivel do seu punto de partida está moi alto, e que os seus temas de interese (iniciais), están ben claros. Socrates Technological University; este blog do profesor Ronald M. Ayers, defínese como un blog "sobre a ensinanza con tecnoloxías" e no seu eslógan parafrasea a Socrates (que coincide co nome do blog) dicindo que "non lle pode ensinar nada a ninguén, só pode facelos pensar", toda unha declaración de intencións, que ten moito que ver co medio que utiliza O terceiro blog que recollo (vía aulablog21), é Aprendente, que se define no seu aquel como un "Espaço de comunicação sobre Weblogs em educação, WebQuests, WebGincanas e outros recursos TIC, além de eventuais comentários sobre o que rola no mundo". Realmente interesante: a proposta do blog, as súas ligazóns e os últimos posts: dicas sobre usos educacionais de blogs; ou o prohibido blogar; ou o post sobre os microcontos, por citar algúns. 21/04/2005Iniciarse nos blogsWila nos ofrece en alternativa dous posts cunhas ligazóns estupendas. Por unha banda, ofrece os blogs de traballo dos seus alumnos, entre os que destaco (só por abreviar, xa que todos son de calidade) (Con la mochila al hombro e Crónicas de rusti-boy en la Tierra)na materia Escritura no lineal. E por outra banda, a ligazón ao Blog de Borealca, que me pareceu estupendo pola súa claridade expositiva na narración do proceso de creación dun blog (bloglines, RSS, Flikr, etiquetas,...). Enhoraboa Wila, e enhoraboa a Boreal. 20/04/2005Cuaderno de claseAdoito a visitalo (é un dos clásicos no meu recolledor), pero nesta ocasión tamén recomendo darse un paseo polo Cuaderno de clase de José Mª González Serna. O uso dos blogs na súa docencia,... máis que interesante. E para relaxarse un pouquiño, recomendo autocaricaturizarse ca ferramenta que recomenda no seu post Autorretrato online. 05/04/2005Os recursos docentes de Juan FreireBen preto da casa, dou ca actividade docente dun profesor da U. da Coruña que me chamou poderosamente á atención polo uso combinado que fai, de distintas aplicacións, entre as cales están os blogs e wikis. Trátase do traballo do profesor Juan Freire. Gustoume a súa proposta docente e o enfoque dos seus blogs, tanto o persoal, como o do seu grupo de investigación. Polo interese que compartimos pola innovación educativa, e pola utilización destas ferramentas na docencia, pasa a formar parte do meu roteiro de visitas; unha nova canle para o meu recolledor de novas. 22/03/2005sekeirox no eCuadernoAntes de que tivese tempo de comprobalo por min mesmo, o amigo dorfun e Estela de Colaborativo, coméntanme que José Luis Orihuela na sección (re)Descubriendo blogs do seu eCuaderno, tivo a deferencia de incluír a sekeirox no listado de blogs destacados no apartado de educación. Grazas José Luis. 03/02/2005IlusiónComezou unha ilusión: aulablog.com 09/12/2004Weblogs na educaciónVía aulablog21 dou co artigo Weblogs en educación de Fanny Contreras, publicado na Revista Digital Universitaria de la UAEM. De fácil lectura, fai unha descrición resumida dos weblogs e dos seus usos educativos. Ademais, a Revista Dixital da UAEM, vaise converter nun novo lugar de parada. Ten moi boa pinta. Poñerei unha baliza. 26/11/2004Unha bitácora para alumnos e con alumnosFabian cóntanos como lle vai na súa experiencia co blog feito para os alumnos e polos alumnos, no que incide sobre todo na importancia de que os alumnos non só busquen información, senón que tamén a produzan. Conta como foi o proceso de posta en marcha da bitácora, da súa organización, asi como das dificulatdes coas que se foi atopando. Gústame o traballo que está a desenvolver. 29/10/2004Plantilla de blogsEn aulablog21 publican un post titulado: plantilla para avaliar blogs de profes e alumnos, e fala dunha plantilla elaborada por Bernie Dodge. Teño que dicir que entendo a palabra avaliar no sentido de recurso para a mellora, non cun sentido cualificador ou clasificador. Dende este punto de vista paréceme unha boa idea, un primeiro paso, pero coido que está moi verde. Sería de interese ir facendo algo asi pero verdadeiramente enfocado ao traballo docente e adaptado ás características do noso contorno. 21/07/2004Segunda parte de Weblogs: Nuevos Cuadernos de BitácoraXa comentara a primeira parte deste artigo publicado en Red. Agora o número 11 desta revista da Universidade de Murcia, publica a segundas partes dos artigos de Miguel Zapata e de Chris Ashley. Inclúe ademais un artigo de Carlos Marcelo sobre contidos e construcción da aprendizaxe na rede. 09/07/2004Weblogs como e-PortafoliosVía weblogg-ed, atopo e-Portfolios for learning, de Helen Barrett. Neste sitio pódense atopar novas e comentarios de gran interese sobre os e-Portafolios e sobre o uso de weblogs para esta fin. No último post do seu blog: Second order tool use, fala esta blogger, de dos distintos niveis de uso dunha ferramenta, neste caso de software. O primeiro nivel de uso, é para o que foi creado e deseñado, e o segundo nivel de uso, sería para abordar unha necesidade que pode cubrir (a modo de bricolaxe do que tanto gusto). En canto aos blogs, o seu primeiro nivel de uso é para postear novas online, e que nun segundo nivel se poderían usar como e-Portafolios (no senso de construir unha historia de ensinanza aprendizaxe), se cumplisen uns criterios: Que permita crear unha estructura dun e-Portafolio mediante ligazóns hipertextuais, que permita facer un diario reflexivo e que permita crear un listado (inventario) de obxectos reutilizables noutro contexto. 09/06/2004A escritura con weblogs13/04/2004Ensino en GalegoXosé Antón ven de estrear o seu blog: Ensino en galego. Benvido 19/02/2004Espallar os contidos na Blogosfera Chegoume por varias fontes, a referencia dun artigo de Richard E. Ferdig e Kaye D. Trammell da Universidade de Florida, que trata do uso dos blogs na educación: Content Delivery in the 'Blogosphere' . O artigo está publicado en The journal online («Technological Horizons in Education»), na súa edición do mes de febreiro. Os autores defenden as vantaxes dos blogs como ferramentas de participación e creación de coñecemento. Neste artigo enmarcan as súas propostas de traballo cos blogs, desde unha perspectiva constructivista e ofrecen algunhas ideas para utilizalos nas clases. Artigo moi interesante, que ofrece consellos, e un bo listado de referencias. 12/01/2004Weblogs: Novos cadernos de bitácoraNo número 10 da revista RED , recóllense dous interesantes artigos sobre os weblogs na educación, por parte de Miguel Zapata Gros, do Departamento de Picoloxía Evolutiva da U. de Murcia Os artigos están en formato PDF: Weblogs: Nuevos cuadernos de bitácora Miguel Zapata Ros "...dende unha perspectiva, de profesionais e usuarios da educación aberta e a distancia a través de redes, as bitácoras están chamadas, como espacios das comunidades de aprendizaxe, a protagonizar un papel de actor principal no terreo dos recursos formativos de internet, favorecendo a creación de contornos novos e distintos de aprendizaxe". El uso de los Cuadernos de Bitácora o Weblogging: Otro tipo de sitios web Orixinal de Chris Ashley Traducción de Nora Lizenberg Adaptación de Miguel Zapata Ros Weblogs, part II: A Swiss Army website? Chris Ashley 10/01/2004Weblogs: The Reading/Writing ConnectionA profesora Nancy Peralta, a través do seu blog , ofrécenos unha guía rápida e moi útil para a utilización dos weblogs nas aulas, o seu artigo: "The Reading-Writing Connection: Internet Publishing made SIMPLE with Weblogs", contén informaicón e ligazóns moi útiles como apoio á aprendizaxe do uso dos blogs. Ademais fai unha chamada ó uso desta ferramenta nas aulas: "If you’re looking for a powerful way to connect reading and writing across the curriculum, this class is for you! A weblog, or “Blog,” is a fun and easy way to publish a journal on the internet, and it’s guarenteed to get students “writing like enlightened readers." Learn to blog and create a cass blog for a Standards based project of your choice! You and your students will share the excitement of collaborative writing and publishing for a real audience of readers ith this simple online software.Come on—be part of the BLOGOSPHERE!" 26/11/2003Thoughts on EdbloggerInteresantes reflexións sobre o uso dos blogs nas escolas, e unha porta aberta á investigación.http://www.weblogg-ed.com/2003/11/24#a1201 |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |