Blogia

Sekeirox

Modelos de deseño instruccional

En EduResources Weblog fan un comentario sobre este sitio publicado por Martin Ryder. Xa o tiña revisado nalgunha ocasión, e coido que é unha boa recolleita actualizada e categorizada de modelos de deseño instruciconal.

Construcción virtual da mente

Construcción virtual da mente

Facéndome eco de octeto destaco o artigo de Carles Monereo, publicado no número 9 da revista Interactive Educational Multimedia. Ao que adicarei un tempo de lectura nesta ponte entre días festivos, case que acueducto.

Tipoloxía de Comunidades Virtuais

No what's new do eLearningCentre e en elearnspace comentan o atrigo: A Typology of Virtual Communities: A Multi-Disciplinary Foundation for Future Research de Constance Elise Porter da University of Notre Dame, e publicado polo Journal of Computer-Mediated Communication da University of Southern California. O obxectivo central deste artigo é o desenvolvemento dun sistema de clasificación das comunidades virtuais, atendendo ás súas características definitorias. É un artigo que tenta poñer certa orde ante un dos termos máis utilizados polos investigadores educativos pero que aínda xenera certa confusión, dependendo do ámbito do que se analice. Neste artigo, defínise unha comunidade virtual como un conxunto de persoas ou entidades que interactúan en torno a intereses compartidos, estando esta interacción mediada na súa totalidade ou en parte polas TICs e guiados por algúns protocolos e normas.

Editar a memoria docente

En educar publican un post escrito por Paula Lorenzo, sobre o Programa Memoria Docente y Documentación Pedagógica del Laboratorio de Políticas Públicas de Buenos Aires Parten da idea de que os relatos constrúen a historia; e que as experiencias son o seu insumo indispensable. Polo tanto esta proposta concretada no web reúne relatos e experiencias educativas dos docentes. ten moi boa pinta a iniciativa.

Aprendizaxe por proxectos

Pola mesma vía de aulablog21, boteille unha nova ollada aos artigos publicados na eduteka. de todos eles, un máis interesantes para mín que outros, destaco os dous capítulos (capítulo 1 e capítulo 2 escritos por David Moursund, do libro Project-Based Learning Using Information Technology, publicado por ISTE e traducidos por eduteka.
Nel faise unha introducción ao tema da aprendizaxe por proxectos, as súas características; exemplos; recomendacións para a incorporación de TICs a este tipo de metodoloxía instructiva.

Weblogs na educación

Vía aulablog21 dou co artigo Weblogs en educación de Fanny Contreras, publicado na Revista Digital Universitaria de la UAEM.
De fácil lectura, fai unha descrición resumida dos weblogs e dos seus usos educativos.
Ademais, a Revista Dixital da UAEM, vaise converter nun novo lugar de parada. Ten moi boa pinta. Poñerei unha baliza.

Pormoción das TIC para o desenvolvemento

Pormoción das TIC para o desenvolvemento

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Principios:
A función dos gobernos e de todas as partes interesadas na promoción das TIC para o desenvolvemento
20. Os gobernos, o sector privado, a sociedade civil, as Nacións Unidas e outras organizacións internacionais teñen unha función e unha responsabilidade importantes no desenvolvemento da sociedade da información e, no seu caso, no proceso de adopción de decisións. Crear unha sociedade da información que teña como prioridade á persoa supón un esforzo conxunto que necesita a cooperación de todas as partes interesadas.

Máis aló do eProtafolio

Recorrendo as experiencias dos autores de elgg referenciados na anotación anterior, percorro unha serie de sitios e ligazóns que tratan o tema dos e-Portafolios:
- Canadian Reflections de Dave Tosh
- Vía elearnspace que citando a Darren atopo o ePortfolio Portal
- En educause, 27 publican o artigo: Keeping the Horse Before the Cart: Penn State’s E-Portfolio Initiative, de Glenn Johnson e David DiBiase.
- Por distintas vías: the e-Learning Centre; UNITAR; e sobre todo de Avalúo y tecnologías de Aprendizaje, dou co artigo Beyond the Electronic Portfolio: A Lifetime Personal Web Space (PDF)
Mario A Núñez Molina engade que a tese mantida por Ellen R. Cohn and Bernard J. Hibbitts neste artigo debe ser unha das metas de todo goberno que aspire a desenvolver ao máximo o potencial de cada un dos seus cidadáns. Engade ademais que se lle concedemos un espazo na Web a cada un dos nosos ciudadáns dámoslle a oportunidade de aportar á herdanza colectiva dun xeito concreto e permanente.
Coincido de cheo con él que as escolas deben ensinar aos nosos nenos a destreza de publicar na rede, e que para iso é necesario incidir na formación específica do profesorado nestes temas.

Máis servizos de Weblogs

Paco Muñoz de la Peña de aulablog21fai referencia nesta anotación á dispoñibilidade de novos servizos de Weblogs (algún deles, como nx en galego). Interesantes tamén os comentarios de Fabián ao respecto.

Documentos en formato aberto

Carles de sierto recolle e comenta a documentación oficial da Unión Europea sobre os formatos abertos: Available documentation on the Promotion of Open Document Exchange Format.

Traballlo colaborativo/blogging/e-portfolio

Vía HeadsPace J, dou con ELGG que como a define Jeremy é unha nova aplicación de traballo colaborativo en rede (Social Network, que inclúe en sistema de xestión e edición de contidos (Personal Publishing) que funciona como un blog e inclúe un servicio de ePortafolio = elgg
A ferramenta está nos seus comezos, pero coido que tal e como David Tosh e Ben Werdmuller están a montar esta aplicación combinando ideas simples para crear unha ferramenta poderosa, vailles ir moi ben.

As TEI no trabalho de educadores que cooperam em comunidades de pesquisadores

Vía EdBlogger Praxis, Albert Delgado, achéganos a tese de Suzana de Souza Gutierrez, (Dissertaçao apresentada ao Programa de Pós-Graduaçao da Faculdade de Educaçao da UFRGS como requisito parcial para obtençao do título de Mestre em Educaçao) recollida na Biblioteca Dixital da Universidade Federal do Rio Grande do Sul, e que comparte con todos nós.
Ten como obxectivo investigar a constitución e desenvolvemento de comunidades de investigadores, a fin de contribuir á construcción de alternativas para a formación de educadores no traballo cas TIC. Dadas as súas características, utiliza os blogs como contornos de aprendizaxe.
Estouna a ler, e estame a gustar moito.
Suzana, enhoraboa.

Edutic

Da man de alternativa recalo en edutic, onde están a afondar no traballo con Webquests e portafolios electrónicos.

Unha sociedade da información para todos: principios fundamentais

Unha sociedade da información para todos:  principios fundamentais

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005

Declaración de principios:
19. Estamos decididos a proseguir a nosa busca para garantir que as oportunidades que
ofrecen as TIC redunden en beneficio de todos. Estamos dacordo en que, para responder a tales desafíos, todas as partes interesadas deberían colaborar para ampliar o acceso á infraestructura e as tecnoloxías da información e as comunicacións, así como á información e ao coñecemento; fomentar a capacidade; reforzar a confianza e a seguridade na utilización das TIC; crear un contorno propicio a todos os niveis; desenvolver e ampliar as aplicacións TIC; promover e respectar a diversidade cultural; recoñecer o papel dos medios de comunicación; abordar as dimensións éticas da Sociedade da Información; e alentar a cooperación internacional e rexional. Acordamos que estes son os principios fundamentais da construcción dunha Sociedade da Información integradora.

Aprendizaxe e construcción do coñecemento na rede

Recollo de octeto, a nova sobre a recente publicación do número 5 da Revista Electrónica de la Universidad de Salamanca Teoría de la Educación: Educación y Cultura en la Sociedad de la Información. Trátase dun monográfico sobre «Aprendizaje y construcción del conocimiento en la red» coordinado pola doutora Begoña Gros Salvat da Universitat de Barcelona e que contén os seguintes artigos:

1. «La construcción del conocimiento en la red: límites y posibilidades» (Begoña Gros Salvat).
2. «Reflections on the transformation of education for the knowledge age» (Marlene Scardamalia).
3. «Websites construction as learning tools» (Isabel Álvarez & Brent Kilbourn).
4. «La formación del profesorado basada en redes de aprendizaje virtual: aplicación de la técnica dafo» (Pilar Colás Bravo e Juan de Pablos Pons)
5. «El rol del tutor en un ambiente virtual de aprendizaje para la formación continua de docentes» (Juan Eusebio Silva Quiroz)-
6. «Estudio sobre el uso de los foros virtuales para favorecer las actividades colaborativas en la enseñanza superior» (Begoña Gros Salvat e Mariella Adrián).
7. «Comunidades de aprendizaje en red: diseño de un proyecto de entorno colaborativo» (Antonia Lozano Díaz).

Palabras chave destes artigos sobre a aprendizaxe e a construcción do coñecemento na rede:
Comunidades de aprendizaxe; foros virtuais; actividades colaborativas; construcción do coñecemento; aprendizaxe situada; construcción colaborativa; contornos de aprendizaxe; Formación do profesorado; integración TIC; tecnoloxía educativa; rol de titor; foros.

Ferramentas para enriquecer o blog

Dou con blogbox.com onde se ofertan caixas do tempo, de fotos, de sons, de ligazóns... que poden axudar a enriquecer un blog.

Unha bitácora para alumnos e con alumnos

Fabian cóntanos como lle vai na súa experiencia co blog feito para os alumnos e polos alumnos, no que incide sobre todo na importancia de que os alumnos non só busquen información, senón que tamén a produzan. Conta como foi o proceso de posta en marcha da bitácora, da súa organización, asi como das dificulatdes coas que se foi atopando.
Gústame o traballo que está a desenvolver.

"bloghear" e "postear"

Vía weblogg-ed, Will, R fai unha interesante reflexión sobre a diferenza entre o "blogging" e o "posting"; fala das características da linguaxe cando se bloghea; do sentido de "audiencia" que desenvolve o blogger e das implicacións que ten este, sobre a súa forma de escribir.
Fala tamén da conveniencia de aproveitar e facilitar a oportunidade de bloghear para favorecer a mellora da escritura dos alumnos."

Imaxina

Imaxina

Sempre me gustou esta canción, pero dende que oín a nova de que lle van facer unha estatua a John Lennon na Coruña (seique está a quedar moi ben), e a un ano de lembrar os 25 anos do seu pasamento, ronda pola miña cabeza de cando en vez a música e letra de Imagine. Recollo de días estranhos a súa traducción ao galego:

Imaxina que non hai ceo
É fácil, se o intentas
Nin inferno debaixo de nós
Riba de nós, tan só o firmamento
Imaxina a toda a xente
Vivindo para o presente

Imaxina que non hai países
Non é difícil de facer
Nada polo que matar ou morrer
Nin relixión tampouco
Imaxina a toda a xente
Vivindo a vida en paz

Imaxina que non houbera posesións
Pregúntome se poderías
Non habería avaricia nin fame
Unha irmandade de homes
Imaxina a toda a xente
Compartindo todo o mundo

Podes dicir que eu son un soñador
Pero non son o único
Agardo que algún día ti te unas a nós
E todo o mundo vivirá coma un só

Inspiración en aulablog21

Magníficos, os catro comentarios que publican en aulablog21 con data de 21-11-04. Algunha das novas xa as coñecía como a de Google Scholar, pero non coñecía o directorio de programas gratuitos que destacan vía Avalúo y Tecnologías del Aprendizaje, ou o convertidor a PDF online, nin o artigo de Alek Couros: Presentation about Bloging in Education. Dá gusto cando dás con alguén que está inspirado nas súas pescudas e as comparte. Grazas unha vez máis.