Blogia

Sekeirox

Innovar con blogs

En D'arcy Norman Dot Net, aparece un post: Innovation through blogging, que nos leva ao mundo do emprego de blogs polas comunidades de pesquisadores. Moi interesantes, tanto o post como as ligazóns que nos ofrece sobre o tema.

Habelos hailos

Blogs na universidade; unha forma de organizalos no CENT da UJI (Universidad Jaume I)

"Unha certa envexa"

Comentábo ontes dorfun na súa dorfunteca, e despois Francisco Muñoz, en aulablog21 afondaba no tema falando de extreblog.
Doulles a miña enhoraboa a todos os que dispoñen de plataformas ao alcance da súa man e do seu bolsillo, para poder expresarse; mais non podo deixar de sentir unha certa envexa, pensando que en Galicia, a pesar da riqueza e variedade do "blogomillo", aínda non contamos (que eu coñeza) cun servizo gratuito, estable, e sen ánimo de lucro, que sirva de base ou soporte aos blogheiros galegos e non galegos (dende Galicia, en galego e que que abranga todas as temáticas imaxinables).
Creo, que estas iniciativas deberan vir dende arriba (dende os diferentes "arribas": administracións, servizos sociais, servizos educativos (a tódolos niveis),... que é onde están os nosos recursos; o caso é...: Hai a vontade? Interesa fomentar o uso masivo deste tipo de medios de expresión e comunicación? Interesa facilitarnos unhas ferramentas cun enorme potencial tanto constructivo, como subversivo? Quen se atreve a dar o paso con todas as consecuencias?
Ata que esto suceda, teremos que apañarnos (que non é pouco) cas iniciativas individuais e de pequenos grupos "inquietos" (nos distintos ámbitos da sociedade) que poñen toda a súa vontade en defender a liberdade de expersión (con maiúsculas), e que son conscientes de que a expresión, a crítica e a construcción compartida, son algunhas das bases da saúde da sociedade. A todas estas persoas e grupos: grazas.

Máis ferramentas para imaxes

Estupendas as tres utilidades online para o tratamento de imaxes, que nos comenta Francisco Muñoz en Aulablog21.
- Montage-a-Google
- Painter
- Resize 2 mail

A verdade é que as probei e encantáronme as tres, grazas unha vez máis Paco, por compartir...

Sobre Apcala e outras cuestións

En Cuaderno del Profesor, José Cuerva Moreno, comenta de forma ben clariña, coma sempre, varias novas que captaron o meu interese e nas que estiven a afondar un pouco. Refírome ao seu comentario sobre Apcala: Software Social, que me parece dun potencial enorme. Fai tamén referencia no seu post: ao xa clásico del.icio.us (para compartir ligazóns); a flikr, que xa temos comentado (para compartir imaxes); ao citeUlike (para compartir ligazóns a referencias bibliográficas), no que estou especialmente interesado e que estou a probar máis a fondo; e ao wists e blogmarks (para compartir ligazóns con imaxes), que non coñecía.

Pareceume moi interesante tamén o seu post Mis primeras fórmulas en la bitácora, polas indicacións para editar fórmulas e simboloxía matemática. A fonte que cita: Mathematicus Scriptorium, pareceume tamén moi boa, non coñecía este blog (a pesar de que xa a tiña recollida no bloglines o amigo dorfun, no súa ampla recolleita de blogs relacionados co mundo das matemáticas; escapóuseme ;)).

Poñerse ao día

No intento de ir baleirando o meu recolledor de feeds para poñerme ao día, atopo algunhas novidades que non podo deixar de destacar:
En aulablog21, Francisco Muñoz comenta dous estupendos artigos sobre o uso dos blogs; ademais, de indicarnos de forma clariña as novidades (melloras) que incorpora bitacorae.
Mario Núñez Molina, en Avalúo y Tecnologías de Aprendizaje comenta a entrevista a Tony Bates en elearningamericalatina.
James Farmer en Incorporated Subversion, aportou moitos posts interesantes nestes días, pero o último, sobre os sistemas de weblogs multiusuario "multi user weblogging", xunto co Massively Multi User Weblogging de D'Arcy Norman, pareceume estupendo.
Ferramentas... moitísimas coas que irei trasteando, a última da que tiven noticia, unha para a creación de blogs: BlogSpirit.
Documentos.... tamén moitísimos, pero por destacar algúns (que todavía non revisei en profundidade)..., os que conforman o II monográfico de RED a Revista de Educación a Distancia.

Seguirei baleirando...

Visita inesperada

Volveume visitar. Estivo case que dúas semanas con nós, pero agora parece que xa non está a gusto na casa e quere marchar.
Nesta ocasión ademais, veu acompañada da súa parente informática (troianos, dialers, programas de control remoto, e outros "viruxes" de distintas cepas e peligrosidade, coláronse no "trebello" que utilizo habitualmente). Supoño que terei que tomar medidas drásticas ao respecto, agardando que o "trebello" non morra definitivamente.
Algún día destes adicareille un post ao cracker descoñecido (ao cabronazo descoñecido), que o estivo a pasar "chachi" co trebello en cuestión; sobre todo por obrigarme a tomar medidas ¿¿extremas?? de prevención cando non considero que as miñas prácticas na rede, sexan de alto risco nin moito menos (use o sistema que use). Actuou/aron de mala fé, e iso é o que máis me amola. Eu considero o papel do "hacker", fundamental para o desenvolvemento progresivo das TIC,.. pero os crackers,... ai os crackers!..., vaia... que non son "santos" da miña devoción precisamente...

En fin,... superado o meu estado febril, as cousas parecen volver á normalidade. Reviso o meu recolledor de feeds e atópome con que está aos topes. Nunha primeira ollada, vexo moooitas cousas interesantes, das que intentarei ir dando conta pouco a pouco.
Paseniño

Ilusión

Comezou unha ilusión: aulablog.com

Ser activos na Sociedade da Información

Ser activos na Sociedade da Información

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005

Principios: 4. Creación de capacidades
32. Os creadores, editores e productores de contido, asi como os profesores, instructores, arquivistas, bibliotecarios e alumnos, deben desempeñar unha función activa na promoción da sociedade da información, particularmente nos países menos adiantados.
33. Para acadar un desenvolvemento sostible da sociedade da información, deben reforzarse as capacidades nacionais en materia de investigación e desenvolvemento de TIC. Por outra banda, as asociacións entre países desenvolvidos e países en desenvolvemento, incluídos os países con economías en transición, con fins de investigación e desenvolvemento, transparencia de tecnoloxías, produción e utilización dos productos e servizos TIC, son indispensables si se desexa propiciar a creación de capacidades e unha participación mundial na sociedade da información. A fabricación do productos para as TIC representa unha oportunidade importante de creación de riqueza.

E me pregunto, como se distribúe logo esa riqueza na realidade?

Entroido e "avatares"

Miro pola fiestra: Tempo da Frouxeira (que din por aqui); tempo de: cocido, lacón con grelos, cachucha, orellas e demais larpeiradas....
Entroido: Mascaritos, cabezudos, pantallas, peliqueiros, cigarróns...; A xente disfrázase dende hai séculos; as persoas durante esta época do ano sofren unha deslocalización do curso habitual da súa vida; como di Su aludindo ao proceso de carnavalización identificado por Bakhtin, nos seus estudos da cultura popular da Idade Media: As persoas fican suspensas das prohibicións e restriccións ao comportamento, aos medos, ao respecto pola autoridade. Di Su no seu traballo, que a carnavalización supón unha quebra da xerarquía, das normas sociais, políticas e relixiosas.
Boto unha ollada ao particular entroido brasileiro: mozos e mozas "garotas" locen os seus corpos esculturais, provocando á multitude que participa no sambódromo e nas rúas, apenas ataviadas cunha minúscula (ou non) máscara que as "protexe", e "reserva a súa identidade real" durante esta época de ficción.
Na informática, dada a importancia da apariencia, da metáfora, da ficción; de darlle un sentido humanizado ao mundo dos bits..., o concepto de máscara aparece por todos lados: (máscaras gráficas, capas, interfaces, ...)
Pero sobre o que quero reflexionar hoxe, é sobre ese "vivir continuo no entroido" da inmensa maioría das persoas que conviven na grileira entendida como un grandísimo sambódromo. Como no verdadeiro entroido, a ausencia de normas iniciais, trócase co tempo nun proceso autorregulado; cada un vai disfrazado como lle peta, ou ás veces como lle mandan.
Cando te identificas nun servizo da rede, podes crear o teu perfil case como che veña en gaña. É algo propio das comunicacións on-line, o uso de nicknames ou alcumes que poden ter que ver ou non ca identidade real; o uso de imaxes identificativas (avatares); ou outras formas alternativas de identidade, que en certo modo cumpren algunhas das funcións das fantasías e máscaras do entroido.
Ao final cando levas moito tempo "vivindo" na grileira, e fas un percorrido polos teus distintos perfís (dos múltiples formularios de servizos que cubriche algunha vez), pódeste levar unha sorpresa maiúscula, e chegar á conclusión de que eres unha especie de camaleón (que xa sabes que cambia de cor segundo a ocasión) ou de Mortadelo.
Tamén é certo que co tempo afaste a levar case sempre o mesmo disfraz (serán os anos) e os demais grilos ou surfeiros acaban tendo unha idea máis que aproximada de como eres na túa vida real,(ás veces incluso saben ou intúen máis do que demostras na realidade).
O meu actual alcume: xacaes ven de vello. O meu primeiro aquel era: caes (algunhas das iniciais do meu nome), despois de participar en diversas comunidades con el, e das múltiples caídas nos chats debido á penosa conexión que teño na casa, acabáronme dicindo: - que???... xa caes???, e asi foi como me quedei co: xacaes.
Pensaches algunha vez no/s teu/s perfil na rede?

Abrigarse na grileira

Vai sol, mais entra un aire frío do norte, que corta as verbas. Refúxiome no meu recanto (as raiolas de sol entran pola fiestra, e o frío queda fóra). Decido dar un paseo polo blogomillo para ir entrando en calor. E xa sabes co mo vai esto..., dunha baliza vas para outra e de cando en vez, afástaste do camiño trazado ata chegar a un novo sitio que balizar. O mapa vai medrando, facéndose máis complexo, pero segue a ser un mapa. Despois dun rato navegando, entro en calor e esquézome da climatoloxía exterior.
Entérome da presentación da comunidade alg-a o día 2 de febreiro na sala NASA de Compostela. Entro no RSS Blogomillo e vexo que coido que os feeds de sekeirox non o "alimentan" ben. Pescudarei por se hai algún erro.
Sigo navegando, e dou cun post en tintachina que me picou a curiosidade e abre unha nova rota pola que meterse, e argallar. Resulta que Gemma Ferreres, fala no seu post Tinta xinesa de como está a crear a súa "edición internacional" de tintachina, utilizando diversos traductores automáticos e tomando como fonte de inspiración: Spanish Speaking Bloggers Blogging in English: An Aggregator publicado en el eCuaderno de José Luis Orihuela.

Dende a lista: Constructivismo de hotmail, dou cun novo blog que se acaba de estrear na grileira: El constructivismo en el aula, que pola temática e o estilo dos seus posts, coido que me vai gustar.

Chamada de teléfono, corte na conexión (asi estamos neste pobo), teño que saír e enfrontarme de novo ao frío de finais de xaneiro.

Controloubeando (CtrlC - CtrlV)

NOtas soltas.... artigo en preparación...

Comunidades => comunicación => foros + weblogs

Gustoume o post da presentación de James Farmer: Communication Dynamics Web Presentation (with audio) sobre os foros e os weblogs como ferramentas facilitadoras de comunidades de investigación grazas ás súas dinámicas e características comunicativas. Fluida, directa.

"Asistimos" á EDUCAUSE NLII Conference

Podería ser estupendo. En D’Arcy Norman Dot Net o autor publica o post Podcasts from EDUCAUSE NLII Conference e fala da iniciativa de EDUCAUSE de "contarnos" si con audio, dun xeito "organizado" a través deste "recolledor" "contedor", o que aconteceu na EDUCAUSE NLII Conference. Bueno, bueno,..., ten moi boa pinta pensei, e alá fun. Cando cheguei, leveime a mesma sorpresa que levou a Tom Hofman a amolarse de verdade.
Cando chegas ao recolledor, atópaste cunha serie de posts (textuais) e tes que facer un par de "piruletas" (que diría unha amiga) para dar cos arquivos mp3 anexados, e o que é peor, cando tentei abrilos, deume unha mensaxe de erro. Despois de varios intentos conseguín ver (oír) o que quería ;).

Innovación Educativa: Tendencias

Como cada día, salta o meu chivato feedness, das novidades. Neste caso distintas fontes: firgoa, octeto,... apuntan ao artigo publicado en elearningeuropa.info: Hacia un nuevo paradigma de aprendizaje

Trátase dun estudo recente, no marco da iniciativa e do plan de acción eLearning da UE, que ven de identificar tendencias teóricas e prácticas innovadoras en novos contornos de aprendizaxe no ámbito da educación escolar en Europa.
O estudo completo: Study on Innovative Learning Environments in School Education en formato PDF(8 MB)

As conclusións do estudo suxiren un cambio do instruccionismo en favor do constructivismo, que se entende como o marco de referencia a seguir.
Analízase o concepto de contorno de aprendizaxe, entendendoo como un lugar ou comunidade onde se desenvolven actividades coa finalidade de apoiar a aprendizaje e que conta con numerosos recursos.

O cambio cara ao novo paradigma de aprendizaxe, segundo os autores, require cambios importantes nas percepcións comúns, que se poden resumir en:
- Visión dos alumnos como individuos, activos e responsables da súa aprendizaxe.
- Planificación da aprendizaxe en función de estilos e ritmos de aprendizaxe individuais.
- Atención á participación social, ás capacidades de comunicación e á colaboración.
- Cambio do rol do profesor: como asesores, guías, supervisores e facilitadores do marco de aprendizaxe dos seus alumnos.
- Da reproducción á construción de coñecemento. Da reproducción de contidos e datos á experimentaicón e a exploración para a creación de coñecemento.
- Reorganización da situación de aprendizaje: reorganización do currículo; enfoques multidisciplinares e unha organización e planificación do tempo distintas, tanto da aprendizaxe como do traballo do profesorado.

Abórdase o uso das TIC como potenciador, reforzador e axente transformador dos cambios cara o novo paradigma de aprendizaxe. A conclusión é que as TIC, tanto poden apoiar e conservar os métodos tradicionais; como ser un medio –ou un apoio– para transformar os métodos pedagóxicos e a organización da situación de aprendizaxe.

Como parte do estudo, analizáronse seis casos como exemplos de boas prácticas. Producto destas análises, sinalan algunhas das características dos contornos de aprendizaxe que utilizan as TIC como soporte de novas formas de aprendizaxe:
- O uso de TIC ofrece ás escolas a oportunidade de conectarse en rede con outras institucións e acceder a novas formas de aprendizaxe.
- O uso innovador da tecnoloxía a miúdo únicamente ten lugar dentro da aula, e non é moi habitual entre clases, entre escolas nin entre escolas e outras institucións ou organizacións.
- As TIC utilizanse principalmente en actividades de colaboración e de comunicación, produción e busca de información.
- As TIC utilizanse con menos frecuencia para xogar, para realizar simulacións e para outros usos experimentais.
- As TIC adoitan ser un catalizador de cambio, pero non determinan de por sí a dirección do cambio.
Algúns dos principais retos dos novos contornos de aprendizaxe:
- Necesidade de avaliar en novos términos.
- Superar as resistencias ao cambio tanto por parte dos alumnos como dos profesores e dos pais.
- Superar as dúbidas sobre os nuevos métodos de aprendizaje: sobre a capacidade das escolas para desenvolver as competencias que os alumnos necesitan para aprobar os exames nacionais e os das escolas que seguen métodos máis tradicionais; sobre a capacidade das escuelas para ensinar e ofrecer apoio aos alumnos con necesidades especiais.
- Superar as dúbidas sobre aa reorganización: dos tempos, os espazos, as metodoloxías...
- Atender ás dificultades dunha aprendizaxe independente.

30 retos de futuro

30 retos de futuro

Ontes, como cada mes, recibín na casa por correo ordinario, a revista Cuadernos de Pedagogía, nesata ocasión o número 342; podo lela na grileira, pero recibila e lela en papel, é un dos praceres e "vicios" que me sigo permitindo. O caso é que ontes foi día 19 e a revista sae o día 1, co que por "haches ou por bes" lina pero con "bastante retraso".
O titular principal é: 30 anos de historia, 30 retos de futuro; ou sexa que están de aniversario (30 anos xa son anos) e decidiron cambiarlle un pouco o formato, novas cores, nova maquetación,... agradécese.
Estupenda a entrevista a Edgar Morin; e clariños os 30 obxectivos prioritarios, que expón Jaume Carbonell, nos que debe traballar a educación nos próximos anos:
1- Lograr un pacto social pola educación entre as as administracións educativas, as forzas políticas e os axentes educativos e sociais.
2- Acadar a plena escolarización básica nos países pobres e a progresiva eliminación das altas tasas de analfabetismo.
3- Garantir o principio de igualdade de oportunidades entre todos os ciudadáns con medidas compensatorias e de discriminación positiva.
4- Impulsar programas de estímulo do éxito escolar e de prevención do fracaso escolar.
5- Mellorar a calidade da ensinanza.
6- Facer un bo uso das NTIC e das distintas fontes de aprendizaxe, para convertir a información en coñecemento relevante.
7- Fixar uns contidos e competencias básicos na escola obrigatoria.
8- Educar nos valores que contribúan a unha sóolida educación para a cidadanía e que protexan a convivencia democrática e a cohesión social.
9- Avanzar cara unha escola laica como mellor forma de garantir a pluralidade, a liberdade de conciencia e a convivencia.
10- Respectar a máis ampla diversidade individual e colectiva sempre que esta non xenere situacións de desiguladade nin actitudes insolidarias ou que atenten contra os dereitos humanos.
11- Intensificar a relación educativa entre alumnado e profesorado.
12- Propiciar e consolidar a democracia participativa.
13- Recuperar e promover as teorías e as prácticas máis innovadoras e creativas.
14- Crear unha ampla rede pública de escolas infantís e de outros espazos educativos.
15- Desenvolver un sólido dominio da linguaxe na Escola Primaria.
16- Crear bibliotecas escolares ben dotadas de libros e doutros materiais.
17- Dignificar a Formación Profesional e convertila nunha oferta atractiva.
18- Garantir unha aprendizaxe ao longo de toda a vida.
19- Consolidar o espazo europeo de educación.
20- Adecuar a función do profesorado ás novas demandas sociais e educativas.
21- Reorientar radicalmente a formación inicial do profesorado.
22- Concibir a formación permanente do profesorado como unha reflexión sobre a súa intervanción individual e colectiva.
23- Pormover redes de colaboración docente e enriquecer e consolidar as xa existentes.
24- Elaborar un Estatuto da Función Pública que regule a carreira docente, dereitos e responsabilidades e o sistema de incentivos.
25- Organizar un sistema de avaliación con participación democrática, continuo e coherente, que comprometa a todos os axentes educativos.
26- Outorgar maior autonomía para pensar e xestionar institucións educativas máis abertas e flexibles.
27- Obter máis tempo para educar mellor.
28- Comprometer ás administracións educativas para que sexan sensibles ás demandas maioritarias e prioritarias que se plantexan e poñan os medios necesarios para satisfacelas.
29- Crear comunidades educativas que comprometan a todos os axentes escolares e sociais do territorio.
30- Soñar sempre coa utopía.

Quen non está dacordo con estes obxectivos?... agora ben, coido que para estar realmente convencido de enfocar o traballo docente cara á súa consecución, é fundamental crer e ter sempre presente o último: Soñar sempre coa utopía..
O autor amplía a información relacionada con cada un destes obxectivos. Recapitular e facer este tipo de Declaración de intencións, sempre ven ben para non esquecernos: do mundo no que estamos; da función que desenvolvemos; e das ferramentas cas que contamos.

Sobre a creación de capacidades

Sobre a creación de capacidades

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005

Principios: 4. Creación de capacidades
29. Hai que ofrecer a cada persoa a posibilidade de adquirir as competencias e os coñecementos necesarios para comprender, participar activamente e beneficiarse plenamente da sociedade da información e a economía do coñecemento. A alfabetización e a educación primaria universal son factores esenciais para crear unha Sociedade da Información integradora para todos tendo en conta en particular as necesidades especiais das nen@s e mulleres. Á vista da ampla gama de especialistas nas TIC e a información que serán necesarios a todos os niveis, debe prestarse particular atención á creación de capacidades institucionais.
30. Debe promoverso o emprego das TIC a todos os niveis na educación, a formación e o perfeccionamento dos recursos humanos, tendo en conta as necesidades particulares das persoas con discapacidades e os grupos desfavorecidos e vulnerables.
31. A formación continua e de adultos, a capacitación noutras disciplinas e a aprendizaxe continua, a ensinanza a distancia e outros servizos especiais, tales como a telemediciña, poden ser chave á hora de beneficiarse das novas posibilidades ofrecidas polas TIC para os empregos tradicionais, os profesionais liberais e as novas profesións. A este respecto, a conciencia acerca da importancia que revisten as TIC e a adquisición de coñecementos nesta esfera son un cimiento fundamental.

Comentarios???

Máis sobre weblogs

Recollo de Mario Núñez en Avalúo, a sección sobre weblogs que teñen en M/cyclopedia of New Media. Moi interesante.

recolleita bilbiográfica sobre blogs

Vanesa en DEAKIALLI docu MENTAL, recolle entre outras cousas, vía Library Stuff, unha interesante e útil recolleita bibliográfica sobre blogs elaborada por Susan Herzog.
Esta documentalista (Information Literacy Librarian) que traballa na Eastern Connecticut State University, inclúe no seu Susan's Blog, ligazóns aos seus múltiples e variados blogs dos que destaco: o xa referenciado BlogBib; Blogging, no que fai ligazóns ás súas presentacións sobre blogs; The Plagiarism Blog, centrado no tema do plaxio e dos dereitos dos autores; The Websearch Blog, sobre a busca de información na grileira; The Google Blog e The Yahoo! Search Blog, centrados nas buscas con estas ferramentas; the websearch blog; Learning About RSS; BlogBib ALA 2002 ou BlogBib CARL 2002, con máis bibliografía interesante sobre os blogs, e utilizados pola autora como apoio para dúas conferencias.

Bitacorae aberto ao público

A través de Francisco Muñoz de Aulablog21, entérome de que está Bitacorae aberto ao público. Para os que estamos ollando posibilidades para mellorar o noso blog, pode ser unha estupenda noticia; depende de como calle esta iniciativa de bitacoras.com que está en fase inicial.