Blogia

Sekeirox

Pechar a fenda

Pechar a fenda

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
10. Somos plenamente conscientes de que as vantaxes da revolución da tecnoloxía da información están na actualidade desigualmente distribuidas entre os paises desenvolvidos e en desenvolvemento, asi como nas sociedades. EStamos plenamente comprometidos a facer desta fenda dixital unha oportunidade dixital para todos, especialmente aqueles que corren perigo de quedar rezadagos e ainda máis marxinados.

11. Comprometémonos a materializar a nosa visión común da sociedade da información para nós e as xeneracións futuras. Recoñecemos que os xóvenes constitúen a forza de traballo futuro, están á vangarda das TIC e son tamén os primeiros que as adoptaron. En consecuencia, deben ser facultados como estudiantes, conceptores, contribuintes, empresarios e formuladores de decisións. Debémonos concentrar especialmente nos xóvenes que non tiveron a posibilidade de beneficiarse de cheo das oportunidades que brindan as TIC. Tamén comprometémonos a garantir que, no desenvolvemento das aplicacións e a explotación dos servicios TIC, se respecten os dereitos dos nenos e se vele pola súa protección e benestar.

O que oes, esquécelo; o que ves, lémbralo; o que fas, apréndelo

Con esta cita de Confucio, Paco Rivière agradece a Carme (blog d'una profe) que o animara a incorporar os webquests á súa docencia. Facilita a ligazón da plantilla que utilizou de modelo de webquest. Interesante webquest para traballar con alumnos de ciclos formativos.

Novo número de edutec

Novo número de edutec

Cando un está moi liado e esgotado, ten que ir "facendo a goma", como din os ciclistas. Neste caso vía dorfun entérome de que xa está na grileira o número 17 da revista edutec, nesta ocasión recollen unha serie de interesantes artigos de investigación e opinión (sobre webquests; o papel do titor nos EVAs; a aprendizaxe colaborativa e os foros; aprendizaxe en rede; lectoescritura;... )

A educación: base do progreso

A educación: base do progreso

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:

8. Recoñecemos que a educación, o coñecemento, a información e a comunicación son esenciais para o progreso, a iniciativa e o benestar dos seres humanos.Por outra banda, as TIC teñen inmensas repercusións en prácticamente tódolos aspectos das nosas vidas. O rápido progreso destas tecnoloxías brinda oportunidades sen precedentes para acadar niveis máis elevados de desenvolvemento. Gracias á capacidade das TIC para reducir as consecuencias de moitos obstáculos tradicionais, especialmente o tempo e a distancia, por primeira vez na historia pódese utilizar o vasto potencial destas tecnoloxías en beneficio de millóns de persoas en todo o mundo.

9. Recoñecemos que as TIC deben considerarse como un instrumento e non como un fin en sí mesmas. En condicións favorables estas tecnoloxías poden ser un instrumento moi eficaz para acrecentar a productividade, xerar coñecemento económico, crear empregos e posibilidades de contratación, asi como para mellorar a calidade de vida de todos. Por outra banda, poden promover o diálogo entras as persoas, as nacións e as civilizacións

MÁGOA

MÁGOA

PAZ

Series context / weblog context

Este weblog, ofrece un feixe de ligazóns interesantes e referencias bibliográficas sobre a blogosfera.

Iguladade de tódolos estados

Iguladade de tódolos estados

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:

6. De conformidade co espirito da presente Declaración, consagrarémonos unha vez máis a apoiar o principio da igualdade soberana de tódolos Estados.

7. Recoñecemos que a ciencia debe desempeñar un papel cardinal no desenvolvemento da sociedade da información. Gran parte dos elementos contitutivos desta sociedade son o froito dos avances científicos e técnicos que non serían posibles sen a libre circulación dos resultados da investigación.

¿Por que se teñen que ir os investigadores de España? ¿Por que protestan os investigadores pola súa situación? ¿Por que os bolseiros son precarios? ¿Por que non se inviste máis en educación básica e superior e en investigación? ¿Por que ...?

Espallar os contidos na Blogosfera

Espallar os contidos na Blogosfera

Chegoume por varias fontes, a referencia dun artigo de Richard E. Ferdig e Kaye D. Trammell da Universidade de Florida, que trata do uso dos blogs na educación: Content Delivery in the 'Blogosphere' .
O artigo está publicado en The journal online («Technological Horizons in Education»), na súa edición do mes de febreiro.

Os autores defenden as vantaxes dos blogs como ferramentas de participación e creación de coñecemento. Neste artigo enmarcan as súas propostas de traballo cos blogs, desde unha perspectiva constructivista e ofrecen algunhas ideas para utilizalos nas clases.

Artigo moi interesante, que ofrece consellos, e un bo listado de referencias.

Máis alá dos obxectos de aprendizaxe

Dandolle unha volta máis ós learning objects, Stephen Downes da Australian Flexible Learning Community, no seu artigo Beyond Learning Objects, apoia a idea de que ó subministrar
contidos de aprendizaxe na rede, debemos ollar máis alá dos obxectos de aprendizaxe, tal e como se intentan conceptualizar de forma estricta. En primeiro lugar porque calquera recurso dixital pode servir para apoiar a aprendizaxe, e en segundo lugar porque moitos recursos non dixitais tamén poden considerarse recursos de aprendizaxe. Recursos que ademáis se poden integrar en contornos virtuais de ensinanza, utilizando os metadatos axeitados.

O canto do grilo

O canto do grilo

Non sei como será noutros contornos do mundo, pero no meu contorno, unha das sensacións que me fan ter eses momentos "ledicia", é a producida ó estar nalgún sitio do rural galego, ó anoitecer ou pola noite pechada, no verán (con ou sen licor café de por medio), e escoitar: o canto do grilo, ou mellor dito dos grilos,... a ducias, a centos, a miles,... Pois ben, supoño que o grilo "A", cando axita os seus élitros, fai chegar a súa mensaxe a unha gran cantidade de grilos veciños, sendo o máis alonxado o grilo "B". O grilo "C", é o máis afastado de "B", e non percibe o sinal de "A" directamente, pero sí lle chega a través da resposta que "B" lle ofrece a "A", ou a través do canto dos outros moitos grilos que están á "escoita".
Pois ben esta imaxe, dos grilos, aseméllase moito ó que acontece na arañeira (web), só que me atrae máis a idea da grileira que a da arañeira. Cando un grilo empeza a "cantar", prodúcese unha reacción incontrolada de resposta de milleiros de grilos veciños. Esto é o que pasou cando o grilo que escribe, provocou co seu canto ó seu veciño dorfun. Neste caso a petición era unha chamada para que alguén escribise algo sobre a sindicación. A resposta é este documento que está aberto a ser mellorado por outros grilos interesados.

incorporated subversion: the book

James Cheers en Incorporated Subversion, convídanos a planificar a acción educativa e refexionar sobre ela. Neste caso de cara ó uso de blogs. No noso contorno faltan este tipo de iniciativas. Haberá que innicialas.

Sociedade da Información (SI) e dignidade humana

Sociedade da Información (SI) e dignidade humana

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
5. Reafirmamos o noso compromiso co disposto no Artigo 29 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a saber, que toda persoa ten deberes respecto á comunidade, posto que só nela pode desenvolver libre e de cheo a súa personalidade, e que, no exercicio dos seus dereitos e liberdades, toda persoa estará só suxeita ás limitacións establecidas pola lei co único in de asegurar o recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as xustas esixencias da moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade democrática. O exercicio destes dereitos e liberdades non debe contradecir en ningún caso os obxectivos e principios das Nacións Unidas. Por esa razón, temos que fomentar unha sociedade da información na que se respecte a dignidade humana

Liberdade de opinión e de expresión

Liberdade de opinión e de expresión

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
4. Reafirmamos, como fundamento esencial da sociedade da informaicón, e segundo se esípula no artigo 19 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, que todo Individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión, que este dereito inclúe o de non ser amolado a causa das súas opinións, e de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión. A comunicación é un proceso social fundamental, unha necesidade humana básica e o fundamento de toda organización social. É tamén indispensable para a sociedade da información. Todas as persoas, en todas partes, deben poder participar e non debe exluirse a ninguén das vantaxes que ofrece a sociedade da información

Demasiado bonito para ser certo. Todavía hai moitas bocas pechadas á forza, ou por medo.

Sobre webquests e outras cousas

O amigo dorfun, no Caderno de Ciberlingua, comenta un interesante blog sobre webquests: Webquests, Trabajando con la red, desenvolto por un grupo de traballo do Centro de Profesores de Sevilla.

Comenta ademais a súa intención de explicar o tema da sindicación de contidos. Coido que é necesaria unha explicación clara e comprensible para os que non somos técnicamente mo avezados. Dende logo o tema da sindicación cando o descubrín, foi algo estupendo e moi útil, que trocou os meus costumes de navegante pola rede.
Agardo que, os que controlades, me ilustredes.

Unha educación a prol dos dereitos humanos

Unha educación a prol dos dereitos humanos

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
3. Reafirmamos a universalidade, indivisibilidade e interrelación de todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais, incluido o dereito ó desenvolvemento, consagrados na Declaración de Viena. Reafirmamos asimesmo que a democracia, o desenvolvemento sostible e o respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, asi como o bo governo a todos os niveis, son interdependentes e se reforzan entre sí. Resolvemos asimesmo reforzar o respecto do imperio da lei nos asuntos internacionais e nacionais.
Partindo do respecto a priori do enunciado neste cumio de Xenebra, e da interdependencia de varios factores fundamentais para o desenvolvemento da sociedade, eu pregúntome ¿que entenden por liberdades fundamentais? ¿cal é o concepto de democracia, do que se fala no paragrafo anterior? ¿que se considera como modelo de bo governo? ¿pode ser a lei verdadeiramente xusta cando se convirte nun "imperio" ou forma parte del?...

cabrafanada e outros máis

Lin o artigo publicado recentemente en A Nosa Terra sobre os blogs "Blogueiros, os novos escritores de diarios", e tiven o pracer de descubrir algunhas ligazóns de interese que á súa vez ligan con outros sitios, algúns interesantes e outros menos.

Aqui van as ligazóns:

O blog de Fran Alonso Cabrafanada
O blog de Manuel Gago
O blog de María Yañez todonada

¿Cara onde van os weblogs?

Manuel Anchón en alzado.org , publicou recente mente un nteresante artigo sobre o presente e o futuro dos weblogs en España: ¿Hacia dónde van los weblogs? . Interesante, sobre todo pola cantidade de comentarios suscitados a partir da súa publicación.

Novos medios, novos contornos de aprendizaxe

Nun artigo publicado en elearningeuropa.info , por D. Buckinham: Nuevos medios, nuevos lugares de aprendizaje , o autor pregúntase se nos estamos a enfrontar cunha crise da cidadanía, facéndose eco das opinións de algúns autores, e dun sector da poboación que arremete contra o "pasotismo" da xuventude e da infancia, en xeral.
Dí o autor, que máis que unha crise da cidadanía, o que estamos apresenciar é un proceso no que as formas de cidadanía tradicionais (modernas) están a dar paso a novas formas (posmodernas). Estas novas formas non dependen tanto da situación xeográfica como das novas formas de comunidade que permiten os medios electrónicos. Os xóvenes participan activamente na sociedade e na política, aínda que non do xeito como o poderían desexar os adultos. Fano mediante campañas moi específicas e movementos artesanais.
A educación debe estar moi atenta a estas formas de expresión particulares dos rapaces; concretamente, a educación relativa ós medios de comunicación debería desempeñar un importante papel, tal e como se recolle na Declaración de Sevilla da UNESCO (2002) "a educación relativa ós medios de comunicación é un instrumento para fomentar a participación democrática".
É necesario establecer un nexo entre o que se vive nas rúas e o que se vive na escola.
Debemos comenzar por sintonizar cos usos que dan os nenos ós medios, máis dende a súa axenda de actividades que dende a nosa, atendendo máis ó que eles consideran pertinente que ó que nós pensamos que deberan facer. En segundo lugar debemos recoñecer que a participación é algo máis que o consumo crítico: implica tamén a PRODUCCIÓN. A educación sobre os medios ten que abarcar tanto unha análise crítica (reflexión) como unha producción práctica e creativa; trátase de poñer ó alcance dos rapaces os medios de producción culturais e de animalos a utilizalos dun modo reflexivo e crítico, tendo en conta que os medios que utilizan os rapaces trátanos cada vez máis como individuos autónomos e activos. Os medios requiren unha interacción, non respectan necesariamente a autoridade, son lúdicos e irónicos e ofrecen múltiples voces disonantes.
Ou sexa que os rapaces participan activamente na construcción da sociedade, só que usando as súas normas e as súas ferramentas, e a escola non pode obviar esta realidade, senón que debe partir dela.

Sociedade da información para o desenvolvemento sostible

Sociedade da información para o desenvolvemento sostible

Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
2. O noso desafío é encauzar o potencial da tecnoloxía da información e a comunicación para promover as metas de desenvolvemento da Declaración do Milenio, a saber, erradicar a pobreza extrema e a fame, lograr unha educación primaria universal, promover a igualdade de xénero e a habilitación das mulleres, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater a VIH/SIDA, o paludismo e outrar enfermidades, garantir a sustentabilidade ambiental e forxar alianzas mundiais en favor do desenvolvemento para lograr un mundo máis pacífico, sostible e as metas de desenvolvemento convidas, que se sinalan na Declaración de Johannesburgo e no Plan de Aplicación do Consenso de Monterrey, e outros resultados dos Cumios pertinentes das Nacións Unidas.

O mar fala

O mar fala

O mar fala, só é necesario escoitalo. Ás veces non o escoitamos ben, e vólvese contra nós. Ós pequenos, pásalles o mesmo que ó mar. Pero ós nenos hai quen os obriga a calar...; co mar non poden.