Usos educativos dos blogs
Vía Alec Couros dou cun listado de 13 artigos sobre o uso educativo dos blogs, publicados por Lore: An eJournal for Teachers of Writing. Will R. en Weblogg-ed fai interesantes comentarios de cada artigo.
Vía Alec Couros dou cun listado de 13 artigos sobre o uso educativo dos blogs, publicados por Lore: An eJournal for Teachers of Writing. Will R. en Weblogg-ed fai interesantes comentarios de cada artigo.
Anne Davis en EduBlog Insights, no seu post Using Comments to Teach Critical Thinking, fai unha interesante recolleita de comentarios a outros posts que revelan cambios nas ideas de que quen os realiza; formación de novas opinións; de novas relacións; comparacións; prediccións... Ler, reflexionar, comentar, reaprender.
Hillary Meeler en EduBlog Quest, dí que está totalmente dacordo ca analoxía proposta no Juha Haataja's weblog, Universal Rule, dicindo que aprender a escribir é como aprender a tocar o piano. Tanto unha actividade como a outra requiren dunha práctica diaria constante para producir un traballo efectivo.
É unha das tarefas máis difíciles de realizar, e a escritura e lectura de blogs, pode ser unha actividade enriquecedora no adestramento desta habilidade, xa que os estudantes expóñense a bos (e tamén malos) exemplos de escritura; e poden practicar as súas propias habilidades creando e compoñendo anotacións e comentarios.
Unha das cousas polas que teño debilidade, son as ferramentas multiusos.
Xa sei que normalmente temos "a ferramenta axeitada para cada cousa, creada cunha finalidade determinada", pero moitas veces os que gostamos da bricolaxe, dámoslle usos ás ferramentas para os que non foros creadas.
En Deakialli Docu-Mental, publican un interesante artigo sobre unha aplicación: Gmail Drive creada por Viksoe.dk que permite facer outro uso (como unidade de disco virtual) das contas Gmail. Moi útil mentres dure.
Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Principios:
24. O que todos podan acceder e contribuir á información , as ideas e o coñecemento é indispensable nunha sociedade da información incluinte.
25. É posible mellorar o intercambio e o incremento dos coñecementos mundiais para favorecer o desenvolvemento, se se eliminan as barreiras que impiden o acceso equitativo á información para realizar actividades económicas, sociais, políticas, sanitarias, culturais, educativas e científicas, e si se facilita o acceso á información que existe no dominio público, o que se pode acadar, entre outras cousas, mediante o deseño universal e a utilización de tecnoloxiás auxiliares.
26. Un dominio público rico é un factor capital do crecemento da sociedade da información, xa que xenera vantaxes tales como un público informado, novos empregos, innovación, oportunidades comerciais e o avance das ciencias. O acceso sen dificultade á información do dominio público é esencial na sociedade da información, como o é a protección desta información contra toda apropiación indebida. Habería que fortalecer as entidades púbicas tales como bibliotecas e arquivos, museos, coleccións culturais e outros puntos de acceso comunitario para promover a preservación dos rexistros de documentos e o acceso libre e equitativo á información
27. Pódese fomentar o acceso á información e ao coñecemento informando a todas as partes interesadas das posibilidades que brindan os diferentes modelos informáticos, o que inclúe os programas patentados, de fonte aberta e fonte libre e gratuita, para acrecentar a competencia, facilitar o acceso dos usuarios e diversificar a elección, e permitir que todos os usuarios conciban as solucións que mellor se axustan ás súas necesidades. O acceso asequible aos programas informáticos débese considerar como un compoñente importante dunha sociedade da información verdadeiramente integradora.
28. Esforzámonos en propiciar o acceso universal e equitativo ao coñecemento científico e a creación e divulgación de información científica e técnica, con inclusión das iniciativas encamiñadas ao acceso aberto no campo das publicacións científicas
Comentarios??
Uff, como empeza o ano, ¡¡a tope!! e eu todavía deixando o turrón e despedindo aos reis (Baltasar é co que máis trato teño). Menos mal que a grileira anda lixeira e un se pode ir pondo ao día a toda velocidade.
No que vai de ano, apareceron moitísimas novas no meu feedness, máis para ir reentrando en materia teño unhas cantas novas destacadas, nas que me vou a parar un pouco estes días:
En aulablog21 top 10 weblogs, de Multiply; e sobre todo a inauguración do foro edu-blogs como punto de encontro de todos aqueles que estean interesados na utilización dos blogs no ámbito educativo.
En orientaeduc.com: insertar imaxes con Uploadhut; e máis sobre a proposta de creación dunha bitácora colectiva.
En blog d'una profe, o achádego de furl; as súas experiencias con Skype; e sobre todo o seu balance en torno ao 2005.
En alzado.org, picasa unha pequena xoia de google
En edublog quest: learning to write is learning to think
A bloquedada do blogomillo, reseñada sobre todo na dorfunteca, en paleón e en todo nada....
...o achádego de novas bitácoras ás que botarlles un ollo ou un feedness... e moito máis que irei desmiuzando a medida que vaia afondando neles.
Uff, como empeza o ano, a tope... destacados no meu feedness:
En aulablog21 top 10 weblogs, de Multiply; e sobre todo a inauguración do foro edu-blogs como punto de encontro de todos aqueles que estean interesados na utilización dos blogs no ámbito educativo.
En orientaeduc.com: insertar imaxes con Uploadhut; e máis sobre a proposta de creación dunha bitácora colectiva.
En blog d'una profe, o achádego de furl; as súas experiencias con Skype; e sobre todo o seu balance en torno ao 2005.
En alzado.org, picasa unha pequena xoia de google
En edublog quest: learning to write is learning to think
A bloquedada do blogomillo, reseñada sobre todo na dorfunteca, en paleón e en todo nada....
o achádego de novas bitácoras ás que botarlles un ollo ou un feedness... e moito máis que irei desmiuzando a medida que vaia afondando neles.
Paco de Aulablog21, lavoulle a cara ao seu blog ;) (ainda que non lle facía falta ao meu parecer, porque estaba estupendo). A verdade é que lle está a quedar moi ben e sobre todo, o máis importante (sobre todo para el), é que mudou de xestor do blog, pasándose ao wordpress. A verdade é que teño un pouco de envexa, xa que teño pensado facer un cambio no sekeirox na mesma liña, máis non atopei nin o tempo nin os recursos para mudarme; e polo tanto seguirei facendo uso desta magnífica ferramenta que nos ofrece blogia. Ca súa nova ferramenta, Paco publica unha serie de posts, que me pareceron realmente de interese:
Fala do Snap log Photo Blog; moi interesante
Fala tamén do Email Icon Generator que descoñecía e do que xa fixen uso como se pode ver na sección Contact Ando de sekeirox.
E por último destaco o comentario que fai sobre unha plantilla para avaliar blogs: Blogging evaluation; haberá que analizala un pouco.
Vía Avalúo e Tecnologías de Aprendizaje, Mario A. Núñez fala da nova versión de Opera, que ofrece apoio para RSS e recibe ordes vía voz.
Ao respecto, Gemma Ferreres en tinta china, amplía un pouco a información e dí que non só recibe ordes vía voz, senón que lee (daquela maneira) en voz alta as noticias.
Paréceme, dende logo un novo paso de xigantes de cara á accesibilidade á información, e un descanso para a vista.
Sedia-m´eu na ermida de San Simión
e cercarin-mi-as ondas que grandes son.
Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá?
Estando na ermida, ant´o altar
cercarin-mio-as ondas grandes do mar.
Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá?
E cercaron-mi-as ondas que grandes son:
non ei barqueiro nen remador.
Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá?
E cercaron-mi-as ondas do alto mar:
non ei barqueiro nen sei remar.
Eu atendend´o meu amigu´E verrá?
Non ei barqueiro nen remador
morrerei fremosa no mar maior.
Eu atendend´o meu amigu´E verrá?
Non ei barqueiro nen sei remar
morrerei eu, fremosa, no alto mar.
Eu atendend´o meu amigu´E verrá?
Meendinho. Este xograr foi especialista en cantigas de amigo. Viviu no século XIII e empregou un nome desprovisto de apelido, diminutivo de Mendo. Pénsase que naceu nalgún punto da Ría de Vigo, posiblemente na parroquia redondelá de Quintela, por existir nela un lugar chamado "O Mendo", con vistas á illa de San Simón. A única composición que se conserva da súa autoría é a da ermida de San Simón, a 438, integrada no Cancioneiro da Vaticana. Foi escrita no ano 1250 é coñécese como a CANTIGA DE SAN SIMÓN CRTVG
Seguro que as ondas que cercaban á protagonista desta fermosa cantiga, a pesar da inquedanza que lle producían, e fóra de interpretacións literarias, non eran como as que asolaron estes días a unha metade do mundo.
Will R. e Mario Núñez fanse eco da nova do New York Times sobre a incidencia dos blogs no seguemento do desastre.
Ademais Will R. fai referencia a un blog creado para axudar ás víctimas do desastre, e tamén a entrada recollida na wikipedia sobre o tremor que asolou as costas bañadas polo Océano Índico.
O meu pesar e solidariedade cas víctimas.
Martin Shroeder de Online Learning Update fai un comentario sobre os usos que lle dan ás ferramentas de simulación na Universidade de Phoenix.
Seguindo co tema da voz, Gemma Ferreres en tintachina, fai referencia a dous artigos de mini-d e pjorge, sobre o podcasting. E Bea en Blog d'una profe publica un interesantísimo artigo sobre as utilidades didácticas do podcast (tamén revisei por onde anda Su ao respecto). Neste artigo Bea, conta os seus pasos co podcasting e os resultados, ademais fai unha avanzada de posibles usos educativos desta aplicación que sen dúbida será importante na docencia.
Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Principios:
23. Habería que concibir e aplicar políticas que cren un clima favorable de estabilidade, previsibilidade e competencia leal a todos os niveis, de modo que se atraia máis á inversión para o desenvolvemento de infraestructura TIC e que esta sirva tamén para cumprir as obrigas do servizo universal en rexións nas que as condicións tradicionais do mercado non o permiten. Nas zonas menos aventaxadas o establecemento de puntos de acceso público ás TIC en oficinas de correos, escolas, bibliotecas e arquivos poden garantir eficazmente o acceso universal aos servizos e a infraestructura da sociedade da información.
Catuxa en dekailli comenta que a través de Pablo Almeida enterouse da existencia de Speegle, e eu entérome a través dela.
Pareceume un recurso fantástico, ainda que supoño que estará en desenvolvemento e poderá mellorar moito máis. Trátase dun buscador cunha apariencia similar a Google, que ten a particularidade de ir lendo (oralmente) os resultados da búsqueda.
Tamén en dekailli, Vanesa fai referencia ao tema de TextArchive que eu destacaba no post anterior sobre a alternativa á iniciativa de Google, pero neste caso a mostran como unha alternativa a Google Print.
Xa comentei no post anterior, que estaría estes días navegando baixo mínimos, deixándome levar polo vento, pola forza das mareas,... pero tentando manter o rumbo. E como non son surfeiro experimentado, fago (como moitos dos actuais navegantes) un pouquiño de trampa e utilizo uns pequenos pero potentes motores auxiliares: neste caso o feedness. Axudado pola súa forza, dou vía fírgoa, con tres novas que me pareceron de gran interese, que coido gardan unha estreita relación.
Por unha banda, fan referencia a unha nova de noticiasdot.com , na que falan de TextArchive: a resposta da comunidade libre (concretamente da asociación sen ánimo de lucro "Internet Archive") emulando á iniciativa de construír unha gran biblioteca online, anunciada hai pouco polos responsables de Google: a Google Library. En TextArchive xa participan como doantes: a Biblioteca do Congreso estadounidense, a Universidade Carnegie Mellon, as Universidades de Toronto, Ottawa e McMaster; a universidade china de Zhejiang, o Instituto Indio da Ciencia ou a Bibliotheca Alexandrina de Egipto.
Por outra banda, destacan a través de barrapunto.com, o post de rvr que informa de que a versión en galego do Wikcionario, chegou a sobrepasar as 10000 entradas (10391 concretamente ás 13h de hoxe), colocándose dentro dos tres maiores wikcionarios.
E por último, e pola mesma vía, din tamén co artigo: Education for All Global Monitoring Report 2005 - The Quality Imperative, (o seu resumo pódese descargar tamén en fírgoa), no que se argumenta que a calidade: é o centro da educación; que inflúe no que aprenden os estudiantes, no ben ou mal que estudian, e nos beneficios que obteñen do seu proceso educativo.
Tras facer unha análise profunda da situación educativa de diversos países e a nivel mundial, fálase da importancia que teñen os gobernos tanto a nivel nacional como internacional, de cara a asegurar un ensino de calidade a todos os alumnos do mundo, por medio de políticas educativas solidarias.
A solidariedade e o compartir no ámbito educativo, son elementos comúns aos tres artigos comentados. Leerei este último da UNESCO con máis detemento estes días.
Nestas datas, baixaremos un pouco o ritmo, e como di dorfun, deixaremos que o pobo penetre un pouco máis nas nosas vidas. O aire que se respira nesta imaxe e nesta outra é o aire que respira sekeirox, e polo tanto o que respira quen escribe nestas datas.
*************Que pasedes unhas boas festas de Nadal e que o vindeiro ano sexa moito mellor que o que está a rematar.**************
Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Principios:
22. Un bo desenvolvemento de infraestructuras de rede e aplicacións de comunicación e información adaptadas ás condicións locais, rexionais e nacionais, facilmente accesibles e asequibles, e que utilicen en maior medida á banda ancha e, de ser posible, outras tecnoloxías innovadoras, pode acelerar o progreso económico e social e mellorar e benestar de todas as persoas, comunidades e poblacións.
Desenvolvemento para o sostemento e mellora
George Siemens publica en eLearnspace este interesante artigo sobre os ePortafolios. Completo: definicións, como e cando utilizalos; beneficios do seu uso; compoñentes dun ePortafolio; como crealos (proceso de creación); consenso ou estandarización; tendencias; e unha ampla bibliografía.
O compartir información, experiencias e esforzos na elaboración de información na rede ponse, cada día que pasa, máis doado. Só necesitamos pagar (que non é pouco) a peaxe para meternos na grileira; o resto é case todo de balde e ca posibilidade de compartilo: discos virtuais, galerias de imaxes online, blogs, podcasting, feeds, ePortfolios, wikis, redes sociais, ... e un sinfín de aplicacións, que teñen a súa razón de ser na rede.
Nesta ocasión, penso neste tema despois de ver por Onde anda Su ultimamente e de ler: este post de Albert Delgado en Edblogger Praxis e as ligazóns que nel se fan; despois de ler o que comenta James, en Incorporated Subversion; e despois de ler vía weblogg-ed, este interesante artigo de Naomi Augar, Ruth Raitman e Wanlei Zhou, da Universidade de Deakin, sobre o uso de wikis como ferramentas de ensino - aprendizaxe. Will, R. no mesmo post, pon como exemplo de uso de wikis o Planetmath.org. Stephen fai referencia ao artigo Extreme Blogging publicado en Forbes.com, comentado, pola súa banda, por George Siemens en elearnspace, no que falan dos wikis como "un paso máis adiante na democratización da web" con respecto aos blogs, xa que posibilitan que as contribucións individuais e máis ou menos ailladas a un tema a través de páxinas web normais ou a través de blogs personais, se podan combinar nunha tarefa de construcción viva de documentos. Comenta o seu autor, Matt Rand, que estas ferramentas encerran algúns riscos, no senso de que a bondade participativa deste tipo de ferramentas depende en última instancia do grao de control que desexe exercer o administrador do wiki, e do grao de implicación que teñan os colaboradores ou coeditores participantes do mesmo.
Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Principios
2) Infraestructura da información e as comunicacións: fundamento básico dunha Sociedade da Información integradora.
21. A conectividade é un factor habilitador indispensable na creación da Sociedade da Información. O acceso universal, ubicuo, equitativo e asequible á infraestructura e os servizos das TIC constitúe un dos retos da Sociedade da Información e debe ser un obxectivo de
todas as partes interesadas que participan na súa creación. A conectividade tamén abarca o acceso á enerxía e aos servizos postais, que debe garantirse de conformidade ca lexislación
nacional de cada país.