Blogia

Sekeirox

Compartindo con Preescolar na Casa. AMIE 07

O outro día, dende Biarritz, comentei sobre a chegada do grupo de amigos de Preescolar na Casa, á xuntanza con outros amigos da ACEPP (francesa) e do ICE de Portugal.

Agora, xa en casa, son moitas as notas a analizar, as fotos a subir a Flickr e sobre todo as sensacións a regustar. Falarei do que vivín, da organización, das distintas realidades educativas e rurais que puiden percibir grazas ao debuxo da situación que se nos achegou, por parte dos diversos participantes; O principal para min, foi o contacto coas persoas coas que fixen a viaxe, e despois a acollida dos amigos franceses e a disposción a intercambiar experiencias e coñecementos dos amigos portugueses.

Created with Paul's flickrSLiDR. . .

Dos primeiros, quedei encantado de que me tocase de compañeiro de habitación ao Toño do Lodoselo. Toda unha fonte de bo facer e de enerxía capaz de transmitir ese empurrón do que falaba na súa charla, (en canto poda, non dubides que me achegarei por Lodoselo, Toño); tiven a sorte tamén de estar en todo momento ben acompañado e desfrutar da conversa de auténticos "monstruos" na arte de contar; disfrutei de toda esa familia de Preescolar na Casa que me abriu os seus brazos coma se estivese con eles dende sempre, fixéronme estar moi a gusto. Grazas Carmen, Sara, Juan José, Verónica, Mónica, Alejandro, Manuel, Remedios, Jorge, Pablo, MªLuz, Josefina, José Manuel, Gertrudis, Toño, Ana Isabel, Esther, Mª Jesús, Mónica, Elena, Alexandra, Nila, Milagros, Avelina (calquera día che aparezo polos teus Ancares), José Carlos, Mª Carmen, Alejandro, Noa, Concepción, Manuel, Luz, Alicia, Sonia, Mónica, Moncho,
Antía, Brais e Xian, e tamén a José Luis que tan ben nos levou atravesando a península ata as terras francesas.

Quedan aínda moitas reflexións sobre o ali vivido, por contar no Sekeirox

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Segundo Encontro de Edublogs (Ayerbe2007)

O ano pasado foi Roa de Duero a sede do primeiro encontro de Edublogs, organizado e impulsado dende "Aulablog" e "El Tinglado". O 2007 a caravana de blogueiros, "edublogueiros" e persoas interesadas no uso de TIC nos contornos educativos, desprázase a Ayerbe. O 2º Encontro de Edublogs (2007) xa está lanzado e a maquinaria en marcha. Só faltas ti por apuntarte (como aconteceu o ano anterior, o aforo está limitado a 50 persoas ou sexa que se non o queres perder xa sabes...

As datas, nas que esperamos revivir e reforzar o espirito de cordialidae, camaradería e bon facer que vivimos en Roa, son o 4, 5 e 6 de xullo

Este encontro, terá como tema central as competencias dixitais nos novos currículos do ensino obrigatorio.

O mesmo que acontecera o ano pasado, haberá espazo para comunicacións, obradoiros, mesa redonda, charlas, e moi bo rollo. Tamén lanzarase un meme, que o terá difícil para superar a participación e as reflexións que suscitou o da primeira convocatoria. Ademais, na páxina do evento, está aberto e agardando polas túas aportacións e opinións, o foro sobre este e outros aspectos importantes relacionados coas tecnoloxías e o ensino.

Se estás interesada ou interesado en presentar unha comunicación no encontro, ou coñeces a alguén que o estea, é necesario enviar un arquivo adxunto á dirección

n blogfesores@gmail.com Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla indicando no asunto: Comunicación.

Tamén nesta web podes atopar o formulario para realizar as Inscripcións

Se ademais necesitas hospedaxe tes información, por exemplo aqui:

Este é o Programa do Encontro sobre o que iremos falando e ampliando datos dende aqui .

 

ayerbe.jpg

 

 

AMIE:nenos, pais dos medios rurais. Foro Europeo

AMIE:nenos, pais dos medios rurais. Foro Europeo

Tras unha longa pero boa viaxe dende Galiza chegamos a Biarritz (Francia), cidade que nos acolleu de marabilla aos asistentes ao Foro Europeo AMIE . Unha ampla representación de persoas "amigas" de Preescolar na Casa (Galicia), ICE (Portugal) e ACEPP (Francia) acudimos a esta xuntanza que ten un programa do máis completo e interesante. A convivencia e a acollida que tivemos foi de sacar o sombreiro. A maratoniana xornada do sábado (A acollida 9:00h, a apertura as 10:00h, a continuacion a conferencia debate: De l'éducation à l'engagement citoyen pour le développement des territoires ; e pola tarde ás 14:30h os obradoiros nos que se traballou sobre os temas abordados na conferencia matinal; as 17:30h as conclusións dos obradoiros; e remataremos cunha velada festiva amenizada por unha coral de cantantes do País Vasco, que son moi boas; en canto remate esta anotación alá vou.

A xornada de mañá tamén se prevé do máis interesante: ás 9:30h comenzará a exposición de diversas experiencias desenvoltas nos diversos territorios polas institucións que forman parte do programa AMIE .

En canto volte, a crónica do evento máis detallada.

Xa hai algunhas fotos do encontro na rede. Pola minha parte puxen algunhas en flickr, coa etiqueta: amie07

Web social educativa 2.0. Aplicación didáctica dos blogs

A presentación elaborada dende educastur sobre blogs e o seu uso educativo pareceume fantástica. Parabéns polo traballo que están a desenvolver.

Acuarela

Acuarela

O outro día, aproveitando o "festivo", estivemos a gozar do bo tempo e dun fermoso contorno. Entre as actividades que nos propuxemos realizar coa máis pequena, estivo a de tentar debuxar distintos lugares e momentos da nosa estadía . Saíron cousas ben bonitas: algunhas, quedaron recollidas pola cámara; outras en papel, outras en servilletas e esquencidas nalgunha cafetería; e moitas, moitas,... na praia,... borradas, con toda seguridade polas pegadas dos paseantes descoidados e pola seguinte marea alta, que non se apiada do maxín e do esforzo creativo. En todo caso o realmente interesante foi o proceso e os bos momentos de representación gráfica do maxín da pequena, como pasa na cantiga (non debemos deixar que o paso do tempo esvaeza as cores e a imaxinación) que recollo do Laboratório de Desenhos  : unha moi boa fonte de recursos educativos.

 

 

Innovación educativa: Premios e convocatorias

Inda que xa pasaron uns días, fágome eco dun par de convocatorias a prol da Innovación educativa por parte da Administración autonómica.

A primeira trátase da convocatoria de 10 proxectos destinados á incorporación das TIC nos centros (os beneficiarios recibirán un paquete multimedia e ata un máximo de 2000 euros para a posta en marcha do proxecto, e asesoramento ao profesorado). 

A segunda é a convocatoria de 25 premios á innovación e investigación educativa para o profesorado do ensino non universitario .

 

 Texto íntegro das convocatorias:

 

Santiago, 7 de maio de 2007.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe axudas para a realización de 10 proxectos de innovación educativa, que se desenvolverán no curso 2007-2008, para a incorporación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) ao proceso educativo.

Poderán participar nesta convocatoria os centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os seleccionados recibirán un paquete multimedia composto por un encerado dixital interactivo, un proxector e seis ordenadores portátiles, como máximo, que se enviarán no primeiro trimestre do curso académico 2007-2008. Ademais, percibirán unha dotación económica de ata un máximo de 2.000 euros para a posta en marcha do proxecto; así como asesoramento para o profesorado do centro, co obxectivo de mellorar o aproveitamento dos recursos informáticos e facilitar a súa incorporación á docencia. Así mesmo, os centros de formación e recursos proporcionaranlles aos centros docentes apoio e asesoramento, tanto para a elaboración dos seus proxectos coma para o seu desenvolvemento.

Por outra banda, estes centros terán acceso ao espazo web www.edu.xunta.es/contidos/rede_tic, o que lles permitirá facilitar a creación e organización de materiais e recursos educativos por medio das novas tecnoloxías. Ademais, a Administración educativa difundirá as experiencias dos centros seleccionados a través da rede, e publicará os materiais producidos a través do portal galego de contidos educativos www.edu.xunta.es/contidos. Os centros seleccionados pasarán a formar parte da rede TIC 2007-2008.

As solicitudes valoraranse atendendo a criterios coma o carácter innovador e pedagóxico do proxecto e a súa integración no proxecto curricular do centro; a coherencia do proxecto coa proposta de organización e dotación de espazos e de aulas no proxecto educativo do centro; e o acceso en igualdade de condicións e o fomento de valores democráticos. Outro dos aspectos avaliados será a viabilidade do proxecto, tendo en conta o compromiso do profesorado coa formación no uso das TIC; a garantía de continuidade do proxecto; ou a experiencia previa na participación e desenvolvemento de proxectos de innovación ou formación e a experiencia en TICs do centro e os participantes. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá.

Esta convocatoria recolle a política da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na promoción do acceso ás novas tecnoloxías e no apoio ao desenvolvemento docente; tendo en conta que a competencia dixital é clave para a aprendizaxe ao longo da vida, e que o uso das TICs con fins educativos abre novas dimensións e posibilidades nos procesos de ensino e aprendizaxe.

 

A segunda:

 

Santiago, 13 de maio de 2007.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixo pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 8 de maio a convocatoria de 25 premios á innovación e investigación educativa, dirixida ao profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondo públicos. O obxectivo desta acción é recoñecer o traballo realizado polos docentes neste eido, así como promover prácticas educativas innovadoras. O investimento ascende a 32.000 euros.

 

A Administración educativa inviste un total de 32.000 euros nesta acción

A modalidade A premia experiencias educativas que supoñan innovacións didácticas

A segunda modalidade céntrase nos recursos destinados ao alumnado con necesidades específicas de apoio, e nos materiais relacionados co plurilingüismo e o eido científico-tecnolóxico-matemático

Os docentes galardoados poderán recibir entre 1.000 e 3.000 euros en premios


A convocatoria inclúe dúas modalidades (A e B). A primeira premia experiencias educativas que supoñan innovacións metodolóxicas e didácticas sobre calquera área e sobre a organización dos centros docentes; mentres que a segunda está dirixida aos materias e recursos destinados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo; a materiais relacionados co plurilingüismo, utilizados nas seccións bilingües; e recursos relacionados co ámbito científico-tecnolóxico-matemático.

Na modalidade A, o primeiro premio está dotado cun total de 3.000 euros; os dous segundos coa cantidade de 1.500 euros; e os 10 terceiros con 1.000 euros. Na segunda modalidade, a Administración educativa convoca dous premios de 2.000 euros para os materiais dirixidos ao alumnado con necesidades específicas de apoio; e cinco premios de 1.000 euros para os recursos relacionados co plurilingüismo. Ademais, haberá 5 premios relacionados co ámbito científico-tecnolóxico-matemático; un primeiro cunha dotación de 2.000 euros; dous segundos de 1.500 euros; e dous terceiros de 1.000 euros.

A comisión seleccionará os traballos tendo en conta o carácter innovador ou integrador de prácticas educativas novas, eficaces e sustentables, no caso da primeira modalidade. Ademais, terá en conta a calidade da investigación ou avaliación previa que lle dea fundamento ao traballo; así coma a adaptación do traballo ao alumnado e ás súas necesidades e capacidades, tomando en consideración a variedade de situacións educativas. Tamén se valorará a calidade do deseño didáctico, materiais e presentación gráfica, a capacidade para ser difundido e a transferibilidade a outros contexto educativos.

Ademais, na segunda modalidade teranse en conta criterios coma a axuda que presenta á resolución de problemas didácticos concretos nunha área ou materia; a adaptación á realidade galega, á súa diversidade, aos seus valores e sinais de identidade; o deseño pedagóxico e a adecuación ás últimas tecnoloxías, etc. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 15 de setembro de 2007.

 

Paseando con Platero

Paseando con Platero

O outro día, na aulablog21 de Paco coñecín Paseando con Platero , unha adaptación de "Platero y yo" de J.R. Jiménez. A presentación: coidada e currada, pareceume un bo traballo de Elías Colomo Cámara, a quen felicito, do IES Santo Reino (Torredonjimeno - Jaén) en cuxa web tamén gostei dos mútiples recursos ofrecidos para gozar da literatura cos alumnos e demais visitantes.

As letras galegas...

Mañá día 16 de maio estamos de celebración en Galiza. Un destes "Día de..."; como cando é o día da nai, ou do pai, ou de... facemos unha homenaxe especial en forma de agasallo ou recordatorio especial. Personalmente non gosto demasiado dos "Días de..." aínda que entendo que poidan ter o seu papel. Neste caso, e pola súa importancia, todo o que se poida facer a prol do galego, antóxaseme imprescindible e insuficiente.

Este ano, o día das letras galegas 2007, está dedicado a María Mariño a verba interior materializada e inmortalizada na escrita. De Recursos educativos para mestres , recollo estes dous recursos para o seu uso nas aulas.

e

E seguindo coas celebracións ou "días de...", o 17 poderemos celebrar tamén o Día de Internet . Co gallo desta celebración, na ETSE da USC organizáronse unhas xornadas: "Estratexias TIC e de Sociedade da Información en Galicia " promovidas polas tres universidades galegas e a Consellaría de Innovación.

___

Actualización

Vía mancomun.org dou co relatorio: "Século XXI: a lingua galega na internet" que vai desenvolver AGNIX o vindeiro día 17 en colaboración polo SNL do Concello, a DXPESI e mancomún.org

 

2ª Actualización:

Ligazon a algúns dos poemas de María Mariño .


 

Os gañadores do I Premio Espiral Edublogs 2007 son...:

Despois de moito tempo sen prestarlle a atención que se merece este espazo, debido sobre todo a un reaxuste na concentración das enerxías, volvo a comentar sobre o "I Premio Espiral Edublogs" 2007. 

En primeiro lugar, teño que agradecer aos responsables de Espiral, por contar conmigo para a valoración dos blogs presentados. Foi un gran traballo de todo un equipo de avaliadores, que dedicamos parte do noso tempo a observar e dar a nosa opinión sobre diversos aspectos das candidaturas. Para min foi unha gran satisfacción, porque tiven a ocasión de afondar en blogs que xa coñecía e que tiña como referentes, para descubrir novas xoias da blogosfera educativa, e sobre todo para aprender, tanto dos meus compañeiros "avaliadores" como do moito e bon que se está a facer nas aulas utilizando as TIC e neste caso os blogs.

O resultado do premio, que desglosarei a continuación, é fonte de gozo e satisfacción para os elixidos, mais debe selo tamén para todos os presentados, porque o compartir, expoñer e razonar as propostas educativas cos demais, as ideas, os recursos ten un valor para min moi superior ao de calquera premio.

Para min, é moi interesante o resultado tamén, xa que nos debe axudar a reflexionar sobre as tendencias e os conceptos que manexamos neste mundo "blogosferil" , pero sobre todo o que máis me encheu de todo isto, foi o proceso; o proceso de construcción e a evolución de cada blog particular; e o proceso de presentación, argumentación e a valoración en si mesma.

Tamén moi interesante, a presentación de candidaturas en galego, candidaturas, todas elas de gran calidade e algunhas delas resultaron premiadas nalgunha das categorías.

Parabéns logo, para todos: os presentados, os galardonados, os promotores da idea e os que nos tocou a difícil tarea de valorar o traballo dos demais.

Blogs premiados nas distintas categorías.

Blogs de aula

Euskaljakintza
Entre lilas y amapolas olvidado
Cuaderno de Psicología

Blogs de Centros

BioGeo
Guía de Información académica e Profesional
iesquintana.net

Blogs de Colectivos

CHIODO SCHIACCIA CHIODO
Iguales en Las Tres Mil
A Nosa Biblioteca 3.0

Mencións

Zonatic-n
Fem química!
Blog de Mar Gallego

Blogs de Profesoras e Profesores

A pie de aula
Las TIC en Plástica
La lechuza de Minerva

A entrega de premios realizarase na Jornada de Espiral que se celebrará os días 8 e 9 de xuño en Barcelona, Colegio Oficial de Doctores y Licenciados.

Agardo poder asistir (agradezo dende aqui a invitación ao evento).

I Premio Espiral de Edublogs

I Premio Espiral de Edublogs

O outro día Juanmi Muñoz, presidente da Asociación Espiral, propúxome participar dalgún xeito no "I Premio Espiral Edublogs". Pola miña parte tentarei axudar na decisión de quen levará os premios que se conceden.

Ao marxe dos premios en si, considero esta unha iniciativa mais que interesante para dar a coñecer as experiencias que se están a desenvolver en galego, catalán, euskera e castelán no campo dos blogs no ámbito educativo.

Dende aqui, gustaríame facer un chamamento á participación de todos aqueles que teñades un blog de corte educativo (profesoresorado, alumnado, Centros, Centros de recursos, Institucions educativas,...). A continuación unha descricion da convocatoria do I Premio Espiral de Edublogs

A Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía , convoca o I Premio de Edublogs 2007.

Bases

Este premio pretende:

  • Valorar a importancia dos blogs na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares.
  • Recoñecer o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica.
  • Servir de escaparate motivador dunha corrente educativa dentro da blogosfera, que axuda á xeneralización do uso das TIC na aula.
  • Favorecer canles de opinión e debate sobre a necesidade de avanzar no uso dos blogs na contorna educativa.


Categorías do premio:

  • Blogs de profesores e profesoras: blogs individuais que teñan contido educativo, ben sexa que :
      • ou Contén reflexións sobre a aula e a educación en xeral.
      • ou Ofrece recursos para outros profesores.
      • ou Elabora materiais didácticos.
      • ou Ten un marcado contido educativo.
  • Blogs colectivos de profesores.
  • Blogs de Centros educativos: Colexio, Instituto ou Departamento Didáctico.
  • Blogs de Aula: blogs de uso das alumnas e alumnos onde colgan actividades e exercicios, ben sexa colectivos ou individuais: Blog de profesorado máis os blogs individuais dos alumnos e alumnas, ou blog colectivo de aula da asignatura.
  • Mencións:
      • ou Blogs institucionais, Centros de profesoresde (CPRs, Berritzegunes, CEFIREs, etc): Centros de Asesoramento e Formación do Profesorado que utilizan o blog como coordinación para:
        • Seminarios de Traballo.
        • Coordinación de responsables TIC.
        • Ofrecer servizo de asesoramiento en xeral.
      • ou Blogs de portais e asociacións que ofrecen diversos servizos con relación aos edublogs e a educación.


Premios

Establécense tres premios por cada categoría co motivo do logo deste premio, unha peonza sobre unha espiral :

  • Primeiros premios: Peonza dourada
  • Segundos premios: Peonza plateada
  • Terceiros premios: Peonza bronceada
  • Mencións: Peonza natural


Os premios entregaranse na Xornada de Espiral que se celebrará o día 9 de xuño en Barcelona.

Idioma do blog

Poden presentarse a este Premio blogs de calquera país sempre que estean escritos nalgunha das linguas oficiais do Estado Español: castelán, catalán, euskera e galego.

Proceso de selección e propostas

* Ábrese un periodo de tempo comprendido entre o 27 de febreiro e o 23 de abril para presentar candidaturas a cada categoría.

  • As candidaturas dos blogs poderán ser presentadas por calquera persoa mediante un correo electrónico dirixido a edublogs@ciberespiral.net. Incluirase unha breve valoración sobre o mesmo indicando as ideas principais que xustifican a súa proposta.
  • Cada candidatura será publicada nun artigo neste blog.
  • As candidaturas poden ser valoradas posteriormente por outros lectores mediante comentario en cada artigo ou proposta.
  • As valoracións/comentarios aos blogs candidatos pecharanse o 23 de abril.
  • As propostas e valoracións realizadas aos candidatos serán tidas en conta polo xurado que emitirá o seu fallo entre o 7 e 13 de maio.


Criterios de valoración dos blogs que terá en conta o xurado

  • Deseño e usabilidade do blog.
  • Recursos ofrecidos e utilidade didáctica para a aula e o resto do profesorado.
  • Valoración xeral dos contidos do blog.
  • Grao de popularidade e visitas do blog.

Diálogos en Educación

 

Ontes, souben pola prensa: que dentro do programa do curso de formación do profesorado "Diálogos en Educación", organizado polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol (CEFORE), (dirixido ao profesorado e membros das ANPAS; e impartido nas dependencias do IES Sofía Casanova), este xoves 25, tería lugar a xornada: "Os retos educativos na Sociedade do Coñecemento". Os poñente convidado para a ocasión, foi todo un luxo: Os que tivemos ocasión de asistir puidemos compartir a charla con Jordi Adell Segura. Do Centro de Educación e Novas Tecnoloxías (CENT) da Universidade Jaume I de Castellón. Tamén participaron na mesa redonda, Miguel Ángel souto Fraga (Delegado da Voz de Galicia); Eduardo Crego Alonso (Profesor de Matemáticas do CPI Monte Caxado) e Xoán Carlos Albarellos Codesido (Asesor TIC do CFR de Ferrol).

Jordi Adell, demostrou as súas dotes de gran orador, e amenizou unha conversa axeitada ao nivel da maioría dos asistentes. Fixo un percorrido evolutivo das tecnoloxías da información e da comunicación, partindo das primeiras mostras escritas ata chegar aos nosos días; e fixo fincapé na aceleración progresiva que van adquirindo os cambios conforme nos achegamos aos nosos días e dende as orixes da escritura. Falou da relación recíproca entre os cambios que as persoas imprimen nas tecnoloxías e nos cambios que estas provocan nas persoas.

Abordou a temática da fenda dixital e detívose na reflexión das formas de vivir dos rapaces de hoxe en día (nativos dixitais) con respecto aos inmigrantes dixitais (case que a maioría dos asistentes á charla).

Falou do cambio que se debe dar nas formas de facer na escola, atendendo ás novas realidades que nos atopamos nelas; fixo fincapé nas novas realidades de alfabetización dixital.

Aproveitando o comentario de que estarían a facer os fillos dos asistentes ao evento, fixo un percorrido polas ferramentas máis utilizadas no contexto da denominada web2.0 incidindo no seu carácter eminentemente participativo e social.

A raíz do debate suscitado, comentou que o problema máis gordo non son os medios en si mesmo, senón o que estes aportan ao discurso dos docentes, como estes poden axudar a plasmar a creatividade necesaria dos docentes de cara a aportar solucións imaxinativas e colaborativas que atendan ás necesidades dos rapaces. Falou, de forma sucinta, de posibles propstas didácticas participativas, como poden ser as Webquests, "xa que para facer o mesmo que se ven facendo ata o de agora nas aulas, pero utilizando novos medios, pois mellor adicar os esforzos a outras cuestións xa que non se mudaría nada ou case nada; e a escola seguirá a estar desfasada".

Fixo unha defensa da súa forma de ver a vida, na procura dunha sociedade máis libre, máis informada e máis feliz, dende a defensa da filosofía do software libre. E amosou a súas dúbidas sobre o éxito de propostas dirixidas dende arriba e que coa participación dos monopolios editoriais, pretenden aglutinar o esforzo creador dos profesores. Apostou pola colaboración e cooperación a pé de aula, de centro, de contornos de intereses compartidos, vaian crean do un fondo que chegue nalgún momento a convertirse nos materiais de referencia para os profesores que o desexen.

Nos comentarios xurdidos a raíz das diversas intervencións puiden escoitar en voz alta (ata o de agora só o oira en forma de runrun) que a administración educativa galega vai apostar decididamente polo software libre, e vaille ofrecer aos profesores a posibilidade de utilizar Drupal como xestor de contidos e Moodle (entre outras) como plataforma de ensinanza en liña.

Gustoume a experiencia. a verdade é que me colei na festa (non estaba apuntado nin asistía para conseguir o ansiado papeliño, senón porque realmente quería escoitar en directo a Jordi Adell, que é un referente e un gran orador.

Polo que estiven a ver no programa do curso, é posible que me cole (se me deixan) nalgunha outra das xornadas, que tamén contan con persoas de renome no eido educativo:

Febreiro:

Xoves 15. "As competencias básicas do alumnado, un referente para avanzar"- Jaume Sarramona i López. (Dpto de Pedagoxía Sistemática e Social da UAB); Germán Castro Tomé (Director Diario de Ferrol); Mª Jesús Varela Souto. (Profa IES Fernando Esquío de Neda) e Xosé Ramos (Director do CFR de Ferrol)

Marzo:

Xoves 15- "A comprensividade e a atención á diversidade". Mariano Fernández Enguita (Facultade de Ciencias Sociais. Universidade de Salamanca); Germán Castro Tomé; José alejo González (Orientador IES Sofía CAsanova de Ferrol); Gemma Argüelles Botana (Asesora do CFR de Ferrol)

Xoves 29. "O reto da educación intercultural" (F. Javier García Castaño (Laboratorio de estudos interculturais. UG); Germán Castro Tomé; Ana Veira García (Profa. IES. Breamo Pontedeume); Mª José Souto Lorenzo (Asesora do CFR de Ferrol)

Abril:

Xoves 19. "A educación en valores, educar ou instruír?". Jurjo Torres Santomé (Facultade de Ciencias da Educación. UdC); Germán Castro Tomé; Alberto Sucasas Peón (Prof. IES Sofía CAsanova); ánxela Loureiro Fernández (Asesora do CFR de Ferrol)

Maio:

Xoves 10: "A avaliación nos centros educativos" Miguel ángel Santos Guerra. Facultade de Ciencias da Educación UMálaga); Miguel Ángel Souto Fraga; Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (Directora IES Mugardos); Francisco Castillo Rodríguez (Asesor do CFR de Ferrol)

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Teaching and Developing Online TADO

Teaching and Developing Online TADO

O outro día , Darren Cannel, de Teaching and Developing Online (TADO) , con motivo das festas do Nadal, lembrábase das persoas e sitios que teñen algún vencello co seu blog. Dicir que é unha das miñas lecturas habituais e que lle agradezo que se lembrara de Sekeirox.

Teclado multilinguaxe en calquera lugar do mundo

Teclado multilinguaxe en calquera lugar do mundo

Teño comentado moitas veces, que gosto moito de todas aquelas ferramentas que nun momento determinado nos fan a vida máis doada. Despois de ler a anotación de Juan Miguel Muñoz e a de Catuxa en Deakialli , estiven a probar o teclado virtual de Gate2Home (un emulador online de teclado multilingüe). Para certas situacións pode ser unha axudiña, como di Juan Miguel. Ademais de poder copiar e pegar o texto escrito no emulador, utilizando todas as letras do idioma seleccionado, para envialo por correo por exemplo, é posible lanzar directamente unha búsqueda nos buscadores habituais, na Wikipedia ou facer unha traducción do texto marcado a diversos idiomas utilizando o Babylon , o que pode resultar doblemente útil, cando estamos no estranxeiro e os teclados non escriben como estamos afeitos.

Recoméndase non apagar o mobil

Recoméndase non apagar o mobil

Resulta habitual en moitos espazos que nos rodean, ver carteis de: Prohibido o uso do mobil; ou Apague o seu móbil. Nas aulas, mesmo: - Como vexa ou escoite algún mobil...

Pois despois de ver novas como a que escoitei ontes na radio e da que se fixeron eco numerosos medios de comunicación, como por exemplo Galicia Hoxe , non nos debe estranar que en certas ocasións mesmo animemos, por exemplo aos alumnos, a levar consigo o seu mobil e a que o teñan aceso. Trátase de sacarlle punta a esta forma de acceso á información, e pensar con certa creatividade nos usos educativos que se lle pode dar a esta tecnoloxía presentada na sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia. Como recollen no citado xornal, "calquera usuario que visite dende agora as mostras abertas na entidade acompañado dun teléfono móbil con tecnoloxía Bluetooth poderá recibir datos e ata material audiovisual sobre as mesmas no seu propio terminal". O sistema "facilita que os propios artistas sexan os que presenten a súa propia exposición", o cal constitúe tamén unha novidade interesante. Podería ser por exemplo cunha presentación en vídeo coma a que gravou o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, para a exposición Galicia, a forza da palabra, dedicada ó centenario da institución.

Imaxinade, por exemplo esa clase de literatura, na biblioteca do centro, e ao achegarnos aos libros recomendados, cada alumno recibe no seu dispositivo mobil con bluetooth os comentarios do autor, do profesor ou do experto na materia; ou mesmo as indicacións para ir realizando o comentario...para imaxinar, pensar, reflexionar e soñar. Que usos se vos ocurren no eido educativo?

Bitácoras, Blogs e Fotoblogs: as novas canles de expresión

Bitácoras, Blogs e Fotoblogs: as novas canles de expresión

Se podo achégome o vindeiro sábado 13 de xaneiro pola tarde (pola mañá non podo, que estarei no Obradoiro de Blogs que imparto en Betanzos) á xornada que organiza o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche en Santiago de Compostela. Como leo en Código Cero : "A xuntanza, titulada Bitácoras, Blogs e Fotoblogs: as novas canles de expresión, xirará arredor da seguinte cuestión: a revolución social e comunicativa que xorde do fenómeno blog, os fotologs e a práctica do podcast. A xornada servirá para afondar nas posibilidades que achegan estes novos formatos de expresión, “e como constitúen hoxe en día unha ampla rede social cun bo emprego da lingua galega”. Será unha boa ocasión de escoitar e aprender de María Yáñez. Que é unha bitácora. Reflexión sobre o fenómeno da extensións dos bitácoras e outras canles de expresión por internet. Raquel Gamallo e Manuel L. Pan . Ferramentas e recursos en galego para crear blogs. Alberto Yáñez . Internet como unha comunidade participativa e de troco de noticias. www.chuza.org; Carlos Neira. Un perfil das bitácoras galegas. Amador Loureiro. Blogs e fotologs como canle de expresión: literaria, musical, artística e de análise social e político. Modesto del Río. Os podcasts. Presentación de Experiencias en blogs e fotoblogs. Bitácoras e música: Noel Feáns. A regueifa. Martín Wu. The Homens. Língua e Literatura. Nel Vidal e Suso de Toro. Bitácoras de Cine. Martín Pawley.

Actualización 16/01/2007

Non puiden asistir :( e sei que a xornada non defraudou a ninguén. Grazas a Modesto en Modestoweb.org, por facer a crónica da xornada (aínda que aos que non asistimos nos quedasen os dentes máis longos :)

 

Nova Lei do libro e da lectura de Galicia

Nova Lei do libro e da lectura de Galicia

No DOG de hoxe, vense de publicar a Lei 17/2006 do 27 de decembro do libro e da lectura de Galicia.

Nunha primeira "lectura en diagonal", atopei unha lei loable no seu espirito, pero con algunhas cuestións no seu articulado que se me antoxan doutra época, ou cando menos susceptibles de máis dunha interpretación. Gostaría de ter a opinión crítica de expertos na materia a propósito desta Lei. Dareille unha lectura máis a fondo e seguro que a vexo con mellores ollos

Levar os apuntes da universidade por Vigo adiante

O outro día, en Código Cero recollían unha nova á que chegara uns días antes revisando materiais sobre o EEES (Espazo Europeo de Educación Superior), para facer unha anotación. Desta nova fixéronse eco en diversos medios de tirada autonómica e nacional, como se pode apreciar nas novas do portal habilitado pola Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo, para recoller todo o relacionado con este estupendo servizo de UVigoTV. No portal describen o servizo como "unha televisión corporativa sobre Internet, que permite a transmisión en directo de eventos a toda a rede de Uvigo ou a todo Internet, según se desexe. A súa recepción faise a través do computador persoal coa mesma facilidade que a visión dunha páxina web. Asimesmo, este sistema permite gravar eses eventos e facelos dispoñibles baixo demanda a través da Videoteca de Uvigo-TV". Os profesores que o desexen, poden facer uso dos recursos multimedia que ofrece a Universidade de Vigo, como por exemplo ofrecer os apuntamentos aos seus alumnos en formato mp3, aínda que como aclara Vicente Goyanes, un dos pais e responsable da criatura, a asistencia a clase segue a ser obrigatoria. Ademais das clases e videos explicativos a través da rede, e as gravacións en mp3, hai que sumarlle a posibilidade deacceso ás presentacións e notas dos profesores sobre diversos temas.

A Universidade de Vigo dá un paso importante no eido da formación apoiada no uso das redes e sitúase como unha institución de ensino superior punteira neste senso. Parabéns

 

 

 

Seguir compartindo

O 2007, tamén é un bo ano para seguir compartindo. Por exemplo na Escola dos caracois , comparten connosco esta aplicación que ven que "nin pintado". O chorreado de Pollock neste soporte, nos ofrece a posibilidade de pasar un bo rato, e dar renda solta á creatividade.

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Ferramentas a ter en conta

Da man de Anibal , cheguei a Clipmarks . Unha ferramenta que permite seleccionar elementos que aparecen na pantalla do navegador, e facelos teus, gardalos, etiquetalos, compartilos,... simplemente fantástica "Con Clipmarks podes marcar co rato tantos elementos dunha páxina como queiras, construindo deese xeito un "recorte" (clip). Unha vez realizado, éstes quedan gardados no servizo que teñen en Internet, polo que poden ser rescatados en calquera momento dende calquera ordenador con conexión. A partir de ahí as posibilidades explotan: podes clasificar os teus recortes en categorías, editalos, asignarlles tags, incluírlles comentarios, envialos por mail, facelos públicos ou privados, etc. etc. Incluso teñen un sistema de clasificación de clips ao estilo de meneame ou digg".

E da man do outro maestro José Cuerva , chego por segunda vez a Bookr , un dos Flickr toys desenvoltos por PimPamPum . Aquí unha mostra dunha presentación de imáxes tomadas de Flickr e retocadas con cariño para exemplificar o xogo dos meniños nos túneles e noutras actividades preparatorias para a marcha.



A blogosfera no CMG

A blogosfera no CMG

Ontes estiven no CMG (Centro Multimedia de Galicia) , en Santiago. Alí están a desenvolver unhas xornadas, dentro da súa proposta formativa, sobre a blogosfera. O obxectivo destas xornadas é "achegar o mundo dos Blogs a través das experiencias dos máis destacados blogueiros galegos. Por medio destas xornadas daranse a coñecer, entre outros temas, o uso de diferentes aplicacións dos Blogs, o perfil do blogueiro galego e os Blogs con temática fotográfica e de video".

O programa dá moitos máis detalles sobre esta proposta formativa-informativa a continuación esbozase o temario:

  • XORNADA 1: A BLOGOSFERA: PRIMEIROS PASOS
    • Como crear un blog: Pedro Silva
    • Ler blogs: "Opaco"
    • Información sen control xerárquicos: o modelo Chuza. Berto Yáñez
  • XORNADA 2: REFLEXIONANDO SOBRE BLOGS
    • O deseño dos blogs e o perfil do blogueiro galego. Carlos Neira
    • A libre difusión de contidos: as licenzas Cretive Commons. Eduardo Allende
    • Blogs: información e novo xornalismo. Nacho Mirás
  • XORNADA 3: BLOGS PARA MIRAR
    • Blogs e ilustración. Santy Gutiérrez
    • Blogs e fotografía. Paula Gómez
    • Blogs e vídeo: o fenómeno YouTube. Martín Pawley
  • XORNADA 4: BLOGS PARA ESCOITAR
    • Podcast
    • Da radio á rede_e-music. Isaac González
    • Música da libre difusión. "O Regueifeiro"

Actualización 10-01-2006

 Chiti pediume un resumo do acontecido nas xornadas; no seu lugar podedes descargar toda a información que nos proporcionaron nas xornadas aqui:

1ª Xornada | 2ª Xornada | 3ª Xornada | 4ª Xornada

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres