Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2004. Resumen
25/05/2004que EVA, e PorquéA Universidad Jaume I ven de publicar, a través do seu Centro de Educación y Nuevas Tecnologías, un informe no que se detallan os criterios e a metodoloxía empregados no proceso de avaliación e selección do Entorno Virtual de aprendizaxe (EVA). Os criterios que guiaron a selección foron tres: A flexibilidade didáctica. A usabilidade. A flexibilidade tecnolóxica. 26/05/2004No cumio Xenebra Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Declaración de principios: 4. Reafirmamos, como fundamento esencial da sociedade da información, e segundo se estipula no artigo 19 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, que todo Individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión, que este dereito inclúe o de non ser amolado a causa das súas opinións, e de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión. A comunicación é un proceso social fundamental, unha necesidade humana básica e o fundamento de toda organización social. É tamén indispensable para a sociedade da información. Todas as persoas, en todas partes, deben poder participar e non debe excluirse a ninguén das vantaxes que ofrece a sociedade da información O Maio Ahí ven o maio de flores cuberto... Puxéronse á porta cantándome os nenos; e os puchos furados pra min extendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos, que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Eu sonvo-lo pobre do pobo galego: pra min non hai maio. ¡pra min sempre é inverno! Cando eu me atopare de donos liberto e o pan non mo quiten trabucos e préstamos, e como os do abade florezan meus eidos, chegado habrá entonces o maio que eu quero. ¿Queredes castañas dos meus castiñeiros...? Cantádeme un maio sin bruxas nin demos, un maio sin segas usuras nin preitos, sin quintas nin portas, nin foros nin cregos. (Manuel Curros Enríquez: Aires da miña terra 1880) Curros naceu en Celanova (Ourense) o 15 de setembro de 1851. Loitou toda a súa vida a través da súa obra, polas súas ideas. Nesta obra, Curros fai unha defensa da lingua galega fronte á opresión á que estaba sometida. Foron moitos as persoas que loitaron por Galicia e pola lingua galega. A través destas páxinas, tentarei ir lembrando a algunhas destas persoas. 27/05/2004Monográfico: blended learningXa está na grileira o Nº 23 da revista PIXEL-BIT. REVISTA DE MEDIOS Y EDUCACIÓN. Trátase dun monográfico sobre, o denominado por algúns: "blended learning". Trae artigos como: BLENDED LEARNING. CONCEPTOS BÁSICOS.Antonio Bartolomé Pina (Universidad de Barcelona, España). EL BLENDED LEARNING COMO PRÁCTICA TRANSFORMADORA.Martín Aiello y Cilia Willem (Universidad de Barcelona, España). LAS HERRAMIENTAS DE COMUNICACIÓN EN EL "APRENDIZAJE MEZCLADO".Julio Cabero, María del Carmen Llorente y Pedro Román (Universidad de Sevilla, España). EL CHAT Y OTROS PROCEDIMIENTOS DE EVALUACIÓN A DISTANCIA APLICABLES EN SISTEMAS MIXTOS.Ivory Mogollón (Universidad Central de Venezuela, Venezuela). HERRAMIENTA ASINCRÓNICA PARA UNA ENSEÑANZA PRESENCIAL: EL FORO EN UNAS PRÁCTICAS DE LABORATORIO.Manuel Cebrián de la Serna (Universidad de Málaga, España) MULTIAMBIENTES DE APRENDIZAJE EN ENTORNOS SEMIPRESENCIALES.Marcelo Brito Carneiro Leão (Universidade Federal Rural de Pernambuco, Brasil) CAMPUS EXTENS COMO SISTEMA UNIVERSITARIO SEMIPRESENCIAL.CAMPUS EXTENS AS UNIVERSITY SYSTEM SEMIPRESENCIAL.Bárbara De Benito, Adolfina Pérez i Garcias, Jesús Salinas (Universitat de les Illes Balears, España) COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL, UNA EXPERIENCIA BASADA EN EL BLENDED LEARNING EN LA UNIVERSIDAD.Mariona Grané Oró (Universidad de Barcelona, España) Algúns mitos do e-learningKimberly M. Woodward , en LTI magazine, publica un artigo sobre algúns dos mitos que rodean ás prácticas de e-learning. Comparativa de sistemas de weblogEn slashdot, atopo un artigo sobre sistemas de weblogs. prostoalex, establece unha comparativa segundo ás súas características e prestacións. 28/05/2004Asociación Profesional de Pedagogos de GaliciaNo mes de xaneiro botou a andar APEGA, unha asociación profesional de e para pedagogos. Esta asociación deu os seus primeiros pasos coa creación do portal educativo da Pedagoxía, que pretende ser un espacio de encontro, diálogo, creación e participación de todos. A través do portal de APEGA, pódese acceder a servicios, novas, debates, ofertas,... relacionadas co mundo da pedagoxía. O impacto das TIC na educaciónA través de elearningeuropa.info, chego ó documento: "The Impact of ICT on Education: the three opposed paradigms, the lacking discourse" , escrito por Roni Aviram and Deborah Talmi do Center for Futurism in Education. Ben Gurion University of the Negev, Israel. No artigo, os autores analizan distintos puntos de vista no proceso de integración das tecnoloxías no proceso educativo. Identifican tres enfoques diverxentes na maioría dos seus principios (o enfoque tecnocrático; o reformista e o holista), que conviven ignorándose uns os outros, o que non permite chegar a unha discusión do problema, máis enriquecedora e significativa, que poida derivar na adopción de mellores políticas no eido da integración das tecnoloxías na educación. 31/05/2004Outro servizo de weblogsVía ciberlingua, entérome de que Universia, acaba de poñer a disposición dos seus usuarios, un servizo (en probas) para montar bitácoras. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |