Blogia

Sekeirox

O día de...

O día de...

Case que tódolos días do ano temos para celebrar "O día de..." algo ou alguén.
Eu xa hai bastante tempo que decidín permanecer un pouco á marxe desta "moda" dos "Días de...". Non é que non teña a ben lembrarme desas persoas, ou que non me guste celebrar eses días especiais, ou que non me solidarice coas distintas causas ás que se refiren os "Días de..." (aínda que a maioría das veces as campañas dos "Día de..." teñen tan só un motivo comercial por detrás); senón todo o contrario. A miña opinión é que esas causas, persoas, cousas... ás que desexo lembrar, se merecen moito máis que un día, e por iso procuro facelo sempre que podo.
Por suposto respecto a todas as persoas que viven con máis ou menos paixón "O día de...", pero eu procuro pasar de puntiñas por eles, "deixándome facer" procurando non amolar aos que con toda a boa intención do mundo viven con maior intensidade e ilusión estes días (por suposto, hai "Días de..." nos que participo activamente (non son ningún becho raro, ¿ou si?), isto pasa cando coas miñas accións podo contribuír a algunha causa que outros días me resultaría máis difícil facelo. Hai "días de..." en que "ou é ese día ou non é").
O día de hoxe (31 de agosto), é o proposto para a celebración do "Día do Blog", ou BlogDay. Esta iniciativa do día dos blogueiros, promocionar dalgún xeito a "novos" blogueiros, doutras nacionalidades e doutros centros de interese. Para este fin, cómpre destacar nun post cinco "novos" blogs; facer unha breve descrición dos mesmos (cas súas ligazóns pertinentes) e facerlles saber aos "novos" bloguers, que foron citados no post; e por último agregar a etiqueta BlogDay de Technorati: http://technorati.com/tag/BlogDay2005 e unha ligazón ao sitio BlogDay: http://www.blogday.org
No meu caso, o día de hoxe (coma case tódolos días) din con oito ou nove blogs, interesantísimos, tanto pola súa temática como polo seu contido e a súa presentación. Pero, seguindo o meu parecer sobre os "Día de..." considero que non debo destacar só a cinco (como dí Catuxa en Deakialli: faría falla un BlogDay case que tódolos días), para ser xusto coa incipiente blogosfera que cada día se nutre de novos blogs fantásticos.
Ademais de descubrir ou redescubrir eses estupendos blogs, púxenme en contacto coa maioría deles a través de comentarios aos seus posts, e con outros espero facelo; outros están (ou o estarán en breve) recollidos: nas ligazóns de sekeirox, no meu flikr, no meu del.icio.us , no meu feednes, no meu CiteUlike e nas ligazóns doutros sitios nos que blogueo como en aulablog. A través destas pegadas que vou deixando, coido que é unha forma de recoñecer, día a día que eses sitios son do meu interese e que llos recomendo a todo o mundo.
Mañá seguro que será outro bo "BlogDay" ;)

A edición web ao alcance de máis mans: NVU 1.0

Da man de Mario Núñez, de Avalúo y Tecnologías del Aprendizaje, dou con esta interesante ferramenta de edición web: NVU 1.0. Como el di, pode ser unha boa alternativa para ofrecer ás persoas que se inician neste mundillo e que necesitan dar os primeiros pasos na edición web.
Trátase dun editor baseado no Mozilla Composer; de código aberto; de fácil manexo (WYSIWYG); multiplataforma; e traducido ao castelán.

De vacacións (II): Usos dos blogs no ámbito educativo

Hoxe tocou abordar algunhas desas tarefas "para as que nunca tes tempo": facer certas compras, realizar algúns trámites,...; tamén houbo un oco para visitas varias; e por sorte puiden facer unha das cousas que máis me gustan: recargar pilas na Frouxeira en boa compañia.
Entre tarefa e tarefa, puiden revisar outro dos artigos que tiña pendentes nos recortes do recolledor, e a verdade é que foi un tempo ben invertido. Por suposto, tamen irei facendo algúns apuntes ao respecto no meu CiteUlike durante estes días. O artigo en cuestión, bueno en realidade os artigos en cuestión foron: Blogs @ Anywhere: High fidelity online communication e dos dous posts que James Farmer publicou en Incorporated Subversion e en Blogsavvy a propósito deste artigo: How NOT to use blogs in education e How you SHOULD use bloggs in education. A valoración: estupendos, tanto os posts como os comentarios e o debate suscitado a través dos mesmos. Realmente interesante.
Os artigos recollen unha revisión de varios estudos realizados no ámbito da pedagoxía con respecto ao uso de blogs na docencia. James, toma como referente tamén uns estudos que están a levar a cabo na University of Technology Sydney e outro da Deaking University (que haberá que seguir de preto). O autor centra a súa análise do uso dos blogs atendendo á súa vertente comunicativa, xa que no que lle interesa afondar é nas dinámicas comunicativas dos blogs e das súas tecnoloxías asociadas e o seu impacto nos entornos de ensinanza - aprendizaxe online.
O mellor de todo é que estas lecturas me serviron, (xunto con algúns dos últimos posts de Juan Freire como: Las meta-universidades: filtrado y agregación de contenidos externos, tamén de recomendada lectura), para animarme a retomar unha vella "idea" (intención, ilusión), de ir recollendo todas as iniciativas de incorporación de blogs ou servizos e blogs nas institucións educativas que van aparecendo cada día (a nivel internacional e nacional; comenzando polo nivel universitario para continuar coa educación secundaria, primaria e infantil); recoller se a súa introdución se fixo a nivel institucional, ou por iniciativa de profesores aillados; recoller se existe unha planificación do que se pretende facer con estas ferramentas ou non; o tipo de ferramentas que usan, e como as usan (por exemplo se fomentan o uso de blogs individuais ou blogs colaborativos, ou a modo de planeta de blogs ou metablogs,...) ...Algo máis?.
Teño visto listados de blogs de institucións, e por suposto de profesores que teñen blogs a tódolos niveis, pero coido que iso non abonda, neste caso trataríase de darlle a ese listado o valor engadido do fácil acceso á información sinalada. Sei que esta é unha idea ¿ambiciosa? e supoño (sei), por suposto, que esta é unha idea compartida por moitas persoas; e o que teño claro é que para desenvolvela é necesaria a participación e colaboración de varias destas persoas; por tanto gustaríame animar a todo aquel que o desexe, a aportar ideas para, de forma colaborativa, ir pensando e desenvolvendo esta recolleita da forma o máis cómoda, inxeniosa, rica e sobre todo aberta posible.

De vacacións (I): Facerse un sitio na blogosfera

Hoxe, "ergues" preguntoume se estaba ou non estaba de vacacións?..., porque estaba como case tódolos días enganchado no trebello, e eu díxenlle que si, pero que lle estaba a dar un uso non demasiado habitual naquel intre; estaba a revisar a prensa, vía o meu recolledor de novas pero durante o almorzo (tranquilamente, disfrutando del) mmmm; e ademais estaba lendo uns cantos posts dos que quería dar conta posteriormente. Pregunteille (xa sabía a resposta) se el non disfrutaba lendo o que lle gusta, durante as súas vacacións, e non tivo máis remedio que rendirse, xa que leva devorados uns cantos libros (dos gordiños)..., pois ben, eu díxenlle que en vez de ler libros de aventuras, neste momento disfruto coa lectura deste tipo de artigos; e sobre todo, disfruto posteando e escribindo un pouquiño sobre eles.
Ou sexa que os meu hábitos están a mudar un pouco, aínda que me propuxen estar uns días sen encender o trebello, de momento deixareino para a semana que ven, que espero estar desenchufado totalmente.
O caso é que estiven con un par de artigos que chegaron ao meu recolledor dende a súa orixe, e tamén dende outros blogs, como por exemplo de Avalúo y Tecnologías de Aprendizaje, ou "por boca" de James Farmer, por citar algúns, cos que comparto intereses.
Un deles é o How To Be Heard de Stephen Downes. Simplemente fantástico. Stephen, de forma clariña e aberta nos ofrece unha serie de consellos para sermos "escoitados" na rede, a través dos nosos blogs. Ofrece a súa ampla experiencia para amosarnos o camiño para acadar un blog que teña certo éxito. No meu CiteULike irei dando conta dos comentarios ao respecto deste estupendo artigo "apto" e altamente recomendable para bloggers de tódolos niveis.

Redes sociais dende o "Oenach"

Redes sociais dende o "Oenach"

A fin de semana estiven (coa familia) a reforzar redes sociais do presente e co pasado. O Oenach celta de Sedes (Narón), pertiño da casa, foi un estupendo contorno para dar un paseo pola cultura castrexa; (segundo a organización, máis de 15000 persoas tivemos unha idea parecida).
Naqueles tempos, as relacións sociais entre os pobos veciños (de preto e de máis lonxe) eran fundamentais (máis que na actualidade??) para a supervivencia de cada comunidade. Os Oenach, supuñan un punto de encontro no que se afianzaban lazos sociais, familiares, afectivos, económicos, políticos, relixiosos. Este reforzamento das relacións tiña como base as actividades comerciais, deportivas, "relixiosas" e como non... gastronómicas.

Cansos pero contentos

Ata o final, o curso de Novas Tendencias en Internet: a Web semántica e as redes sociais virtuais mantivo o seu nivel. Coido que a experiencia pagou o esforzo.
Tiven ademais algunhas sopresas agradables de última hora, como foi por exemplo, poñerlle rostro a José L de BlogDid, e a outras persoas ás que só coñecía polo seu traballo, que non é pouco. É máis, o traballo que nos permiten ver os demais, é precisamente a principal forma en que nos coñecemos na "inexistente (como alí se dixo)" blogosfera; os nosos intereses e as nosas accións lévannos a ir tupindo cada vez máis a nosa rede social. A miña, teceuse un pouquiño máis durante esta semana.
Outra grata sorpresa foi atoparme no curso, aínda que él asistía de forma virtual, con Daniel Primo, compañeiro de fatigas en Aulablog, a quen se lle concedeu o segundo premio de ideas innovadoras promovido como actividade do curso.
Imaxes do evento.

Web semántica e redes sociais, entre Santiago e a Frouxeira

Web semántica e redes sociais, entre Santiago e a Frouxeira

Ando cun pé no meu quefacer diario e con outro no curso Novas Tendencias en Internet: a Web semántica e as redes sociais virtuais que se celebra en Santiago do 18 ao 21 de xullo, ou sexa que remata mañá. De momento estoume a divertir, nalgunhas ponencias máis que noutras, depende do plantemaento das mesmas; rematado o curso analizaremos e valoraremos un pouco a experiencia. dende logo hoxe estouno a pasar estupendamente e espero rematar a tarde téndoo pasado mellor xa que nos agardan uns interesantes obradoiros.

Do visto ata o de agora, presentáronse dúas das tendencias con máis forza en Internet: a web semántica (como di Catuxa en deakialli, un novo paradigma que persegue que a web sexa utilizada e a súa información comprendida por máquinas ou programas, e as redes sociais virtuais, a contrapartida en Internet das redes sociais tradicionais.

Algúns dos poñentes: José Luis Orihuela, Juan Julián Merelo, Pedro Jorge Romero, Fernando Tricas, e outros destacados prelatores como Eduardo Sánchez Vila ou Manuel Lama Penin, José Manuel Alonso, Mariano Fernández López, Juan carlos Vidal Aguiar, Ricardo Rocha Amorim, Óscar Corcho García, Jesús contreras, ou José fernando Mendes... a verdade é que non están a defraudar.
E entre os asistentes, algunhas "caras" coñecidas a través do seu traballo, agora tamén en persoa, como por exemplo a propia Catuxa de deakialli .

Poñerse ao día (III)

Comentaba no post anterior o difícil que me resultaba manterme "ao día", e sobre todo de recollelo no blog.
O certo é que ao día, máis ou menos me manteño, pero no que respecta ao blog,.... estou a facer todo o que non se debe facer para manter vivo un blog, tendo en conta o que di Carlos Corredor en Baquia. Non me sinto satisfeito co que estou a facer con sekeirox, pero polo momento, é o que hai. De sekeirox, tan só se está a salvar e polos pelos, o seu contorno, e por suposto a Frouxeira, que é o único modo de ir mantendo as pilas un pouco cargadas.
Iso si,... non parei nen un intre, o tema vacacións quedará para máis adiante. A miña presenza na rede estivo por outros lares lonxe de sekeirox, outros blogs, outras ferramentas, outras comunidades, outras actividades e roles, pero case sempre con temas comúns: as tic e a educación, andan case sempre polo medio.
Espero que o vento acompañe e que sopre na dirección adecuada; nese momento, retomarei sekeirox con forza. Mentres tanto, a desfrutar das aportacións dos membros das redes nas que teño algún nó (nodo, nudo), que cada vez se amplían máis e desfrutar das outras mareas nas que estou enrolado...

Poñerse ao día (II)

A verdade é que o ritmo que levamos nestes tempos non é moi normal; todo o día e parte da noite pegado ao trebello.
Isto de tentar estar ao día; facer o que me gusta; facer o que teño que facer (que case sempre, afortunadamente, coincide co que me gusta), e non sucumbir no intento, empeza a ser unha tarefa complicada. Pero mentres se poida seguiremos.
O meu recolledor está aos topes, e non poderei comentar todas as cousas interesantes cas que me atopo no camiño.
Sen embargo non pode deixar de comentar, o diccionario visual ao que cheguei grazas a deakialli, e que basea os seus resultados nas etiquetas das fotos de Flickr; a miña busca foi: Frouxeira, e o resultado axudou a alegrarme a tarde.

E tampouco podo deixar de comentar, unha nova á que chego da man de Paco en aulablog21, i é que dende hoxe xa se pode navegar coas "pestanas" en Internet Explorer e grazas á MSN Search Toolbar. Segundo Genbeta que é a fonte de Paco, instalando a última versión en inglés desta barra de navegación engadiranse ao Explorer, permitindo ter varias páxinas web nunha sola ventana (isto sónanos de algo verdade?). Trátase dun adianto do que será IE7. Era cuestión de tempo, que se producira o cambio. Adaptarse ou morrer.

Aulablog, un proxecto colaborativo sobre o uso das TIC na aula

Aulablog, un proxecto colaborativo sobre o uso das TIC na aula

Aulablog.com: Un lugar de encontro para docentes
interesados nos Blogs


Un grupo de persoas, con experiencia no uso educativo das TIC ven de unir as súas forzas para crear un sitio Web destinado a todos aqueles docentes que desexan iniciarse na publicación de contidos na Rede a través dun blog ou bitácora.

Aulablog.com é un portal temático sobre a aplicación da Tecnoloxía Dixital na aula que se centra especialmente no uso educativo dos weblogs e no que todos os docentes poden colaborar cas súas propias aportacións.

En Aulablog.com pódense atopar ideas e recursos para
iniciarse no mundo dos Blogs e sacarlles o máximo proveito como ferramenta educativa: información sobre os distintos sistemas de publicación; experiencias cos blogs na aula; ligazóns a servizos para a creación de blogs; tutoriais; trucos; complementos, etc.
Este portal dispón ademais dun foro e un sistema de comentarios nos seus artículos, nos que os usuari@s teñen a posibilidade de opinar, debatir e preguntar.

O proxecto Aulablog comezou a xestarse no Foro de aulablog21 en xaneiro de 2005 e dende entón os seus creadores veñen colaborando para demostrar a todo o mundo como coa ilusión e as gañas dun pequeno grupo de persoas e traballando na distancia se pode axudar na mellora da formación en TIC de profesores e alumnos.


Estades todos convidados a rexistrarvos e a particiar no seu desenvolvemento e mantemento, aportando todos os contidos relacionados co tema que consideredes oportuno; e por suposto, estades convidados a participar nos foros abertos ou que desexedes propoñer.

Benvidos a Aulablog.
Carlos Santos

Membro fundador de Aulablog.com

A Calidade no CPI Atios

Hoxe vou postear sobre un centro do meu contorno: o CPI de Atios (Valdoviño). Por proximidade xeográfica (compartimos o mesmo mar da Frouxeira) e porque teño moitas esperanzas na mellora da calidade dese centro. Reviso a súa páxina web. Despois de ter que ver toda a introdución (porque non fun quen de saltala, xa que non dá tempo), e de trastear ca navegación, atopei recursos e ligazóns ben interesantes, dirixidos a todos os membros da comunidade.
A sección que máis me gustou é o taboleiro que inclúe os "palabros", algunha "anécdota" e sobre todo a revista dixital na que se expoñen unha serie de traballos nos que se deixa ver a man dos alumnos.
E revisando o directorio do blogomillo, din co bolg: A Calidade no CPI Atios elaborado e xestionado polos profesores Miguel Carlos de Castro e Graciela, que están a traballar o tema da calidade no centro na liña de poder obter a certificación de centro de CALIDADE según a norma ISO.

Globoeduca

Globoeduca

Cóntame Daniel Primo que dende hai un tempo están embarcados nun novo blog de fondo educativo. Trátase de Globoeduca, que pretende completar a web do Colexio San Agustín de Valladolid, con recursos educativos para alumnos e profesores; e con información actualizada. Ademais pretenden que no futuro sexa a porta de acceso para usar, todavía máis, as novas tecnoloxías no contorno educativo do centro.
Gustoume globoeduca; gustáronme os seus outros blogs; e alegroume ver ao sekeirox entre as súas ligazóns. Tamén os teño recollidos no meu feedness.

avatares

http://www.gravatar.com/

http://borealca.blogspot.com/2005/05/gravatar.html

falar sobre o entrodio e avatares...

Etiquetalo todo

No mundo educativo en particular e na sociedade en xeral, sempre houbo unha tendencia a "etiquetalo" todo. Esta tendencia, dependendo do contexto e do momento estivo cargada de tintes peiorativos ou foi valorada de forma positiva. Nos últimos tempos (meses) vivimos un "boom" no que a moda é etiquetalo todo, pero todo, todo,...todo. E o certo é que as tecnoloxías nolo están a poñer a "webOX". Del.icio.us, Technorati, Flickr son algúns dos sistemas de etiquetado e busca que nos permiten tecer redes conceptuais e de intereses cada vez máis complexas e eficaces.
Leo en Dekialli que a BBC xa se ten apuntado a etiquetar as súas novas, e con bo tino se preguntan canto tardarán a gran maioría de medios informativos en apuntarse ao "etiquetado".

Medrando

Leo na páxina de Tucho Neto de La Voz de Galicia (15-05-2005) un artigo dedicado ao "blogomillo". Moi bo. O certo é que o blogomillo non para de medrar, e a blogosfera, por suposto tampouco. Tentar estar ao día con todo o que sae é difícil, pero de momento intentamos estar in.
O asunto é que o meu recolledor segue a medrar... necesito facer unha revisión das categorías en que teño organizados os sindicados.
Esta fin de semana, engadín a apreNTIC, o blog de Lourdes Barroso; unha profe de secundaria, que a pesar de que acaba de iniciar o seu blog, engadiu dous interesantes posts, un sobre a súa intención de construírse unha biblioteca de animacións: "descargar animaciones en flash" e outra(s) sobre unha xeira de actividades relacionadas co corpo humano.
Outro dos blogs sindicados é o Weblog de Fernando Fraga, que está a traballar no tema do Squeak, e que acaba de crear xunto ca Profesora Gewerc un blog para seguir as súas pesquisas: "La enseñanza en el siglo XXI".
Outro blog que ligo, é "Por las tierras de Banu Qasi"; interesantes links e interesantes posts, a pesar da súa recente incorporación á blogosfera.
E outro blog máis que engadín é o Vanity Fea xa que entre outras cousas recolle, ademáis de recursos para a educación superior, pois outras novas de interese sobre o mundo universitario que nestes tempos está en ebulición.

Máis recursos sobre o día das Letras Galegas

A través de ensino en galego, Xosé Antón achéganos o Especial sobre as Letras Galegas elaborado por Vieiros: "Coa lingua na maleta". Estupendo o recurso.

Máis que un xogo

Máis que un xogo

Coincidindo co 70 aniversario do xa clásico xogo de mesa Monopoly, atopo vía boingboing e abundando esta versión, que vai do clásico Monopoly ao... Blogpoly. A proposta publicada en littleolso non deixa de ser curiosa, e a imaxe do taboleiro gustoume bastante.

Día das Letras Galegas: Lorenzo Varela WebQuest

Día das Letras Galegas: Lorenzo Varela WebQuest

Os sempre activos Luis Teira e Ester Vázquez, desenvolveron esta estupenda WebQuest para traballar sobre a vida e obra de Lorenzo Varela, a quen vai adicado o día das letras galegas deste ano. Trátase dunha actividade para desenvolver con alumnos do primeiro ciclo da ESO. Pareceume unha boa proposta de traballo.

Cousas para facer co RSS

Juan Freire, recolle de TimYang un listado de 15 cousas que se poden facer co RSS, o listado, segundo Juan parafraseando ao autor, é convencer á xente do útil que pode ser empezar a utilizar un agregador de feeds RSS, e non só para sindicar blogs ou agregar novas. A min dende logo, cambioume a forma de enfocar o meu traballo e de navegar pola rede.

Chamada no blogomillo

Xa había tempo que esperaba unha chamada deste tipo. E tivo que ser o amigo Dorfun, na súa versión 3.0 (segundo moitos que pasaron por ela, unha das épocas nas que optimiza a relación froza - creatividade - produción;D), quen a fixera. Temos falado da necesidade de darlle un empurrón ao blogomillo, e Dorfun acaba de poñer unha seMente de algo que promete.
De momento a idea é "ter un punto onde a xente poda construír documentos colaborativos, aportar novas, crear foros, dirixir bitácoras,… e tamén solicitar e/ou crear cursos en liña, enfocado sempre a axudar a outros a sobrepasar os seus problemas e dúbidas informáticas diarias". É un xerMolo que, entre outras cousas, puidera dar cabida, por que non? a ese planeta galego do que temos falado e que é tan desexado por moitos de nós.

Oída a chamada, tentarei seguir este interesantísimo proxecto, e na medida en que me dean os folgos, participar e colaborar. Sabendo quen leva a brúxula, estou seguro de que se chegará a bo porto.
Non sabes canto me alegrei hoxe ao descubrir esta seMente! Dorfun, enhoraboa.