Admin

Sekeirox

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2004.

Centros de apoio das universidades españolas

O portal de universia, ofrece unha ligazón á maioría dos distintos Centros de Apoio das universidades española

O concepto de mediación na tecnoloxía apropiada e crítica

En educ.ar publican un artigo moi interesante de Beatriz Fainholc, sobre o papel mediador da tecnoloxía nos procesos de ensinanza - aprendizaxe dende unha perspectiva socio-cultural.
07/09/2004 12:17. Ligazón permanente. Eduticadas No hay comentarios. Comentar.

Escritura non lineal

A páxina da materia: Escritura no lineal da profesora Mª Luisa Santos Pascualena (Wila Santos), mostra cousas moi interesantes ao meu ver; contidos e experiencias a ter en conta, utilizando sempre os weblogs como ferramentas de apoio á docencia e formando parte do propio contido do curso.
Esta profesora, que é a blogger de alternativa, está a desenvolver un curso na UNED, que ten moi boa pinta: Diseño de contenidos educativos para internet, no que tamén usa os weblogs como apoio docente. Este curso ten uns obxectivos atractivos e manexa unha bibliografía do meu agrado.
Esta profesora, xunto co profesor Orihuela, ten unha páxina con recursos en Internet para a educación.
15/09/2004 11:34. Ligazón permanente. Recursos No hay comentarios. Comentar.

Portal de TIC para docentes

Tralos acordos acadados con Intel e Microsoft, a Fundación Telefónica ven de abrir o seu portal de TIC para profesores, o Profesores Innovadores, que oferta formación, ferramentas, contidos e servizos de apoio para os docentes.
20/09/2004 09:07. Ligazón permanente. Recursos No hay comentarios. Comentar.

Informática máis libre

345.GIFNo artigo do pedagogo Antonio Feria, publicado no número 338 da revista Cuadernos de Pedagogía , cóntase a experiencia de integración de TIC nas aulas do IES Calamonte, na Comunidade Autónoma de Extremadura. Conta como ca axuda dun reducido grupo de profesores que actúan como dinamizadores, o resto da comunidade vai entrando nunha dinámica de traballo en rede cas tecnoloxías. Esta iniciativa, ten detrás unha proposta "filosófica", social, cultural respaldada pola administración autonómica extremeña: utilizan software libre. O seu lema: Se legal..., copia GNU/LinEx. Pero sobre todo, parten do principio de que contar ca tecnoloxía é importante, pero só con ela non se aprende. O labor de mediación do profesor segue a ser chave no proceso de ensino.




O Recanto

Semente RSS:

Temas

Archivos

Enlaces

www.flickr.com
This is a Flickr badge showing public photos from Sekeirox. Make your own badge here.

Sindicación

Smart RSS Button Engadir feed a:
¿RSS, feeds, sindicación? (Axuda grazas a blogum)

Declaración de RoaEste blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe).

Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo .

Usa Firefox!. Navégase mellor


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Septiembre 2004 | Sekeirox

Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras y los Premios Bitácoras.com 2012 (medio oficial RTVE.es)

Contrato Coloriuris