Blogia

Sekeirox

Artigos de interese

Vía Innovate dou cunha xeira de artigos moi interesantes publicados en abril/maio de 2005:
- Russell, G. 2005. The distancing question in online education. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=13 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University.
- Foreman, J., and R. Jenkins. 2005. Full-featured Web conferencing systems. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=45 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University
- LaCour, S. 2005. The future of integration, personalization, and ePortfolio technologies. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=85 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University.
- Gibson, D. 2005. Network-based learning and assessment applications on the Semantic Web. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=87 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University.
- Bender, T. 2005. Role playing in online education: A teaching tool to enhance student engagement and sustained learning. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=57 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University.
- Maddux, C., R. Cummings, L. Liu, and J. Newman. 2005. Aids and cautions in planning, developing, and delivering online instruction in higher education. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=32 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University.
- Klonoski, E. 2005. Cost-saving collaboration: Purchasing and deploying a statewide learning management system. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=69 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University.
- Downes, S. 2005. Places to go: New York Public Library Digital Gallery. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=177 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University.

A cada cal máis interesante. Dalgúns deles irei dando conta no meu CiteUlike

Agrupar a diversidade metodolóxica?

Agrupar a diversidade metodolóxica?

Vía Teaching and Developing Online, Darren Cannell co seu post Instructional Strategies Online lévanos (Tamén vía Xiruela) ao sitio Instructional Strategies Online no que a xente da Saskatoon Public Schools nos presentan unha categorización das diversas metodoloxías e estratexias instructivas das que se sirven os profesores para acadar os seus obxectivos docentes. Fan unha agrupación en 5 categorías: Instrucción directa (Direct Instruction), Instrucción Indirecta (Indirect Instruction), Aprendizaxe baseado na experiencia (Experiential Learning), Estudo independente (Independent Study), Instrucción interactiva (Interactive Instruction). En cada categoría ou grupo, propoñen un listado con posibles estratexias e técnicas que se axustan ás definicións e parámetros que teñen en conta á hora da categorización; ademáis incluen exemplos de uso desas técnicas así como ligazóns de interese sobre o tema.

Máis blogs do meu interese

O listado de blogs que son do meu agrado non para de medrar; pronto terei que facer algo no meu blogroll; por suposto, tamén os acabo de ligar ao meu recolledor de novas (que tampouco para de medrar).
Neste caso tres blogs sobre educación - tecnoloxías - sociedade - blogs,...
Xiruela, o blog de Xiruela, acaba de nacer na blogosfera, pero como cando nacen as estrelas, faino desprendendo unha gran enerxía: promete ;) de feito a súa categorización previa de temas de interese, demostran que o nivel do seu punto de partida está moi alto, e que os seus temas de interese (iniciais), están ben claros.
Socrates Technological University; este blog do profesor Ronald M. Ayers, defínese como un blog "sobre a ensinanza con tecnoloxías" e no seu eslógan parafrasea a Socrates (que coincide co nome do blog) dicindo que "non lle pode ensinar nada a ninguén, só pode facelos pensar", toda unha declaración de intencións, que ten moito que ver co medio que utiliza
O terceiro blog que recollo (vía aulablog21), é Aprendente, que se define no seu aquel como un "Espaço de comunicação sobre Weblogs em educação, WebQuests, WebGincanas e outros recursos TIC, além de eventuais comentários sobre o que rola no mundo". Realmente interesante: a proposta do blog, as súas ligazóns e os últimos posts: dicas sobre usos educacionais de blogs; ou o prohibido blogar; ou o post sobre os microcontos, por citar algúns.

Colaborar - cooperar

Colaborar - cooperar

Xa había que non me divertía tanto lendo o "tema do mes" da revista Cuadernos de Pedagogía. O caso é que este mes co seu número 345, a espera pagou a pena (xa contei que, por diversas razóns, nunca podo ler na casa esta revista antes do día 18-20). A revista inclúe unha serie de interesantes artigos (é un dos meus temas de interese) na súa sección "tema do mes", sobre a aprendizaxe colaborativa - cooperativa: Grupos cooperativos; Aprendizaje democrático a temprana edad; Una forma de inyectar vida a la escuela; Del cuaderno de equipo al método de proyectos; Ayuda mutua para lograr unos objetivos personalizados; Aprender Lengua en equipos cooperativos; Enseñamos y aprendemos juntos; A modo de epílogo.
Engaden ademáis unha serie de ligazóns de interese sobre o tema: www.iasce.net, www.cooperativelearning.com, www.Jigsaw.org, www.maestrosdeprimaria.com e www.LauraCandler.com

Máis planetas na blogosfera

O tema dos planetas de blogs está a cobrar cada vez máis peso na blogosfera. Neste caso tratase dun rexional, ao estilo dos que xa existen sobre Canarias, Aragón, Castellón, pero da comunidade autónoma de Castela e León. Chámanlle Planeta Castilla y León e os amigos de boulesis, Daniel e Miguel están detrás do invento, asi que lle auguro a este plantea un estupendo futuro. Enhoraboa e ánimo.

Máis blbliografía sobre blogs

Da man de Avalúo y Tecnologías de Aprendizaje de Mario Núñez, recupero a páxina de Kairosnews A Weblog Webliography cunha ampla colección de referencias bibliográficas sobre blogs.

Cuaderno de clase

Adoito a visitalo (é un dos clásicos no meu recolledor), pero nesta ocasión tamén recomendo darse un paseo polo Cuaderno de clase de José Mª González Serna. O uso dos blogs na súa docencia,... máis que interesante.
E para relaxarse un pouquiño, recomendo autocaricaturizarse ca ferramenta que recomenda no seu post Autorretrato online.

Iniciarse nos blogs

Wila nos ofrece en alternativa dous posts cunhas ligazóns estupendas. Por unha banda, ofrece os blogs de traballo dos seus alumnos, entre os que destaco (só por abreviar, xa que todos son de calidade) (Con la mochila al hombro e Crónicas de rusti-boy en la Tierra)na materia Escritura no lineal.

E por outra banda, a ligazón ao Blog de Borealca, que me pareceu estupendo pola súa claridade expositiva na narración do proceso de creación dun blog (bloglines, RSS, Flikr, etiquetas,...).
Enhoraboa Wila, e enhoraboa a Boreal.

Recurso para traballar a ortografía

Vía Escuela Mágica atopei un recurso útil para o traballo da ortografía, por parte dos alumnos, elaborado por Mariano Santos Posada. Interesante a proposta.

Máis sobre a converxencia

Adriana no seu blog Novas Tecnoloxías y Profesorado, publica un post: A vueltas con la converxencia, que inclúe unha ligazón interesante ás comunicacións presentadas no XI Congreso de Formación do Profesorado en Segovia.

Outro pasiño

"Antes sencilla que muerta", é a inxeniosa frase ca que Juan Freire resume a idea que nos quere trasladar, no seu post comentando a iniciativa da UAB de ir dando pequenos pasos (sinxelos), pero importantes para incentivar o uso de software libre no ámbito universitario. Segundo recolle Juan de La tercera ola, a aposta inicial da UAB é facer un uso combinado de software libre co software propietario. O primeiro paso cara a promoción do software libre por parte da comunidade universitaria, é a implantación masiva do navegador Firefox e o xestor de correo electrónico Thunderbird. Os seguintes pasos a dar van na liña promocionar dentro do campus outras aplicación libres de calidade, por exemplo Open OfficeGIMP como programa de tratamento de imaxes ou Inkscape para o debuxo vectorial.

Etiquetas

Quedei gratamente sorprendido cando vin a incorporación das etiquetas tags en blogia. Era algo que, como lle teño comentado ao administrador nalgunha ocasión, botaba en falta. Grazas Roberto

E ti por que blogueas?

Vía Teaching and developing online, Darren Cannell fai referencia ao post The Conclusion Illusion: Blogging as Exploration publicado en Contentius por Amy Gahran. Neste post a autora, achéganos as súas reflexións sobre o porqué blogueamos, e chega a conclusións ben interesantes.
Apunta que ela bloguea para explorar, para mellorar as súas exploracións e para compartilas. Destaca o papel fundamental do feito de escribir como acción que a axuda a pensar e a comprender mellor. Sinala ademais que as entradas dun blog teñen unha dependencia enorme do contexto, da situación e do momento en que se editan e que a través do historial se poden ver as impresións e percepcións do autor, sobre un tema nun momento determinado, podendo facer un seguimento da evolución destas posibles diferentes perspectivas. Destaca tamén que os blogs son traballos que están en progreso e evolución. Fala ademais da diferencia de escribir para un medio tradicional onde o feedbak non é inmediato ou simplemente non é, fronte a facelo neste medio, que supón unha conversación, un intercambio de puntos de vista a través dos comentarios sucesivos que se poden xenerar. Permítelle abrir a súa mente aos demais e compartila; de modo que se xenera un intercambio de intereses e perspectivas.

Blogs como cadernos de investigación

Lilia publica no seu Mathemagenic unha cadea de posts: Weblog as a research notebook (4): field notes are overrated; Weblog as a research notebook (3): my own experiences; Weblog as a research notebook (2): types of notes; Weblog as a research notebook (1): reading 'Life online' and del.icio.us as bookmarking history; relacionados todos eles co uso que fai dos blogs no ámbito da súa investigación.
Os seus logros, a súa forma de organizarse, os seus erros e reflexións, coido que poden ser ben interesantes.

80x15 Brilliant Button Maker

Vía Incorporated Subversion, James ofrécenos, outra pequena gran aplicación para facer iconos. Moi interesante tamén a súa fonte.

Máis sobre ePortafolios

Grazas a Mario Núñez de Avalúo y Tecnologías del Aprendizaje, retomo o tema dos ePortafolios, neste caso ofrécenos unha ligazón á actualización do Developing Student Electronic Portfolios no que se ofrece información variada e completa sobre os ePortafolios e o seu uso educativo.

Seguir o díxome, díxome que lle dixeran...

Vía weblogg-ed, Will fálanos dunha aplicación que, aos que nos gusta o tema dos roteiros, do mapeado, da orientación (sobre todo no ámbito das pesquisas), nos pode servir de gran axuda. Trátase do Blogpulse's Conversation Tracker. Esta ferramenta permite saber se alguén está a comentar o que outra persoa comentou sobre o comentado a propósito dun post determinado...;)
Cando un blogger publica un post e outros bloggers o ligan, o post en cuestión pasa a formar parte dunha conversa. Os posts que ligan ao "orixe", tamén son ligados podendo seguir a rota de comentarios nunha especie de esquema de "sangrías". ¿Cantas veces nos temos atopado coa necesidade de balizar as conversas a fin de seguilas completamente? ¿cantas veces, nos atopamos na mesma situación que Lilia propón en Mathemagenic? Con este tipo de ferramentas, o camiño pode quedar máis claro...

Os recursos docentes de Juan Freire

Ben preto da casa, dou ca actividade docente dun profesor da U. da Coruña que me chamou poderosamente á atención polo uso combinado que fai, de distintas aplicacións, entre as cales están os blogs e wikis. Trátase do traballo do profesor Juan Freire. Gustoume a súa proposta docente e o enfoque dos seus blogs, tanto o persoal, como o do seu grupo de investigación. Polo interese que compartimos pola innovación educativa, e pola utilización destas ferramentas na docencia, pasa a formar parte do meu roteiro de visitas; unha nova canle para o meu recolledor de novas.

sekeirox no eCuaderno

Antes de que tivese tempo de comprobalo por min mesmo, o amigo dorfun e Estela de Colaborativo, coméntanme que José Luis Orihuela na sección (re)Descubriendo blogs do seu eCuaderno, tivo a deferencia de incluír a sekeirox no listado de blogs destacados no apartado de educación. Grazas José Luis.

Materiais educativo reutilizables

De Octeto, recollo o documento Packaging and Publishing Learning Objects: Best Practice Guidelines (PDF 2 MB), publicado por Becta
Trátase dunha guía para a verificación de materiais educativos, de cara ao cumprimento dos estándares que permiten a accesibilidade e reutilización dos mesmos en diferentes plataformas de ensianza a través da rede.