Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2004. Traballlo colaborativo/blogging/e-portfolioVía HeadsPace J, dou con ELGG que como a define Jeremy é unha nova aplicación de traballo colaborativo en rede (Social Network, que inclúe en sistema de xestión e edición de contidos (Personal Publishing) que funciona como un blog e inclúe un servicio de ePortafolio = elgg A ferramenta está nos seus comezos, pero coido que tal e como David Tosh e Ben Werdmuller están a montar esta aplicación combinando ideas simples para crear unha ferramenta poderosa, vailles ir moi ben. Máis aló do eProtafolioRecorrendo as experiencias dos autores de elgg referenciados na anotación anterior, percorro unha serie de sitios e ligazóns que tratan o tema dos e-Portafolios: - Canadian Reflections de Dave Tosh - Vía elearnspace que citando a Darren atopo o ePortfolio Portal - En educause, 27 publican o artigo: Keeping the Horse Before the Cart: Penn State’s E-Portfolio Initiative, de Glenn Johnson e David DiBiase. - Por distintas vías: the e-Learning Centre; UNITAR; e sobre todo de Avalúo y tecnologías de Aprendizaje, dou co artigo Beyond the Electronic Portfolio: A Lifetime Personal Web Space (PDF) Mario A Núñez Molina engade que a tese mantida por Ellen R. Cohn and Bernard J. Hibbitts neste artigo debe ser unha das metas de todo goberno que aspire a desenvolver ao máximo o potencial de cada un dos seus cidadáns. Engade ademais que se lle concedemos un espazo na Web a cada un dos nosos ciudadáns dámoslle a oportunidade de aportar á herdanza colectiva dun xeito concreto e permanente. Coincido de cheo con él que as escolas deben ensinar aos nosos nenos a destreza de publicar na rede, e que para iso é necesario incidir na formación específica do profesorado nestes temas. Documentos en formato abertoCarles de sierto recolle e comenta a documentación oficial da Unión Europea sobre os formatos abertos: Available documentation on the Promotion of Open Document Exchange Format. Máis servizos de WeblogsPaco Muñoz de la Peña de aulablog21fai referencia nesta anotación á dispoñibilidade de novos servizos de Weblogs (algún deles, como nx en galego). Interesantes tamén os comentarios de Fabián ao respecto. Construcción virtual da mente Facéndome eco de octeto destaco o artigo de Carles Monereo, publicado no número 9 da revista Interactive Educational Multimedia. Ao que adicarei un tempo de lectura nesta ponte entre días festivos, case que acueducto.Pormoción das TIC para o desenvolvemento Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Principios: A función dos gobernos e de todas as partes interesadas na promoción das TIC para o desenvolvemento 20. Os gobernos, o sector privado, a sociedade civil, as Nacións Unidas e outras organizacións internacionais teñen unha función e unha responsabilidade importantes no desenvolvemento da sociedade da información e, no seu caso, no proceso de adopción de decisións. Crear unha sociedade da información que teña como prioridade á persoa supón un esforzo conxunto que necesita a cooperación de todas as partes interesadas. Weblogs na educaciónVía aulablog21 dou co artigo Weblogs en educación de Fanny Contreras, publicado na Revista Digital Universitaria de la UAEM. De fácil lectura, fai unha descrición resumida dos weblogs e dos seus usos educativos. Ademais, a Revista Dixital da UAEM, vaise converter nun novo lugar de parada. Ten moi boa pinta. Poñerei unha baliza. Aprendizaxe por proxectosPola mesma vía de aulablog21, boteille unha nova ollada aos artigos publicados na eduteka. de todos eles, un máis interesantes para mín que outros, destaco os dous capítulos (capítulo 1 e capítulo 2 escritos por David Moursund, do libro Project-Based Learning Using Information Technology, publicado por ISTE e traducidos por eduteka. Nel faise unha introducción ao tema da aprendizaxe por proxectos, as súas características; exemplos; recomendacións para a incorporación de TICs a este tipo de metodoloxía instructiva. Editar a memoria docenteEn educar publican un post escrito por Paula Lorenzo, sobre o Programa Memoria Docente y Documentación Pedagógica del Laboratorio de Políticas Públicas de Buenos Aires Parten da idea de que os relatos constrúen a historia; e que as experiencias son o seu insumo indispensable. Polo tanto esta proposta concretada no web reúne relatos e experiencias educativas dos docentes. ten moi boa pinta a iniciativa. Tipoloxía de Comunidades VirtuaisNo what's new do eLearningCentre e en elearnspace comentan o atrigo: A Typology of Virtual Communities: A Multi-Disciplinary Foundation for Future Research de Constance Elise Porter da University of Notre Dame, e publicado polo Journal of Computer-Mediated Communication da University of Southern California. O obxectivo central deste artigo é o desenvolvemento dun sistema de clasificación das comunidades virtuais, atendendo ás súas características definitorias. É un artigo que tenta poñer certa orde ante un dos termos máis utilizados polos investigadores educativos pero que aínda xenera certa confusión, dependendo do ámbito do que se analice. Neste artigo, defínise unha comunidade virtual como un conxunto de persoas ou entidades que interactúan en torno a intereses compartidos, estando esta interacción mediada na súa totalidade ou en parte polas TICs e guiados por algúns protocolos e normas. Modelos de deseño instruccionalEn EduResources Weblog fan un comentario sobre este sitio publicado por Martin Ryder. Xa o tiña revisado nalgunha ocasión, e coido que é unha boa recolleita actualizada e categorizada de modelos de deseño instruciconal. Unha Sociedade da Información Integradora Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Principios 2) Infraestructura da información e as comunicacións: fundamento básico dunha Sociedade da Información integradora. 21. A conectividade é un factor habilitador indispensable na creación da Sociedade da Información. O acceso universal, ubicuo, equitativo e asequible á infraestructura e os servizos das TIC constitúe un dos retos da Sociedade da Información e debe ser un obxectivo de todas as partes interesadas que participan na súa creación. A conectividade tamén abarca o acceso á enerxía e aos servizos postais, que debe garantirse de conformidade ca lexislación nacional de cada país. Un pasiño para dianteO compartir información, experiencias e esforzos na elaboración de información na rede ponse, cada día que pasa, máis doado. Só necesitamos pagar (que non é pouco) a peaxe para meternos na grileira; o resto é case todo de balde e ca posibilidade de compartilo: discos virtuais, galerias de imaxes online, blogs, podcasting, feeds, ePortfolios, wikis, redes sociais, ... e un sinfín de aplicacións, que teñen a súa razón de ser na rede. Nesta ocasión, penso neste tema despois de ver por Onde anda Su ultimamente e de ler: este post de Albert Delgado en Edblogger Praxis e as ligazóns que nel se fan; despois de ler o que comenta James, en Incorporated Subversion; e despois de ler vía weblogg-ed, este interesante artigo de Naomi Augar, Ruth Raitman e Wanlei Zhou, da Universidade de Deakin, sobre o uso de wikis como ferramentas de ensino - aprendizaxe. Will, R. no mesmo post, pon como exemplo de uso de wikis o Planetmath.org. Stephen fai referencia ao artigo Extreme Blogging publicado en Forbes.com, comentado, pola súa banda, por George Siemens en elearnspace, no que falan dos wikis como "un paso máis adiante na democratización da web" con respecto aos blogs, xa que posibilitan que as contribucións individuais e máis ou menos ailladas a un tema a través de páxinas web normais ou a través de blogs personais, se podan combinar nunha tarefa de construcción viva de documentos. Comenta o seu autor, Matt Rand, que estas ferramentas encerran algúns riscos, no senso de que a bondade participativa deste tipo de ferramentas depende en última instancia do grao de control que desexe exercer o administrador do wiki, e do grao de implicación que teñan os colaboradores ou coeditores participantes do mesmo. Máis sobre ePortafoliosGeorge Siemens publica en eLearnspace este interesante artigo sobre os ePortafolios. Completo: definicións, como e cando utilizalos; beneficios do seu uso; compoñentes dun ePortafolio; como crealos (proceso de creación); consenso ou estandarización; tendencias; e unha ampla bibliografía. Solidariedade Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Principios: 22. Un bo desenvolvemento de infraestructuras de rede e aplicacións de comunicación e información adaptadas ás condicións locais, rexionais e nacionais, facilmente accesibles e asequibles, e que utilicen en maior medida á banda ancha e, de ser posible, outras tecnoloxías innovadoras, pode acelerar o progreso económico e social e mellorar e benestar de todas as persoas, comunidades e poblacións. Desenvolvemento para o sostemento e mellora Na casa polo Nadal*************Que pasedes unhas boas festas de Nadal e que o vindeiro ano sexa moito mellor que o que está a rematar.************** Solidariedade e educaciónXa comentei no post anterior, que estaría estes días navegando baixo mínimos, deixándome levar polo vento, pola forza das mareas,... pero tentando manter o rumbo. E como non son surfeiro experimentado, fago (como moitos dos actuais navegantes) un pouquiño de trampa e utilizo uns pequenos pero potentes motores auxiliares: neste caso o feedness. Axudado pola súa forza, dou vía fírgoa, con tres novas que me pareceron de gran interese, que coido gardan unha estreita relación. Por unha banda, fan referencia a unha nova de noticiasdot.com , na que falan de TextArchive: a resposta da comunidade libre (concretamente da asociación sen ánimo de lucro "Internet Archive") emulando á iniciativa de construír unha gran biblioteca online, anunciada hai pouco polos responsables de Google: a Google Library. En TextArchive xa participan como doantes: a Biblioteca do Congreso estadounidense, a Universidade Carnegie Mellon, as Universidades de Toronto, Ottawa e McMaster; a universidade china de Zhejiang, o Instituto Indio da Ciencia ou a Bibliotheca Alexandrina de Egipto. Por outra banda, destacan a través de barrapunto.com, o post de rvr que informa de que a versión en galego do Wikcionario, chegou a sobrepasar as 10000 entradas (10391 concretamente ás 13h de hoxe), colocándose dentro dos tres maiores wikcionarios. E por último, e pola mesma vía, din tamén co artigo: Education for All Global Monitoring Report 2005 - The Quality Imperative, (o seu resumo pódese descargar tamén en fírgoa), no que se argumenta que a calidade: é o centro da educación; que inflúe no que aprenden os estudiantes, no ben ou mal que estudian, e nos beneficios que obteñen do seu proceso educativo. Tras facer unha análise profunda da situación educativa de diversos países e a nivel mundial, fálase da importancia que teñen os gobernos tanto a nivel nacional como internacional, de cara a asegurar un ensino de calidade a todos os alumnos do mundo, por medio de políticas educativas solidarias. A solidariedade e o compartir no ámbito educativo, son elementos comúns aos tres artigos comentados. Leerei este último da UNESCO con máis detemento estes días. Máis accesible: SpeegleCatuxa en dekailli comenta que a través de Pablo Almeida enterouse da existencia de Speegle, e eu entérome a través dela. Pareceume un recurso fantástico, ainda que supoño que estará en desenvolvemento e poderá mellorar moito máis. Trátase dun buscador cunha apariencia similar a Google, que ten a particularidade de ir lendo (oralmente) os resultados da búsqueda. Tamén en dekailli, Vanesa fai referencia ao tema de TextArchive que eu destacaba no post anterior sobre a alternativa á iniciativa de Google, pero neste caso a mostran como unha alternativa a Google Print. Garantir o acceso Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Principios: 23. Habería que concibir e aplicar políticas que cren un clima favorable de estabilidade, previsibilidade e competencia leal a todos os niveis, de modo que se atraia máis á inversión para o desenvolvemento de infraestructura TIC e que esta sirva tamén para cumprir as obrigas do servizo universal en rexións nas que as condicións tradicionais do mercado non o permiten. Nas zonas menos aventaxadas o establecemento de puntos de acceso público ás TIC en oficinas de correos, escolas, bibliotecas e arquivos poden garantir eficazmente o acceso universal aos servizos e a infraestructura da sociedade da información. E cercáronme as ondas, que grandes son!Sedia-m´eu na ermida de San Simión e cercarin-mi-as ondas que grandes son. Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá? Estando na ermida, ant´o altar cercarin-mio-as ondas grandes do mar. Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá? E cercaron-mi-as ondas que grandes son: non ei barqueiro nen remador. Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá? E cercaron-mi-as ondas do alto mar: non ei barqueiro nen sei remar. Eu atendend´o meu amigu´E verrá? Non ei barqueiro nen remador morrerei fremosa no mar maior. Eu atendend´o meu amigu´E verrá? Non ei barqueiro nen sei remar morrerei eu, fremosa, no alto mar. Eu atendend´o meu amigu´E verrá? Meendinho. Este xograr foi especialista en cantigas de amigo. Viviu no século XIII e empregou un nome desprovisto de apelido, diminutivo de Mendo. Pénsase que naceu nalgún punto da Ría de Vigo, posiblemente na parroquia redondelá de Quintela, por existir nela un lugar chamado "O Mendo", con vistas á illa de San Simón. A única composición que se conserva da súa autoría é a da ermida de San Simón, a 438, integrada no Cancioneiro da Vaticana. Foi escrita no ano 1250 é coñécese como a CANTIGA DE SAN SIMÓN CRTVG Seguro que as ondas que cercaban á protagonista desta fermosa cantiga, a pesar da inquedanza que lle producían, e fóra de interpretacións literarias, non eran como as que asolaron estes días a unha metade do mundo. Will R. e Mario Núñez fanse eco da nova do New York Times sobre a incidencia dos blogs no seguemento do desastre. Ademais Will R. fai referencia a un blog creado para axudar ás víctimas do desastre, e tamén a entrada recollida na wikipedia sobre o tremor que asolou as costas bañadas polo Océano Índico. O meu pesar e solidariedade cas víctimas. Un descanso para a vista?Vía Avalúo e Tecnologías de Aprendizaje, Mario A. Núñez fala da nova versión de Opera, que ofrece apoio para RSS e recibe ordes vía voz. Ao respecto, Gemma Ferreres en tinta china, amplía un pouco a información e dí que non só recibe ordes vía voz, senón que lee (daquela maneira) en voz alta as noticias. Paréceme, dende logo un novo paso de xigantes de cara á accesibilidade á información, e un descanso para a vista. Máis podcastingSeguindo co tema da voz, Gemma Ferreres en tintachina, fai referencia a dous artigos de mini-d e pjorge, sobre o podcasting. E Bea en Blog d'una profe publica un interesantísimo artigo sobre as utilidades didácticas do podcast (tamén revisei por onde anda Su ao respecto). Neste artigo Bea, conta os seus pasos co podcasting e os resultados, ademais fai unha avanzada de posibles usos educativos desta aplicación que sen dúbida será importante na docencia. SimulaciónsMartin Shroeder de Online Learning Update fai un comentario sobre os usos que lle dan ás ferramentas de simulación na Universidade de Phoenix. Recursos en Aulablog21Paco de Aulablog21, lavoulle a cara ao seu blog ;) (ainda que non lle facía falta ao meu parecer, porque estaba estupendo). A verdade é que lle está a quedar moi ben e sobre todo, o máis importante (sobre todo para el), é que mudou de xestor do blog, pasándose ao wordpress. A verdade é que teño un pouco de envexa, xa que teño pensado facer un cambio no sekeirox na mesma liña, máis non atopei nin o tempo nin os recursos para mudarme; e polo tanto seguirei facendo uso desta magnífica ferramenta que nos ofrece blogia. Ca súa nova ferramenta, Paco publica unha serie de posts, que me pareceron realmente de interese: Fala do Snap log Photo Blog; moi interesante Fala tamén do Email Icon Generator que descoñecía e do que xa fixen uso como se pode ver na sección Contact Ando de sekeirox. E por último destaco o comentario que fai sobre unha plantilla para avaliar blogs: Blogging evaluation; haberá que analizala un pouco. |
Temas
Archivos
Enlaces
BlogheadasCeroTresContornoDeseñoDeseño InstruccionalDocument AndoEdublogsEduc AndoEduticadasRecursos(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |