Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2003. Resumen
04/12/2003Blogueamos Todos15/12/2003Portal de e-formación e-scolaE-scola é un proxecto desenvolto pola Escola Galega de Formación, S.L.http://www.e-scola.org/ 16/12/2003Punto DIT da U. de Alicante A Universidade de Alicante puxo en funcionamento o Secretariado de Innovación Educativa (Director: Alfredo Ramón Morte), e o Punto DIT (Docencia e Innovación tecnológica), onde o profesorado poderá acudir tanto para ofrecer suxerencias e iniciativas, como para recibir asesoramento para introducir as Novas Tecnoloxías na docencia.Punto DIT (Docencia e Innovación Tecnológica) Creo que está a traballar ben e paréceme acertado o planteamento de colaboración aberta con outras instancias da Universidade de Alicante para desenvolver as súas propias funcións. 20/12/2003A web de Pere MarquèsO profesor Pere Marquès da UAB, ten públicos a través da súa páxina web, unha morea de recursos para tódolos niveis educativos; aporta tamén reflexións, e artigos de gran interese. 22/12/2003Os libros de texto nos tempos da ReformaNo artigo de Felipe Zayas e Carmen Rodríguez Gonzalo, publicado no número 330 da revista Cuadernos de Pedagogía , faise unha crítica á utilización irracional do libro de texto na escola. Aparecen afirmacións interesantes como: "... parece como se a concepción tradicional da ensinanza como transmisión de coñecementos pesara tanto que fora imposible desembarazarse dela". P.27 Ou que as actividades dos libros de texto de lingua (primaria e secundaria) non esixen relacionar, nin xerarquizar, nin tomar decisións. Son actividades pechadas, de comprobación, fáciles de realizar so se comprendeu a explicación previa... Estas actividades teñen boa acollida, por parte do profesorado quizais porque non dan problemas, non esixen levar o control do que está a facer o grupo: Non requiren gran esforzo nin de preparación nin de organización na aula, [...] e non se perde o fí conductor dunha clase a outra, sencillamente porque non hai fío[...]P.30 Para finalizar o artigo, os autores fanse unha pregunta á que responden de forma directa e incisiva: ¿Perdeuse a oportunidade de que os libros de texto contribúan á innovación educativa nas aulas, en relación coa aprendizaxe lingüística? Polo menos nas propostas maioritarias, parece que si, quizais porque innovar non é un dos seus obxectivos. Cibercole en MóstolesAs escolas de móstoles desenvolven o seu cibercole . Neste sitio aparecen propostas suxerentes sobre todo dende o punto de vista da composición e edición de revistas escolares. 23/12/2003El ordenador al servicio del texto oralMUÑIZ, M.(2003): "El ordenador al servicio del texto oral" en Cuadernos de Pedagogía; 330; pp.95-97 O artigo desenvolve unha proposta para integrar as TIC na planificación e producción dunha exposición oral. Un procesador de textos axuda a discriminar ideas principais e secundarias para elaborar un guión. Logo este, trasládase a un programa de presentacións, dende o que se traballa a estructura dos paragrafos e a súa adecuación á audiencia. Uso das TIC na aula: Condicións "Entendemos a integración das TIC na secuencia didáctica como un instrumento ó servicio da ensinanza e a aprendizaxe, unha ferramenta para aprender e ensinar, que debe facilitar neste proceso a tarefa do profesorado e do alumnado". P.95 "O uso das TIC na aula, non debe supoñer dificultades, é dicir non debe requirir por parte de uns e outros grandes coñecementos nin moito tempo para a súa aprendizaxe, pois en tal caso, non terá sentido o seu emprego". P.95 "Outra condición para a utilización das TIC ,a aula, é que o equipamento informático estea ó alcance de calquera centro educativo e non debe ser custoso, pois ningún centro educativo pode permitirse a actualización constante de hardware e software". P.95 "O uso das TIC na producción de textos proporciona melloras significativas no proceso de planificación e preparación dunha exposición oral e facilita levar a cabo ensaios da exposición que permitirán a corrección entre iguais, o traballo cooperativo e a autorregulación da aprendizaxe". P.95-97 Novas tecnoloxías no ensino das linguasRODRÍGUEZ ILLERA,J.L.(2003):"Nuevas tecnologías en la enseñanza de las lenguas" en Cuadernos de Pedagogía; 330, pp:.91-93 Neste artigo fálase do uso das TIC como mediadoras na ensinanza e aprendizaxe das linguas xeneralizouse nos últimos anos. Hai unha dobre dirección neste proceso: por unha parte, o seu uso como ferramentas de axuda; e por outra, os avances que están a provocar en determinadas habilidades lingüísticas e comunicativas. ¡¡ Bo Nadal e mellor 2004 !!É un desexo para tod@s, de quen escribe este blog. ************************************************** ************** Moita SAÚDE e Moita PAZ ************** ************************************************** 23/12/2003 11:41. Ligazón permanente. Hay 1 comentario. 30/12/2003Programa eLearning 04-06 da UENunha una entrevista publicada no portal elearnineuropa.info , Maruja Gutiérrez (directora da Unidade Multimedia da Dirección Xeneral de Educación e Cultura da Comisión Europea, unha das responsables directas da elaboración e desenvolvemento do Programa eLearning 2004-2006) afirma que a Comisión Europea vai dedicar casi a metade do presuposto ó apartado de irmanamento de escolas: uns 7 millóns de euros anuais. Irmanamento de escolas Trátase de utilizar as TIC para establecer relacións de cooperación entre centros escolares situados en países distintos. O obxectivo, según Gutiérrez, é que ningún neno saia da escola sen ter participado nalgún proxecto europeo deste tipo. Pero de momento vanse propiciar que polo menos 30.000 escolas europeas se irmanen mediante Internet antes do 2007. Na primaveira de 2004 lanzarase una campaña de información e agárdase que no verán todos os centros escolares teñan coñecemento desta iniciativa e que os primeiros irmanamentos empecen en setembro de 2004. Están a estudiar tamén, a posibilidade de crear unha rede de profesores pioneiros, particularmente dinámicos e experimentados nestes temas, para que podan axudar e animar ó resto. Campus virtuais universitarios A comisión dedicará o 30% dos recursos ó segundo gran tema do Programa eLearning que é o desenvolvemento de campus universitarios virtuais. O obxectivo é impulsar a movilidade virtual mediante as NTIC. Alfabetización dixital O último gran eixo do Programa eLearning é a alfabetización dixital. O concepto de alfabetización dixital nace no cumio europeo de Lisboa no ano 2000, cando se constata a carencia de persoal cualificado para ocupar postos de traballo relacionados coas NTIC. 01/12/2003. Extraído de elearningeuropa.info Internet e educaciónREY VALZACCHI, J(2003): Internet y educación. Aprendiendo y enseñando en los espacios virtuales. AICD Este libro editado pola Axencia Interamericana para a Cooperación e o Desenvolvemento AICD, é un bo recurso para aqueles profesores que desexen introducirse no uso de internet e as NTIC no ámbito educativo. Pódese descargar en formato PDF no weblog de educ.ar |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |