Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2004. Resumen
07/01/2004Materiais curricularesO CNICE (Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa) do MECD, ven incorporando no seu sitio web, interesantes recursos educativos para profesores e alumnos dos distintos niveis non universitarios. Os últimos premiados, resultan especialmente interesantes, tanto polo seu contido, como pola súa presentación. 08/01/2004e-learning e software socialDende OCTETO , portal informativo do CENT (Centre d'Educació i Noves Tecnologies) da Universidade Jaume I de Castellón, comentan o artigo de Eva Kaplan-Leiserson en Learning Circuits: «We-Learning and E-Learning». «O primeriro e-learning cambiou interacción humana por tecnoloxía. Agora, o elemento persoal estase engadindo outra vez. Novas ferramentas de software social tomadas dos negocios e das xeneracións xóvenes combinan a tecnoloxía e o toque humano para reunir o mellor de todos os mundos posibles (incluíndo os virtuais).» As ferramentas sociais destacadas e analizadas pola autora pola súa relevancia para a educación, son as seguintes: - A mensaxería instantánea. - Os espacios de traballo colaborativos. - Os weblogs. - O software de xestión de expertos. Kaplan abonda na opinión de que estas ferramentas abren novas posibilidades nos contornos virtuais de ensinanza/aprendizaxe e incluso apunta que, no futuro, poderían chegar a reemplazar totalmente o courseware actual (as aplicacións de creación e gestión de cursos, centradas nos materiais). 10/01/2004Desenvolvemento das telecomunicacións A Unión Internacional de Telecomunicacións UIT, presentou un informe na última Cumbre Mundial para a Sociedade da Información, en Xenebra, Suiza (10-12 decembro de 2003).Este informe de 180 páxinas, pretende identificar os indicadores pertinentes para avaliar o acceso das poblacións mundiais ás TIC. O primeiro capítulo trata de situar á sociedade da información no seu contexto. No segundo capítulo analízanse os indicadores destinados a avaliar o acceso ás TIC. No terceiro capítulo, examínase a avaliación do acceso ás TIC nos sectores chave dos gobernos, as empresas e as escolas. No cuarto capítulo examínase a relación entre os indicadores TIC e os obxectivos de desenvolvemento para o milenio, que suscitaron un gran interese como pauta para fixar e avaliar os obxectivos de desenvolvemento mundial. No quinto capítulo estúdiase a necesidade de crear un índice TIC pertinente e completo co fin de avaliar os progresos logrados polos distintos países. Por último, no sexto capítulo faise unha proposta de recomendacións encamiñadas a mellorar a dispoñibilidade de indicadores de acceso á sociedade da información. Extractado do resumo do informe que se atopa en formato PDF no sitio web da UIT . Weblogs: The Reading/Writing ConnectionA profesora Nancy Peralta, a través do seu blog , ofrécenos unha guía rápida e moi útil para a utilización dos weblogs nas aulas, o seu artigo: "The Reading-Writing Connection: Internet Publishing made SIMPLE with Weblogs", contén informaicón e ligazóns moi útiles como apoio á aprendizaxe do uso dos blogs. Ademais fai unha chamada ó uso desta ferramenta nas aulas: "If you’re looking for a powerful way to connect reading and writing across the curriculum, this class is for you! A weblog, or “Blog,” is a fun and easy way to publish a journal on the internet, and it’s guarenteed to get students “writing like enlightened readers." Learn to blog and create a cass blog for a Standards based project of your choice! You and your students will share the excitement of collaborative writing and publishing for a real audience of readers ith this simple online software.Come on—be part of the BLOGOSPHERE!" 12/01/2004Webs na docencia universitariaAREA MOREIRA, M. (2003): Creación y uso de webs para la docencia universitaria. Guía didáctica Dpto de Didáctica e Investigación Educativa y del Comportamiento. Facultad de Educación. Universidad de la laguna. Esta guía didáctica para profesores universitarios é un producto derivado do proxecto de investigación Internet na docencia universitaria. "Diseño y experimentación pedagógica de materiales didácticos distribuidos a través da WWW". Nesta guía trátanse as aportacións potenciais de Internet á innovación da ensinanza superior; os niveis de integración e uso das redes de ordenadores na ensinanza; a definición do que é un web docente; e por último o autor presenta unha serie de software e recursos informáticos, así como bibliografía e enlaces que axudan na creación dun web docente. Weblogs: Novos cadernos de bitácoraNo número 10 da revista RED , recóllense dous interesantes artigos sobre os weblogs na educación, por parte de Miguel Zapata Gros, do Departamento de Picoloxía Evolutiva da U. de Murcia Os artigos están en formato PDF: Weblogs: Nuevos cuadernos de bitácora Miguel Zapata Ros "...dende unha perspectiva, de profesionais e usuarios da educación aberta e a distancia a través de redes, as bitácoras están chamadas, como espacios das comunidades de aprendizaxe, a protagonizar un papel de actor principal no terreo dos recursos formativos de internet, favorecendo a creación de contornos novos e distintos de aprendizaxe". El uso de los Cuadernos de Bitácora o Weblogging: Otro tipo de sitios web Orixinal de Chris Ashley Traducción de Nora Lizenberg Adaptación de Miguel Zapata Ros Weblogs, part II: A Swiss Army website? Chris Ashley 19/01/2004Unha sociedade da información incluínte Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Declaración de principios: 1. "Nós, representantes dos pobos do mundo, reunidos en Xenebra do 10 ó 12 de decembro de 2003 con motivo da primeira fase do cumio mundial sobre a sociedade da información, declaramos o noso desexo e compromiso comúns de construir unha sociedade da información centrada na persoa, incluínte e orientada ó desenvolvemento, na que todos poidan crear, consultar, utilizar e compartir a información e o coñecemento, para que as persoas, as comunidades e os pobos poidan desenvolver o seu pleo potencial na promoción do seu desenvolvemento sostible e mellorar a súa calidade de vida, dacordo cos obxectivos e principios da Carta das Nacións Unidas e respectando e definindo plenamente a Declaración Universal dos Dereitos Humanos 22/01/2004Nace Expocampus Expocampus é unha iniciativa creada e promovida pola Axencia Española para o Desenvolvemento e Investigación da Sociedade da Información (AEDISI). Baixo a denominación de Expocampus® agrupanse unha serie de espacios, creados todos eles para colaborar cas universidades de fala hispana no proceso de incorporación da educación virtual. A estructura principal de Expocampus vertebrase nunha comunidade virtual de expertos en e-learning e persoas interesadas nesta modalidade educativa e unha conferencia anual aberta organizada en torno a mesas redondas con expertos que concurren por invitación expresa. 26/01/2004Sociedade da información para o desenvolvemento sostible Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Declaración de principios: 2. O noso desafío é encauzar o potencial da tecnoloxía da información e a comunicación para promover as metas de desenvolvemento da Declaración do Milenio, a saber, erradicar a pobreza extrema e a fame, lograr unha educación primaria universal, promover a igualdade de xénero e a habilitación das mulleres, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater a VIH/SIDA, o paludismo e outrar enfermidades, garantir a sustentabilidade ambiental e forxar alianzas mundiais en favor do desenvolvemento para lograr un mundo máis pacífico, sostible e as metas de desenvolvemento convidas, que se sinalan na Declaración de Johannesburgo e no Plan de Aplicación do Consenso de Monterrey, e outros resultados dos Cumios pertinentes das Nacións Unidas. Novos medios, novos contornos de aprendizaxeNun artigo publicado en elearningeuropa.info , por D. Buckinham: Nuevos medios, nuevos lugares de aprendizaje , o autor pregúntase se nos estamos a enfrontar cunha crise da cidadanía, facéndose eco das opinións de algúns autores, e dun sector da poboación que arremete contra o "pasotismo" da xuventude e da infancia, en xeral. Dí o autor, que máis que unha crise da cidadanía, o que estamos apresenciar é un proceso no que as formas de cidadanía tradicionais (modernas) están a dar paso a novas formas (posmodernas). Estas novas formas non dependen tanto da situación xeográfica como das novas formas de comunidade que permiten os medios electrónicos. Os xóvenes participan activamente na sociedade e na política, aínda que non do xeito como o poderían desexar os adultos. Fano mediante campañas moi específicas e movementos artesanais. A educación debe estar moi atenta a estas formas de expresión particulares dos rapaces; concretamente, a educación relativa ós medios de comunicación debería desempeñar un importante papel, tal e como se recolle na Declaración de Sevilla da UNESCO (2002) "a educación relativa ós medios de comunicación é un instrumento para fomentar a participación democrática". É necesario establecer un nexo entre o que se vive nas rúas e o que se vive na escola. Debemos comenzar por sintonizar cos usos que dan os nenos ós medios, máis dende a súa axenda de actividades que dende a nosa, atendendo máis ó que eles consideran pertinente que ó que nós pensamos que deberan facer. En segundo lugar debemos recoñecer que a participación é algo máis que o consumo crítico: implica tamén a PRODUCCIÓN. A educación sobre os medios ten que abarcar tanto unha análise crítica (reflexión) como unha producción práctica e creativa; trátase de poñer ó alcance dos rapaces os medios de producción culturais e de animalos a utilizalos dun modo reflexivo e crítico, tendo en conta que os medios que utilizan os rapaces trátanos cada vez máis como individuos autónomos e activos. Os medios requiren unha interacción, non respectan necesariamente a autoridade, son lúdicos e irónicos e ofrecen múltiples voces disonantes. Ou sexa que os rapaces participan activamente na construcción da sociedade, só que usando as súas normas e as súas ferramentas, e a escola non pode obviar esta realidade, senón que debe partir dela. 28/01/2004O proxecto Rembassy Acaba de sír á luz o proxecto de fin de carreira; O proxecto "Rembassy", está baseado na filosofía Open Source, e trátase da arquitectura base para un sistema de monitorización de servidores. O nome "rembassy" é unha composición realizada a partir de "root embassy" (embaixada do root). Esa é a filosofía do sistema: establecer embaixadas nos servidores monitorizados para axudar ó administrador, usuario root no mundo UNIX, no seu traballo diario. Dende aquí, o meu desexo de que este proxecto, vaia vento en popa. Ánimo. 29/01/2004cabrafanada e outros máisLin o artigo publicado recentemente en A Nosa Terra sobre os blogs "Blogueiros, os novos escritores de diarios", e tiven o pracer de descubrir algunhas ligazóns de interese que á súa vez ligan con outros sitios, algúns interesantes e outros menos. Aqui van as ligazóns: O blog de Fran Alonso Cabrafanada O blog de Manuel Gago O blog de María Yañez todonada ¿Cara onde van os weblogs?Manuel Anchón en alzado.org , publicou recente mente un nteresante artigo sobre o presente e o futuro dos weblogs en España: ¿Hacia dónde van los weblogs? . Interesante, sobre todo pola cantidade de comentarios suscitados a partir da súa publicación. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |