Sekeirox |
![]() |
|
Edublogs 2009: en Getxo
Roa 2006 , Ayerbe 2007, Santiago 2008, e no 2009... agárdanos Getxo. Durante os días 2, 3 e 4 de xullo, en Aulablog estamos encantados de convocarvos a 4º Encontro de Edublogs 2009 , que se desenvolverá no IES Julio Caro Baroja de Getxo en Bizkaia. Visitade a sección creada especialmente para o encontro, Edublogs 2009 á que tamén podedes acceder dende o menú da esquerda. Comeza a conta atrás e as prazas son limitadas, só 100. Queremos seguir tendendo pontes, ¡¡en Getxo!!III Encontro de Edublogs 2008 - Santiago de Compostela
Roa 2006 , Ayerbe 2007 e en 2008... agárdanos Santiago de Compostela. Durante os días 3, 4 e 5 de xullo, Aulablog ten o gusto de convocarvos ao III Encontro de Edublogs 2008 , que se desenvolverá na Facultade de Ciencias da Educación da USC . A maxia que nos envolveu aos participantes no Encontro de Edublogs 2006 en Roa de Duero, acompañounos e encheunos de enerxías no encontro de Ayerbe 2007, este ano, estamos seguros de que tamén nos acompañará, polo que decidimos volver a vernos, coñecernos e recoñocernos nun ambiente afable, cordial e próximo, onde o verdadeiro interese é o gozo de encontrarnos, de aprender e de compartir o que sabemos. A temática central en torno á que se articula o III Encontro de Edublogs, que hoxe presentamos, é a creación de redes sociais educativas a través da utilización das ferramentas que nolo permiten. Conferencias, experiencias, obradoiros (redes sociais, blogs, wikis, ferramentas de autor, xestores de contidos, entornos virtuais de ensinanza - aprendizaxe, multimedia,.. ) e convivencia son parte da oferta recollida no programa deste Encontro. Como se recolle na páxina de información relacionada co Encontro, xa está aberto o prazo tanto para a inscrición como para o envío de comunicacións . Comeza a conta atrás e as prazas son limitadas. Agardámoste no camiño, en Santiago!!
Polo recoñecemento oficial das publicacións na rede![]() Blogfesora e compañeira Lu. O que non sentín foi sensación de sorpresa. Non tiven esta sensación, porque este incidente (accidente) que viviches e narraches "en calidade de... pringueision" é tan só unha consecuencia de "algo" que vimos dicindo e mantendo os que nos movemos pola blogosfera educativa. Ese "algo" é que imos (nalgúns eidos) un pasiño (máis ou menos longo) por diante da administración. Este "ir por diante" ten as súas vantaxes e inconvintes. Algunha vantaxe clara é, por exemplo, o sentir que estamos na punta de lanza (polo menos nunha das puntas de lanza) da innovación educativa; e iso fainos sentir ben, activos. Neste senso, case sempre "imos por fóra" do sistema, nun movemento subversivo marabilloso que nos mantén vivos e con ilusión. Ante esta situación o que temos máis ou menos claro (moitos de nós), é que teremos que facer algo para que a administración mova ficha e dea ese salto que lle falta para que o que che aconteceu Lu, non siga pasando. O tempo e as tendencias convertidas en usos máis ou menos normalizados das ferramentas e usos que nos unen, irán dando paso a un recoñecemento máis que xustificado deste tipo de traballo que todos desexamos que se valore. Mais non podemos agardar, senon axudar dalgún modo a que se visualice esta necesidade, por exemplo asinando no manifesto a prol do recoñecemento oficial do traballo na rede, ou engadindo as imaxes creadas para a campaña, entre as que está esta estupenda, (deseñada e traducida ao galego pola xentileza de Néstor Alonso) Máis información:
I Congreso Galego de Educación Infantil 0 - 3![]() Os días 27, 28 e 29 de xuño celebrarase o "I Congreso Galego de Educación Infantil 0-3" no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)No portal galescolas.net temos acceso a esta información sobre o Congreso. Nesta edición teño o gusto e o reto de formar parte da organización. Agardamos que a participación sexa inesquecible.Destinatarios: Persoal das escolas infantís Obxectivos:
Conferencias Plenarias: Diversas persoas de recoñecido prestixio axudarannos a facer unha reflexión teórica e práctica sobre a situación da educación infantil 0-3 e a importancia dunhas boas prácticas no traballo das escolas infantís. Relatores:
Paneis de Experiencias: Un dos obxectivos do Congreso é o de facilitar o coñecemento de experiencias que se están desenvolvendo no ámbito da educación infantil, e iso preténdese conseguir cos paneis de experiencias en que, a partir de pequenas comunicacións, moitas escolas infantís poidan poñer en común experiencias, reflexións e ideas sobre a súa práctica cotiá. Obradoiros: Desenvolverase algunha sesión de obradoiros alternativos sobre temas de interese para o traballo na educación infantil:
DOCUMENTOS DE INTERESE:
|
Temas
Archivos
Enlaces
BlogheadasCeroTresContornoDeseñoDeseño InstruccionalDocument AndoEdublogsEduc AndoEduticadasRecursos(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |