Sekeirox

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2003.

Resumen

01/11/2003

Benvid@ ó weblog sekeirox

Parece que xa teño un blog. Para empezar exporei unha serie de propósitos que seguramente irán trocando co tempo.
1. Só dicir verdades.
2. Non poñernos morriñentos, se non é necesario.
3. Utilizar esta ferramenta como recolleita de información de traballo e elaboración propia
4. Permitir as ligazóns permanentes aos arquivos.
5. A xente que desexe remexer nos privados que o faga, ata que eu me canse.
6. Que non deixe de ser un blog persoal, polo momento.
01/11/2003 11:53. Ligazón permanente. Tema: Contorno No hay comentarios. Comentar.

07/11/2003

Salvemos ó animal

Esta historia, foi escrita cando aínda non se sabía que pasaría o que pasou. É unha histria que pasou polo meu maxín hai xa tres anos bos. Aí vos vai
¡Salvemo-lo animal!

É verdade que o tempo pon a cadaquén no seu sitio... Este pensamento asáltame case que tódolos días cando ergo a mirada dos meus libros, para botar unha ollada pola fiestra deste edificio cheo de cultura encriptada.
O que outrhora ía sempre cunha camisa nova mirando cara ó sol, e que saíra da bisbarra ferrolana para instaurar un sistema terrorífico e espallar a inxusticia pola hispania de mediados do século que estamos a rematar; segue ahi, a pesar dos pesares; continúa erguido no seu cabalo no mesmo sitio de sempre, na mesma postura; ainda que algo está a cambiar... pouco a pouco a ferruxe estalle a chegar ós c...ostados.
O seu busto, infinitamente venerado por algúns e odiado por outros, é agora o lugar preferido polas almas de tantísimos españois reencarnados en gueivotas, que veñen ex profeso, para depositar ali, día tras día, os seus excrementos.
¿E que dicir da montura? Ó pobre equino non lle queda outro remedio que aguantar e aguantar o peso de tan insigne opresor, ainda que non queira.
A cola do animal fica ergueita, tal como se quixese colaborar na tarefa das gueivotas, e manchar, ainda máis, ese chan polo que está a pasar sen pasar; ese camiño que os leva a algures onde nunca acaban de chegar.
¿E pregúntome..., non será tempo de librar de tanto sufrimento ó animal? ¿Non será momento de axudar a ese cabalo a atravesar dunha vez por todas a Plaza de España?
07/11/2003 21:08. Ligazón permanente. Tema: Blogheadas Hay 1 comentario.

18/11/2003

Por unha nova alfabetización

Entrevista a José Luis Orihuela

José Luis Orihuela é profesor universitario, conferenciante e consultor de eComunicación. Ten unha extensa traxectoria no uso de weblogs e é un referente na utilización de novas tecnoloxías na educación.


Entrevista a José Luis Orihuela
18/11/2003 14:02. Ligazón permanente. Tema: Eduticadas No hay comentarios. Comentar.

21/11/2003

A asiática chegou á miña casa

flubug.jpgNinguén a convidou a pasar as últimas dúas semanas na miña casa, máis o pasado xoves 13, instalouse no cuarto do lado. O caso é que debémola tratar tan ben, que non quixo marchar.
O asunto é que me debeu pillar ben, xa que dende o luns estou coa asiática na cama.
O luns empeceime a sentir mal, o martes pior, o mércores para o arrasstre, o xoves, .... mellor esquecer o xoves; e hoxe, por fin empezo a recuperarme.
O malo do caso é que se nega a deixar a miña casa, e segue a traballar noutros corpos para cumprir ca súa misión: sobrevivir.
A verdade é que a vida dos virus é fastidiada, e a dos virus da ghripe, non é unha excepción; son unha perdición para o corpo que ocupan, podéndolles causar a morte, pero ó mesmo tempo eses mesmos corpos son a súa salvación.
Son seres incompletos que precisan dos demais para se reproducir, xa podían ser máis agradecidos cos seus caseiros,...
Pero en fin, o pior xa está a pasar, para a próxima vez haberá que acudir ó centro de saúde a se vacinar, porque sabedes que por unha vez acertaron coa cepa que nos está a amolar. ¡¡Benaventurados os vacinados este ano!!!
21/11/2003 18:17. Ligazón permanente. Tema: Contorno No hay comentarios. Comentar.

26/11/2003

Thoughts on Edblogger

Interesantes reflexións sobre o uso dos blogs nas escolas, e unha porta aberta á investigación.http://www.weblogg-ed.com/2003/11/24#a1201
26/11/2003 12:59. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar.

27/11/2003

Sobre hipertexto

Un blog sobre hipertexto: Ted Nelson contra la web
27/11/2003 12:51. Ligazón permanente. Tema: Eduticadas No hay comentarios. Comentar.

Xa pasou un ano e ainda está ahi...

envisat.jpgO Prestige, e as súas consecuencias seguen ahi, en silencio...
27/11/2003 13:31. Ligazón permanente. Tema: Contorno No hay comentarios. Comentar.



O Recanto

Semente RSS:

Temas

Archivos

Enlaces

Blogheadas

Contorno

Deseño

Deseño Instruccional

Document Ando

Edublogs

Educ Ando

Eduticadas

Recursos

(SI) Sociedade da Inf...

Tecnoloxías

WebQuests

1,2,3 a contar ...

  • http://www.nedstatbasic.net/stats?ADIBBgDbTJ2JU1eeJYJIpNzInpbQ

Contact Ando

  • http://sekeirox.blogia.com/index.xml
  • http://del.icio.us/xacaes
  • http://skype:xacaes?call
  • mailto:sekeirox@gmail.com
  • mailto:xacaes@hotmail.com
  • http://odeo.com/sendmeamessage/CarlosSantos
  • http://www.google.com/reader
  • http://www.aypwip.org/webnote/sekeirox
  • http://www.getblogs.com
  • http://www.bitadir.com
  • http://www.chuza.org
  • http://www.blogfesor.org/manifiesto.htm
  • http://www.flickr.com/photos/sekeirox/99190449/
  • http://creativecommons.org/licenses/by/2.5/es/deed.gl
  • http://www.feedness.com/

Imaxin Ando

CeroTres

www.flickr.com
This is a Flickr badge showing public photos from Sekeirox. Make your own badge here.

Sindicación

Smart RSS Button Engadir feed a:
¿RSS, feeds, sindicación? (Axuda grazas a blogum)

Declaración de RoaEste blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe).

Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo .

Usa Firefox!. Navégase mellor


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.