Blogia

Sekeirox

TICs e Liberdade

dorfun fala da contradicción que supón estar atados a tecnoloxías que supostamente están feitas para darnos maior liberdade. Eu coido que a liberdade está na capacidade para elixir, se usar ou non a tecnoloxía e se a resposta é afirmativa, para usar a tecnoloxía que mellor se adapte ás miñas características.
Eso é o que pensaron na University of Prince Edward Island en Canada. Decidiron utilizar unha ferramenta que se adaptaba ás súas necesidades, pero o que é máis importante ofrecéronlle esa ferramenta a toda a comunidade universitaria para que a utilizase, de forma libre, como mellor se adapte ás súas necesidades. O proxecto, que recolle James en incorporated subversion, vía EdBlogger Praxis, paréceme máis que atractivo, e a ferramenta que utilizan (drupal, cas últimas actualizacións), tamén.

O proxecto Rembassy

O proxecto Rembassy

Acaba de sír á luz o proxecto de fin de carreira; O proxecto "Rembassy", está baseado na filosofía Open Source, e trátase da arquitectura base para un sistema de monitorización de servidores.

O nome "rembassy" é unha composición realizada a partir de "root embassy" (embaixada do root). Esa é a filosofía do sistema: establecer embaixadas nos servidores monitorizados para axudar ó administrador, usuario root no mundo UNIX, no seu traballo diario.

Dende aquí, o meu desexo de que este proxecto, vaia vento en popa. Ánimo.

No cumio Xenebra

No cumio Xenebra

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
4. Reafirmamos, como fundamento esencial da sociedade da información, e segundo se estipula no artigo 19 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, que todo Individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión, que este dereito inclúe o de non ser amolado a causa das súas opinións, e de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión. A comunicación é un proceso social fundamental, unha necesidade humana básica e o fundamento de toda organización social. É tamén indispensable para a sociedade da información. Todas as persoas, en todas partes, deben poder participar e non debe excluirse a ninguén das vantaxes que ofrece a sociedade da información

Xa pasaron dous anos e segue ahi

Despois de dous anos, na nosa memoria segue a chover negro. Tralo primeiro ano, seguía ahi, e despois deste segundo ano, seguímolo vendo, comendo, cheirando, lembrando,...

Ferida!!

Recollo esta nova de Galicia Hoxe que ten como titular: "Lingua morta nas aulas": Os estudantes de fóra usan máis o idioma que os galegos e o emprego é maior no campus de Ferrol.
Dóeme oír esta nova. Coido que o galego non é nin moito menos unha lingua morta (nin nas aulas nin noutro sitio), por moito que algúns se empeñen en enterrala antes de tempo, mais sí creo que está ferida, e que temos que colaborar ¡todos! os que nos movemos polas redes da nosa cultura, para non deixar que se desfaga o tecido que tanto lle deu a esta terra.

Blogsario

Vía aulablog21 dou con este glosario (sobre blogs) ou como eles lle chaman: Weblogs Compendium.

Tecnoloxías no "ollo do furacán" no ensino superior, segundo educause

De octeto, recollo a nova dos libros brancos publicados por educause sobre tecnoloxías en «que están a ter un impacto directo nas institucións de educación superior»:

1. A xestión do correo lixo
2. Os usos legais das redes P2P (peer-to-peer)
3. A creación e intercambio de obxectos de aprendizaxe reutilizables
4. A converxencia de bibliotecas, repositorios de obxectos dixitais e sistemas de xestión de contidos web
5. O desenvolvemento da tecnoloxía "sen fíos" dentro das redes do campus
6. As redes rexionais académicas

Chamarlle ás cousas polo seu nome

Coincido con García Areito, na necesidade de chamarlle ás cousas polo seu nome, e de non reinventar continuamente o que xa está inventado pola vía de renomealo. O seu artigo, Blended Learning, ¿Es tan innovador? recolle esta idea, aplicada ao concepto de Blended Learning.

Weblogs na educación

Coma sempre dorfun e José Luis Orihuela dende eCuaderno e en educ.ar, están na punta da lanza e fan referencia a un novo artigo sobre o uso dos weblogs na educación: Los weblogs como herramienta educativa: experiencias con bitácoras de alumnos. Este artigo elaborado por Orihuela xunto con Mª Luisa Santos, forma parte do último monográfico adicado á educación a distancia publicado na Revista de nuevas tecnologías y sociedad de QuadernsDigitals.
Só revisei os resumos destes documentos, pero hai algúns (ademáis do citado) que, polas miñas inquedanzas, me teñen moi boa pinta, e se podo comentarei máis adiante:

Sobre los nuevos entornos virtuales de enseñanza y aprendizaje
de Alejandra Bosco
El sistema de campus virtual como solución integral para un adecuado proceso de formación on line de Marta González Arechabaleta
Los entornos virtuales de aprendizaje como instrumento de mediación de Cristóbal Suárez Guerrero
Acompañando al profesor universitario en el uso de las TIC en la docencia de Marina Tomás Folch; Gemma Carreras; Alejandro Villela.
Contenidos en e-learning: El rey sin corona de Javier Martinez Aldanondo
E-learning y gestión de la calidad: reflexiones prácticas a partir de una experiencia de Charo Repáraz Abaitua; Fernando Moreno.
Promoción del uso del web docente en la Universidad de Navarra: Estrategia seguida y evaluación de Concepción Naval Durán; J. Redrado; L. Echarri Prim; P. Sánchez de Miguel; G Pérez Beruete.

Plantilla de blogs

En aulablog21 publican un post titulado: plantilla para avaliar blogs de profes e alumnos, e fala dunha plantilla elaborada por Bernie Dodge.
Teño que dicir que entendo a palabra avaliar no sentido de recurso para a mellora, non cun sentido cualificador ou clasificador. Dende este punto de vista paréceme unha boa idea, un primeiro paso, pero coido que está moi verde. Sería de interese ir facendo algo asi pero verdadeiramente enfocado ao traballo docente e adaptado ás características do noso contorno.

Crear comunidades para compartir recursos

Jordi de sierto destaca neste blog un artigo de Sergio Monge Benito, de entre unha morea de outros interesantes artigos presentados ao I Simposio Pluridisciplinar sobre Diseño, Evaluación y Descripción de Contenidos Educativos Reutilizables.
O artigo que elixiu Jordi, pola súa temática, fala sobre a necesidade de crear auténticas comunidades de práctica docente, que de modo similar ao modelo de traballo comunitario dos deesenvolvedores de software libre, compartan os seus contidos e recursos. Para que esto fora posible, sería necesario adoptar estándares nos distintos ámbitos que rodean á creación dos contidos educativos, sinala o autor que estes estándares ben poden ser os propostos no SCORM.

sekeirox fai un ano

sekeirox fai un ano

Sekeirox xa é parte do meu contorno. Naceu coa idea de ser un ámbito de experimentación sobre o uso dos weblogs en distintos ámbitos, pero sobre todo na docencia.
Máis adiante a idea foi mudando, e converteuse nunha ferramenta de traballo e disfrute dun servidor. Cunha media de 1 post cada 3 días o sekeirox lévame a pensar, que todo o mundo ten cousas que contar, que eu teño moitísimas cousas sobre as que reflexionar, e sobre todo moitísimas máis sobre as que aprender.

Primeiras Xornadas de Software Libre na Educación

Coincido con dorfun e con Vicente, nas súas apreciacións sobre as Primeiras Xornadas de Software Libre na Educación, organizadas por AGNIX.

¡Ollo!: A escola sen galeguizarse

Temos que estar atentos, porque a corda sempre rompe polo punto máis feble. Unha das consecuencias negativas da globalización é a desancoraxe cultural, e a cultura empeza pola lingua. Os datos que aporta o IGE e que saen publicados en Galiza Hoxe no artigo Os mozos falan por primeira vez máis castelán que galego, son para estar máis que alerta.

EVAs: especificacións

Na mesma liña de unificar criterios e especificacións técnicas do post anterior, o AACE Journal, publica un documento de Kathleen Roberts The need for universal design in Online Learning Environments (OLEs), sobre a necesidade de aunar criterios e estándares para o deseño e uso dos entornos virtuais de aprendizaxe.

ePortafolios: especificacións

Dende a web de Stephen, e dende octeto, chego á nova do IMS Global Learning Consortium que acaba de publicar un primeiro borrador das especificacións dos ePortfolio que ten o obxectivo a mellora da interoperabilidade dos portafolios electrónicos entre institucións e sistemas. Na IMS aceptan comentarios deste borrador con data límite de 12 de novembro.

Monográfico: Formación virtual

En Educaweb.com, dedican o seu último monográfico á formación virtual.

Aprendizaxe aberta e a distancia

Seguindo a mesma fonte de Horizonte, dou con dous documentos da UNESCO en PDF. Trátase de dous documentos que xa tiña ollado pero non recollido. Un deles é: Aprendizaje abierto y a distancia. Consideracións sobre tendencias, políticas e estratexias, e o outro :Las tecnologías de la información y la comunicación en la formación docente. Guía de planificación, que fai unha análise do cambio educativo a nivel mundial, a raíz da incorporación de TICs en tódolos ámbitos da docencia.

Sepiensa

Da man de Horizonte, dou con sepiensa, un portal educativo que pon a disposición do público en xeral unha extensa serie de contidos educativos.
O seu principal obxectivo é servir de apoio ás persoas vencelladas á educación mexicana en particular e iberoamericana, en xeral.

Teorías da aprendizaxe e TICs para a docencia

Na eLearnopedia recollen: ademais dun sitio no que se recollen as diversas teorías da aprendizaxe, un sitio da University of British Columbia: eLearningtools que recolle e comenta diversas ferramentas baseadas en TIC que se poden utilizar nas clases (algunhas delas parecen moi interesantes).