Blogia

Sekeirox

Paseniño II: resumo resumido

O outro día falaba da necesidade de baixar o ritmo e irmos paseniño. Dese xeito disfutamos moito máis de todo o que nos rodea en cada momento: saboreámolo, reflexionámolo, refacémolo, compartímolo,...; como contrapartida podemos perder a oportunidade de estar mos rodeados de moitos e bos elementos que poderían enriquecernos un pouquiño máis. Nesas estamos, tentando buscar o equilibrio que nos permita difrutar sen perder o tren da inquedanza polo coñecemento do que está a acontecer en cada intre nos ámbitos que nos interesan.

O meu recolledor e as ferramentas de postaxe de ligazóns (del.icio.us ) e referencias (citeulike ) de interese, están a xogar un papel fundamental nesa búsqueda dese equilibrio. E todas as ferramentas de recollida, xestión e edición da información que van aparecendo na web e para a web (II), póñenos cada vez as cousas máis doadas.

Como "resumo resumido" de aspectos destacados nos últimos días debo sinalar:

Ferramentas

  • Destaco a miña segunda toma de contacto (as novas ferramentas facilitan bastante o camiño) co mundiño dos podcasts (en canto teña algo presentable aparecerá por sekeirox) e é que ultimamente estanse a ver marabillas ( Lourdes , Lu , Anibal , Alejandro, José, Isidro de hitzez ...) realizadas nesta liña.
  • A utilización de ferramentas como o Transfer Big Files , atopado vía El utilitario e probado por necesidade cun resultado óptimo.

Entrevistas

Blogs (hai moitos máis que cautivaron a miña atención, pero por destacar algúns...)

Artigos

Iniciativas interesantes

  • Como as recollidas por xiruela sobre o desenvolvemento de contidos dixitais para a presentación de empresas e para o eLearning no marco do proxecto AMEDIDA ; ou o proxecto efelcren coordinado pola USC e que ten como obxectivo o desenvolvemento dun espazo de traballo colaborativo para a creación e validación comunitaria de materiais didácticos, que serán empregados en espazos de formación online de Primaria e Secundaria.
  • A iniciativa de RedeGalega.org recollida vía O Outeiro sobre a reclamación dun dominio de internet para Galiza

Si, si si, a BLOGSE xa está aqui!!

Vía Lourdes Barroso , Alejandro Valero de Páginas dispersas e Aníbal, enterome desta sorprendente (tan só polo momento no que foi aprobada, case rematando o ano e xusto antes de que os diferentes grupos políticos collan as súas vacacións de nadal) e esperada nova (as manifestacións como a recollida na imaxe inferior reproducíronse en todo o país). A nova lei de educación: a BLOGSE , foi aprobada por consenso. Todos os detalles poderanse consultar en breve nos boletíns oficiais (que supoñemos que tamén en breve irán adoptando formato blog). Lourdes ofrécenos o texto integro da Lei .

Paseniño

Paseniño. A este ritmo vai sekeirox nestas datas.

Foron moitos os descubrimentos e aprendizaxes deste ano, produto dun activo mexemento que tentou ser recollido en parte neste blog; máis agora toca baixar o ritmo, apousar ideas e desfrutar máis ca familia e os amigos.

*************Que teñades un bo remate de ano e que o vindeiro sexa moito mellor que este que está a rematar.**************

Aulablog en Educared

Hoxe tampouco podo pasar sen postear, porque quero contar gif educaredque vía Lourdes , entérome de que Aulablog aparece como experiencia destacada en Educared . Adiante blogfesores ;).

Edublogs: Un Meme

O certo é que levo unha boa temporada en silencio; a verdade é que resúltame imposible facer esto que tanto me gusta. (A miña navegación estes días poderíase calificar: de recreo. Agardo por ventos mellores para enfundarme o traxe de faena e saír a pescar e poder compartir a pesca coma sempre).

Bueno non estou tan inactivo, só no que a redacción e produción no blog se refire (que non é pouco); o que non pensaba era que o meu seguinte post fose por seguir un meme ¡¡ meme cajina...!! ;) pero vindo de quen viña o encargo, do meu amigo José , non puiden dicir que non.

Imos aló (eu si teño claro quen vai seguir o conto ;)

Unha frase que defina o teu edublog.

mmm... unha soa?

Gústame compartir; subvertir; a educación, as tecnoloxías; devezo especialmente polos procesos de alfabetización (en tódolos niveis), gústame ensinar, pero sobre todo: aprender; gústame o meu querido contorno: Galiza e a Frouxeira

Unha palabra que che distinga como blogfesor.

Ben, como blogfesor e psicoloblog, opino que bloguear abre as portas para que corra o aire; facilita o mexemento das ideas e permite a súa concreción nun continuo que non cesa.

O edublog que recomendarías.

Puff!! vaia meme!! con perdón. Cando fago este tipo de recomendación non me podo quedar con un só.

Vou dicir tres clásicos: Avalúo o blog de Mario (do outro lado do charco); O blog de Aníbal (por non dicir o de todos e cada un dos membros de aulablog ); e na blogosfera galega, e no ámbito universitario, o Blog de Juan Freire , pola calidade e cantidade dos seus posts

A quen lle paso o encargo? pois a edubloguers de diversos ámbitos:

Xiruela

Serafín Ou alguén de A Nosa Biblioteca

Adriana

20-12-2005. Modificación do post

Hoxe decateime de que Lourdes xa lle encargara o meme a Xiruela , e polo tanto decidín pasarllo a Su ; pero cando a fun avisar, resulta que tamén tiña o seu meme realizado ;), co que a seguinte opción, foi ... Xosé Antón de Ensino en Galego; máis cando llo fun comunicar, xa llo pedira Serafín, a quen eu mesmo lle pasei este meme :( . Polo tanto pásollo a José Luis Cabello de Internet como recurso docente .

FECYT \

Unha xornada completiña. Mañá maratoniana no seminario da FECYT, da que xa informaron (en directo) Anibal e Paco ; xantar,... e pola tarde abordouse o panel de TICs e eLearning.

En canto organice toda a información e apuntamentos que collín darei conta do evento.

Despois un beers & aulablog que foi xurdindo sobre a marcha (as probas: Im-presionante ) e agora a descansar que ás 9:30 comeza a seguinte xornada, na que se discutirán as recomendacións dos diversos paneis.

Non puido ser... desta vez

Comunícanos en Vieiros que A candidatura galego portuguesa non supera a peneira da Unesco . Agardamos pola continuidade do traballo dos promotores e seguiremos apoiando esta iniciativa :(


Tradutor apertium galego - español

A Universidade de Vigo ven de poñer á nosa disposición esta impresionante ferramenta: "apertium ", desenvolta de forma conxunta entre o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo e o Grup d’investigació Transducens da Universitat d’Alacant.

Trátase dun magnífico tradutor de galego a español (e viceversa, por suposto). Pódense traducir textos escritos directamente ou copiados; ficheiros (en formato de texto, html e rtf); e temos a opción de navegar pola web con tradución. Magnífica ferramenta.

Como sempre, que falamos de tradutores, non se trata de usar só o tradutor, senón de utilizalo como un complemento máis, xunto cos correctores ortográficos e demais ferramentas lingüísticas que temos á nosa disposición.

Aqui vai un exemplo: A páxina de entrada de El Mundo.es, tras pasarlle o tradutor...

UDCDspace: o repositorio dixital da Universidade de A Coruña

LogoUDCDSpace

Se o outro día falaba de MOREA , o repositorio de obxectos "para reutilizar con fins de ensinanza", presentado pola Universidade de Santiago ; vía Juan Freire , dou con UDCDSpace : o repositorio dixital da Universidade de A Coruña . Trátase, segundo a definen os seus responsables, dun "sistema que proporciona de xeito estable e seguro a preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da UDC, e facilita a súa accesibilidade en Internet".

Este sistema de repositorio dixital de documentación científica está baseado en DSpace, e permite almacenar, indexar e distribuír contidos dixitais. Que se pode facer, segundo se desprende da información que nos aportan en DSpace:

  • Institutional Repositories (IRs)
  • Learning Object Repositories (LORs)
  • eTheses
  • Electronic Records Management (ERM)
  • Digital Preservation
  • Publishing
  • and more

Este sistema emprégano moitas institucións a nivel mundial, como por exemplo o MIT. Trátase dunha tecnoloxía Open Source, e segundo comenta Juan Freire, adáptase fácilmente ás necesidades de cada institución.

De momento, na UDC mostran de forma aberta (con protección de copyright), unha serie de recursos agrupados no que denominan: comunidades e coleccións. en cada unha destas comunidades, dividen os materiais en: Artigos; congresos e conferencias; documentos de traballo; e Libros, capítulos etc...

As buscas (conta cun sistema de busca avanzado) pódense facer por: palabras chave, autor, título, materia, resumo, serie, partocinador, identificador ou idioma.

Como resultado da petición de busca, o sistema ofrécenos información sobre: o título, os autores, as palabras chave, a data de edición, a cita bibliográfica, o resumo, o seu URI (identificador uniforme de recursos), a colección onde aparece, datos sobre o arquivo e unha ligazón ao recurso; ademais pódese acceder aos metadatos (dc) do recurso (mostrar o rexistro en formato completo)

Juan Freire indícanos no seu post que o proxecto UDCDspace é en realidade iniciativa dun grupo de persoas da UDC (os bibliotecarios Carlota Balsa, Xaquín Lores e Javier Uranga, e Vicente Guerreiro, do Centro de Cálculo da Facultade de Informática).

Con este sistema, sinala Freire, "crearon en realidade un servizo de xeneración de páxinas web personais que pode ser utilizado por persoas sen ningún coñecemento sobre o tema. Cada profesor e/ou grupo pode publicar os documentos que considere convintes. Por outra banda, o sistema de autoarquivo que utiliza DSpace fai posible unha alta visibilidade dos documentos en buscadores e polo tanto permitirá incrementar o seu impacto".

Haberá que estar atentos á súa evolución e desenvolvemento; e sobre todo ao seu impacto, tanto na propia institución coruñesa, como a nivel autonómico (a verdade é que gostaría de probar esta ferramenta).

O perfil dos promotores deste proxecto, e o dos promotores do repositorio de obxectos de aprendizaxe MOREA, tamén creo que é un tema ben interesante para o debate, xa que o enfoque de ambos proxectos e a súa execución dependen en boa medida do punto de vista dos seus promotores e dos seus intereses.

Reencontro no(co) chat

O outro día tiven un agradable “reencontro” cun vello “contertulio”: o amigo Batea.

Haberá xa uns cinco ou seis anos, que empezou a andaina do chat de La Voz de Galicia ; e nesta andaina nos embarcamos un grupo de persoas que nos fixemos asiduos a este "encontro" e que co paso do tempo se foi facendo máis e máis nutrido. Había persoas que estaban lonxe da casa e que atopaban ali un nexo coa terriña que lles axudaba a levar mellor a súa morriña; familias que quedaban para conversar a un prezo máis módico que as tarifas telefónicas do momento; investigadores, xornalistas, mecánicos, estudantes, hosteleiros, amas de casa, políticos, profesores,... galegos e non galegos, de Galicia e de fóra dela que nos xuntabamos para pasar un bo rato. Cada día: unha leria distinta.
Pouco a pouco, fomos conformando unha pequena gran comunidade, unha pequena rede social a través do chat. Naquel entonces, os blogs eran a excepción, e as ferramentas de mensaxería instantánea, comezaban a facerse un oco no mercado.

O caso é que co paso do tempo, por “haches” ou por “bes”, tiven que ir deixando un pouco de lado aquel meu “vicio” e costume practicado durante un par de anos, de “reunirme” cos colegas a parolar un pouco. Dende hai tres ou catro anos tan só fixen aparicións puntuais e en horarios que non coincidían co das “nosas” quedadas, para comprobar que aquel grupo inicial se fóra debilitando co paso do tempo.

O outro día, cando me atopei con “batea”, contoume que os encontros fornecéranse máis do que eu pensaba e que agora incluso procuraban facer unha xuntanza anual con merenda e licor-café de por medio (isto último o engado eu porque estou case seguro de que será así); non estaban todos (moitos fómonos espallando) pero foron quen de manter o grupo, que foi medrando e mudando como é lóxico co paso do tempo.

O IRC “chat”, é sen dúbida unha das ferramentas de “comunicación” (intercambio de información intencional entre persoas) clásicas, básicas e nucleares no desenvolvemento de internet; e aínda que agora estanse a utilizar cada vez máis, unha gran variedade de ferramentas de mensaxería instantánea que engaden outros complementos á conversa. As bases do uso do chat, permanecen e esténdense ás súas evolucións.

O chat segue a ser a canle de comunicación a través de internet preferida dos máis xoves, e dos que non o son tanto, a nivel mundial. Moitos foron os encontros e desencontros que tiveron e teñen lugar a través desta ferramenta: negocios, negocietes; novas parellas, divorcios; experiencias solidarias (cousas boas e coussa malas, como a vida mesma); experiencias docentes, ... todo tipo de encontros, que teñen como nexo común o diálogo participación, e tantos temas como variedade de persoas nos podemos atopar nos diversos ámbitos sociais.

Sen dúbida, a mellor forma de conversar cos demais, é cara a cara, pero cando algún dos interlocutores non pode asistir fisicamente á charla, o chat (e os seus derivados) son unha excelente ferramenta para mantela.

No ámbito educativo, o seu uso docente é o mesmo que o de calquera conversa que teña lugar no proceso de ensino, coas peculiaridades propias do medio (dependencia e mediación dos ordenadores e da rede).

O intercambio de impresións en tempo real é moito máis fluído que o asincrónico (propio por exemplo dos foros, incluso dos blogs), e se pode utilizar para realizar explicacións; atender titorías; como punto de encontro dos estudantes para realizar traballos ou para manter conversas informais sobre diversas temáticas.

Algúns usos e aspectos ater en conta cando usamos o chat nas clases:

  • A programación de sesións de Chat con fins titoriais ou monográficos implica que todos os participantes teñan “estudado” (revisado) con anterioridade os materiais obxecto de estudio e isto require unha coidadosa planificación e xestión das instrucións, previas ao inicio da actividade.
  • Un uso bastante habitual, é a organización de encontros moderados, con expertos (persoas de referencia sobre unha temática determinada), nos que se poden alternar explicacións e roldas de preguntas.
  • A posibilidade de envío de mensaxes privadas, permite crear conversas con limitación de interlocutores, axudando a personalizar o proceso de ensino e facilitando o desenvolvemento de actividades de tipo colaborativo entre os estudantes.

De "netiqueta ": Algúns consellos de bos modais no Chat:

    • Debemos procurar respectar as “quedadas” como se fosen citas presenciais, para o caso é o mesmo.
    • Procuremos non facer algo que non nos gustaría que nos fixesen a nós
    • Fagamos o esforzo de pensar (aínda que sexa un pouquiño) antes de escribir, queda todo recollido e ás veces deixámonos levar pola conversa e podemos meter a pata; neste caso as palabras non as leva o vento.
    • Non debemos escribir en maiúsculas, xa que equivale a falar berrando e iso amola bastante
    • Evitade textos e mensaxes excesivamente longas, equivale a monopolizar a conversa e resulta máis pesado de seguila.
    • Procuremos non perdernos no medio das “pseudoconversas” que se manteñen entre os distintos participantes, é moi importante procurar seguir o fío.
    • Respectemos a privacidade e a intimidade do resto de usuarios, se alguén nos quere contar algo xa nolo dirá, pero o medio sérvenos en ocasións de “parapeto” para sentirnos máis seguros e abrirnos aos demais.
    • Non “ataquemos” aos usuarios que cometan erros tipográficos, xa que é moi doado equivocarse co teclado, e non todo o mundo ten a mesma soltura, nin un coñecemento da lingua apropiado, cada un se comunica como pode ou como sabe. Se nunha clase imos controlar a escrita dos alumnos, cómpre que llo digamos para que se esforcen e tomen as medidas oportunas.
    • Os saúdos automáticos, publicidade e mensaxes periódicas non son ben recibidas, e resultan molestas
    • Teñamos en conta o contexto e a orixe dos seus contertulios. Evitade malas interpretacións das súas expresións, “chistes”,...

Tedes feito outros usos docentes do chat? como credes que se pode mellorar a netiqueta proposta para o seu uso?


Unha Morea de recursos

Recollo do Blog de Novas Tecnoloxías e Profesorado , a boa nova do lanzamento de MOREA (Múltiples Obxectos Reutilizables de Ensinanza e Aprendizaxe) . Segundo a definición de Adriana: trátase dun "espazo web destinado ao profesorado universitario para apoialo na elaboración dos seus materiais para a web". "Un lugar onde accederás a recursos que che poden servir para elaborar materiais dun xeito máis sencilla".
"
Un repositorio de obxectos para reutilizar con fins de ensinanza"; "Ten orientacións para o deseño de propostas de ensinanza con soporte web baseadas en diferentes estratexias didácticas: simulacións, webquest, estudo de casos, presentacións, multimedia…"; "Ofrece guías para a reutilización de recursos multimedia nos propios materiais de ensinanza".

Trátase, segundo indican na páxina, dun proxecto desenvolto por grupos de investigación da USC; e financiado pola Secretaría de Estado de Universidades e Investigación.

Paréceme unha iniciativa ben interesante. Presentada a ferramenta, irase desenvolvendo e tocará empezar a sacarlle proveito; coido que a súa maior ou menor penetración a nivel institucional, dependerá da habilidade para ofrecela e "facela chegar" á comunidade educativa; do uso que se empece a facer dela; e da flexibilidade que lles ofreza aos profesores, tanto para poñer a disposición dos demais os seus propios materiais como para adaptar os existentes no repositorio ás súas prácticas docentes.

Neste tipo de ferramentas, moitas veces non abonda con adecuarse aos estándares habituais que nos permiten unha boa xestión dos recursos para situacións de ensinanza; é necesario ademais facer unha boa catalogación baseada na experiencia docente; e por suposto ter en conta que os obxectos deben ser elementos a adaptar para cada situación particular por parte dos profesores.

A miña enhoraboa ás persoas implicadas no desenvolvemento desta ferramenta, que si ben como nos indica Adriana está nos seus comezos, pode resultar de gran interese e proveito para todos.

Ferramentas, recursos, artigos, revisións,... sobre blogs

Posto que non dou feito, como para postear coa intensidade que eu quixera en sekeirox, vou facer un pequeno resumo do que recollín durante esta última semana.

Por suposto as interesantes aportacións que están aparecendo en Aulablog , que pouco a pouco estase a conformar nunha comunidade activa e na que se barallan os temas previstos, o aproveitamento do uso educativo das ferramentas que nos ofrece internet, especialmente os blogs. 


A peneira II

A peneira II

En xullo do ano pasado, publicaba un post (que agora está en privado, pero que prometo volver a publicar no seu momento), sobre as similitudes entre o blogueo (os blogs) e o "efecto peneira".
As peneiras (cribas) son uns artiluxios, cada vez máis sofisticados, que serven para ir filtrando e tamizando xeneralmente grao, pero podería ser calquera outra cousa.
Para que a peneira funcione, é necesario dotala de movemento (accións) (adiante e atrás; dereita esquerda; circular; con pequenos rebrincos...;... a medida que mexemos a peneira, o elemento peneirado vai mudando de posición, vai cambiando a súa estrutura e incluso a súa composición; os elementos que son máis pequenos que os furadiños da malla (trama)escápanse, o resto permanece na peneira. Tamén producto do "mexemento", os elementos que non se correlacionan coa maioría, quedan destacados, sinalados; e se son elementos non aproveitables, simplemente paramos de mexer, e os apartamos. Unha vez limpo, seguimos mexendo a peneira...
Os blogs, como as peneiras facilítanos, gracias ao "mexemento" ao que están sometidos, unha selección e discriminación eficaz da información sobre diversas temáticas; sobre diversas situacións...
Os blogs, como as peneiras despois de cada movemento, van mudando na súa apariencia, no seu contido, na súa estructura; facilitando que poidamos ver mellor o que nos sobra e o que nos interesa realmente. E moitas veces descubrimos elementos que non coñecíamos, e que tal vez nos conveña deternos para coñecelos mellor (ou non).
O "efecto peneira", que ten moito que ver co nome deste blog (algún día destes contareivos de onde ven o sekeirox), axúdanos a manter vivos os nosos sentimentos, emocións, reflexións, permitíndonos desbotar moitos deles e facer unha selección adecuada que incorporamos á nosa colleita.
O "efecto peneira", permítenos estar activos e atentos para manter unha actitude de reequilibrio constante no continuo vaiven da vida que nos desequilibra a cada momento; e gracias ao cal aprendemos e melloramos.
O "efecto peneira", permítenos estar atentos ao que pasa ao noso arredor, e a tentar ver un pouco máis aló do que ven os nosos ollos; facilítanos que non nos conformemos co que nos ven dado; indúcenos ao rebote, ao inconformismo á subversión.
O outro día, a amiga Su contábanos que no Brasil da esquerda, a peneira levaba un ritmo demasiado lento, tan lento tan lento que se tornaba cara ao centro. O "efecto peneira" non está a funcionar demasiado ben. Dende nós na rede, un sector da blogosfera brasileira, en cambio, a peneira estase a mexer con intensidade buscando retomar o ritmo necesario para que a peneira poña cada cousa no seu sito.

Máis recursos: PDF Creator; JotSpot Live; Clipboard Buddy

Máis recursos:
- En Blog d'una profe DIM de Bea Marín dou con PDF creator
- Vía Avalúo de Mario Núñez, dou con JotSpot Live, unha interesante ferramenta para a elaboración compartida de notas.
- Vía aMiMeVaLe, dou con Clipboard Buddy, un práctico portapapeles que nos permite, esquecernos do portapapeis de windows e ter múltiples recursos sempre a man.

LMS e LAMS

Vía Octeto e a Bitácora de Aníbal, entérome de que a integración de LAMS e Moodle, xa está en marcha nunha fase beta. A integración desta especificación pode supoñer un antes e un despois no eido dos LMS. Unha boa nova ante haberá que estar atentos.

Referencias para o citeulike

RED; Pedablogue, JiME, innovate, recoller e comentar artigos de interese no citeulike

Recollendo sen recolledor :(

Nestes días de ausencia do sekeirox, fun recollendo, grazas ao meu recolledor (que por certo leva uns días sen funcionar e xa me está a causar máis dun contratempo) e a través do meu del.icio.us un montón de artigos, iniciativas e ferramentas que considero dunha gran utilidade.
Son destas ferramentas máis que interesantes, coas que tras un contacto moi breve, xa sintes que non te podes desprender delas (ata que non apareza outra mellor, por suposto). Para o meu bolsillo e a miña forma de ver a vida, estas ferramentas deberan (a poder ser) ser gratis, libres e abertas; que funcionen vía web; que favorezan un traballo colaborativo e favorezan dun xeito ou outro os procesos de ensinanza - aprendizaxe. O tema dos cartos..., porque non está o forno para demasiados bolos; o tema da liberdade e da súa apertura, porque considero que xestionando o noso egoísmo natural con doses adecuadas de altruismo, xenerosidade e visión cooperativa, saímos todos beneficiados (por suposto respecto a todos aqueles que, no exercicio da súa liberdade e posibilidades, utilizan ferramentas "propietario", de feito en ocasións as utilicei, utilizo e supoño que terei que utilizar).
Writely, Nvu, pdf online, Snippy... e tantísimas que non citarei porque case todas se poden recoller en: ñblog, utilidades y recursos para blogs, ou nas recopilacións que van facendo Mario de Avalúo, ou os compañeiros que participan en Aulablog, tanto neste blog, como no planeta educativo, como nos seus respectivos blogs personais.
Interesantes artigos como por exemplo o de Adriana Gewerc: El uso de weblogs en la docencia.
Interesantísimos blogs que xa me teñen enganchado, como varios que teño no meu del.icio.us baixo os epígrafes de secundaria e/ou orientación, desenvoltos por profesores de primaria, secundaria e dende os departamentos de orientación dos centros, (algúns de centros galegos, magníficos); ou por destacar outros dos que xa son un incondicional, o traballo de Felipe Zallas en El Villena; o novo traballo de Bea Marín; a interesante proposta de traballo para este ano de Juan Freire; ou.... outros moitos que irei citando pouco a pouco.

Tempo escolar e escolas inclusivas

Tempo escolar e escolas inclusivas

Non queres caldo?... pois dúas tazas!... así é como me sinto (polas razóns que xa comentei) despois de estar agardando todo o mes pola revista que "de verdade, pago tódolos meses". O caso é que as miñas reiteradas protestas non surtiron o seu efecto e a día de hoxe todavía non me chegou á casa. Espero que polo menos, o carteir@ de turno, estea a pasalo ben con ela.
A piques de rematar o mes de stembro decidinme a acudir á versión online desta publicación, xa que me tardaba botarlle unha ollada e porque había algúns artigos, que por proximidade despertaron en min un especial interese.

O editorial de Jaume Carbonell, é toda unha chamada de atención a navegantes. Gustoume o seu ton crítico "O clima de malestar que se vive en moitas aulas, sobre todo de Secundaria, e que se proxecta na sociedade, ten que ver con diversas concepcións en crise sobre o valor e o uso individual e colectivo da libertade, a responsabilidade e a autoridade".
O artigo de Mel Ainscow: "La mejora de la escuela inclusiva", aborda tamén un tema candente nos tempos que corren. O resumo que poñen na revista é o seguinte:O gran reto do sistema educativo é eliminar os procesos de exclusión xenerados como resposta á diversidade de clase, etnia, relixión, xénero e capacidade. O autor describe o camiño percorrido por unha iniciativa de melra escolar que enfatiza: as condicións de ensinanza aprendizaxe, as evidencias para estimular o pensamento e a colaboración entre centros. Ainscow, na súa liña, afirma que se deben desenvolver estratexias que fomenten a interdependencia entre escolas e, ao mesmo tempo, faciliten a tarefa aos que están implicados nunha dirección máis inclusiva, unha relación de simbiose análoga á que se pode dar nas comunidades de prácticas, seguindo a noción de Wenger.

E por último, sen ter revisada polo miudo a revista, (algo que farei cando me chegue en papel), destaco o tema do mes, cunha serie de artigos, desenvoltos na súa maioría por profesores da USC. O tema central do mes, o polo tanto destes artigos é: o tempo; a súa concepción, a súa xestión e contextualización no marco da escola. Un concepto que está a variar, conforme varía o modelo de sociedade, e conforme se utilizan artefactos tecnolóxicos que trastornan a percepción e temporal; e a xestión tradicional do tempo, marcada fundamentalmente polos ritmos naturais, e/ou polos ritmos industriais:
- "Viejos y nuevos tiempos. Una construcción social"; e "En el comienzo de una nueva época" de de Caride Gómez, J. e Meira Cartea, P.
- "Emergencia de un discurso-realidad en la sociedad del ocio" de Cuenca Cabeza, M.
- "La jornada escolar en la vida cotidiana de la infancia" de Caride, J. e Morán de Castro, MªC.
- "Los tiempos escolares virtuales" de García Tobío, A. e Pardo Pérez, J.C.
- E un interesante: "Para saber máis" de Caballo Villar, M.B. e Morán de Castro, MªC.

Gústame conducir...!

No tinteiro

O día de ... Internet

O día de ... Internet

O vindeiro 25 de outubro, é outro deses "Días de..." dos que falaba no post anterior; trátase do Día de Internet. Como dixen no seu momento, o achegamento de internet aos cidadáns, ou dos cidadáns a internet, é unha tarefa que debemos traballar día a día; sen embargo, dende o punto de vista docente, pode ser unha boa data para traballar moitas cuestións relacionadas co uso de internet, que aínda que nos parezan obvias, poden resultar moi importantes para sermos mellores membros da sociedade que conformamos a rede, e para intentar aportar o noso grao de area na procura da reducción da fenda dixital.
Dende este punto de vista docente, os membros de aulablog decidimos participar ativamente nese día, realizando unha serie de actividades "extraordinarias" (coas que trataremos de desenvolver unha sesión continua de apoio e asesoramento no eido blogosférico (na docencia principalmente) a través dos foros, chats,..., repartiremos algún que outro "premio", e moito máis que iremos contando en aulablog). Ademais aulablog participa nos Premios convocados para o Día de Internet como mellor iniciativa educativa para o día de internet.
Se aulablog che parece unha boa iniciativa educativa, neste senso, que merece ser recoñecida, podes votar a súa candidatura premendo neste vínculo: VOTO a Aulablog ou na web do Día de Internet
O Equipo de Aulablog, tamén participamos co Planeta Educativo na categoría de mellor webloger ou periodista dixital. Se queres votalo preme aqui: VOTA Planeta Educativo