Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2004. A educación: base do progreso Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Declaración de principios: 8. Recoñecemos que a educación, o coñecemento, a información e a comunicación son esenciais para o progreso, a iniciativa e o benestar dos seres humanos.Por outra banda, as TIC teñen inmensas repercusións en prácticamente tódolos aspectos das nosas vidas. O rápido progreso destas tecnoloxías brinda oportunidades sen precedentes para acadar niveis máis elevados de desenvolvemento. Gracias á capacidade das TIC para reducir as consecuencias de moitos obstáculos tradicionais, especialmente o tempo e a distancia, por primeira vez na historia pódese utilizar o vasto potencial destas tecnoloxías en beneficio de millóns de persoas en todo o mundo. 9. Recoñecemos que as TIC deben considerarse como un instrumento e non como un fin en sí mesmas. En condicións favorables estas tecnoloxías poden ser un instrumento moi eficaz para acrecentar a productividade, xerar coñecemento económico, crear empregos e posibilidades de contratación, asi como para mellorar a calidade de vida de todos. Por outra banda, poden promover o diálogo entras as persoas, as nacións e as civilizacións O que oes, esquécelo; o que ves, lémbralo; o que fas, apréndeloCon esta cita de Confucio, Paco Rivière agradece a Carme (blog d'una profe) que o animara a incorporar os webquests á súa docencia. Facilita a ligazón da plantilla que utilizou de modelo de webquest. Interesante webquest para traballar con alumnos de ciclos formativos. Novo número de edutec Cando un está moi liado e esgotado, ten que ir "facendo a goma", como din os ciclistas. Neste caso vía dorfun entérome de que xa está na grileira o número 17 da revista edutec, nesta ocasión recollen unha serie de interesantes artigos de investigación e opinión (sobre webquests; o papel do titor nos EVAs; a aprendizaxe colaborativa e os foros; aprendizaxe en rede; lectoescritura;... )Pechar a fenda Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Declaración de principios: 10. Somos plenamente conscientes de que as vantaxes da revolución da tecnoloxía da información están na actualidade desigualmente distribuidas entre os paises desenvolvidos e en desenvolvemento, asi como nas sociedades. EStamos plenamente comprometidos a facer desta fenda dixital unha oportunidade dixital para todos, especialmente aqueles que corren perigo de quedar rezadagos e ainda máis marxinados. 11. Comprometémonos a materializar a nosa visión común da sociedade da información para nós e as xeneracións futuras. Recoñecemos que os xóvenes constitúen a forza de traballo futuro, están á vangarda das TIC e son tamén os primeiros que as adoptaron. En consecuencia, deben ser facultados como estudiantes, conceptores, contribuintes, empresarios e formuladores de decisións. Debémonos concentrar especialmente nos xóvenes que non tiveron a posibilidade de beneficiarse de cheo das oportunidades que brindan as TIC. Tamén comprometémonos a garantir que, no desenvolvemento das aplicacións e a explotación dos servicios TIC, se respecten os dereitos dos nenos e se vele pola súa protección e benestar. Repositorios: Sembrar para RecollerGisemens en elearnspace afirma que A paradoxa dos repositorios é que a maioría da xente quere usalos, pero non quere contribuir Tecnoloxía e AprendizaxeEn librosvivos.net , pódese descargar en formato .PDF e de balde o informe Tecnología y aprendizaje / Investigación sobre el impacto del ordenador en el aula, elaborado por Marchesi, A.; Martín, E. Casas, E.Ibáñez, A.; Monguillot, I.; Rivière, V.; Romero, F. Ten boa pinta, e sobre todo ten boa pinta a iniciativa de librosvivos de poñer materiais descargables. TICs e Igualdade Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Declaración de principios: 12. "Afirmamos que o desenvolvemento das TIC brinda inxentes posibilidades ás mulleres, as cales deben formar parte integrante da sociedade da información e han de ser actores moi destacados desta sociedade. Comprometémonos a garantir que a sociedade da información fomente as capacidades das mulleres a a súa plena participación sobre as bases de igualdade en todalas esferas da sociedade e en tódalas etapas da adopción de decisións. A este efecto, debemos integrar unha perspectiva de igualdade de xénero e utilizar as tIC como un instrumento para conseguir este obxectivo." 13. "Ó construír a sociedade da información debemos prestar especial atención á situación dos grupos marxinados e vulnerables da sociedade, en particular os emigrantes, as persoas desprazadas no seu propio país e os refuxiados, es desempregados e as persoas menos favorecidas, as minorías e as poboacións nómadas. Recoñecemos, por outra banda, as necesidades especiais dos anciáns e as persoas con discapacidades." 14. "Estamos resoltos a habilitar ós pobres especialmente aqueles que viven en zonas remotas, rurais e urbanas marxinalizadas, a acceder á información e utilizar as TIC como instrumento para apoiar esforzos por liberarse da pobreza." 15. "Na evolución da sociedade da información, debe presentarse particular atención á situación especial dos pobos indíxenas, asi como a preservación do seu legado e o seu patrimonio cultural." Un servidor no camiño Durante varios días, sekeirox estivo parado, xa que un servidor enguedellouse polo camiño. |
Temas
Archivos
Enlaces
BlogheadasCeroTresContornoDeseñoDeseño InstruccionalDocument AndoEdublogsEduc AndoEduticadasRecursos(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |