Sekeirox

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2005.

Resumen

Os recursos docentes de Juan Freire

Ben preto da casa, dou ca actividade docente dun profesor da U. da Coruña que me chamou poderosamente á atención polo uso combinado que fai, de distintas aplicacións, entre as cales están os blogs e wikis. Trátase do traballo do profesor Juan Freire. Gustoume a súa proposta docente e o enfoque dos seus blogs, tanto o persoal, como o do seu grupo de investigación. Polo interese que compartimos pola innovación educativa, e pola utilización destas ferramentas na docencia, pasa a formar parte do meu roteiro de visitas; unha nova canle para o meu recolledor de novas.

Etiquetas: , , ,

05/04/2005 20:12. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar.

Seguir o díxome, díxome que lle dixeran...

Vía weblogg-ed, Will fálanos dunha aplicación que, aos que nos gusta o tema dos roteiros, do mapeado, da orientación (sobre todo no ámbito das pesquisas), nos pode servir de gran axuda. Trátase do Blogpulse's Conversation Tracker. Esta ferramenta permite saber se alguén está a comentar o que outra persoa comentou sobre o comentado a propósito dun post determinado...;)
Cando un blogger publica un post e outros bloggers o ligan, o post en cuestión pasa a formar parte dunha conversa. Os posts que ligan ao "orixe", tamén son ligados podendo seguir a rota de comentarios nunha especie de esquema de "sangrías". ¿Cantas veces nos temos atopado coa necesidade de balizar as conversas a fin de seguilas completamente? ¿cantas veces, nos atopamos na mesma situación que Lilia propón en Mathemagenic? Con este tipo de ferramentas, o camiño pode quedar máis claro...

Etiquetas: , ,

05/04/2005 20:17. Ligazón permanente. Tema: Recursos Hay 1 comentario.

Máis sobre ePortafolios

Grazas a Mario Núñez de Avalúo y Tecnologías del Aprendizaje, retomo o tema dos ePortafolios, neste caso ofrécenos unha ligazón á actualización do Developing Student Electronic Portfolios no que se ofrece información variada e completa sobre os ePortafolios e o seu uso educativo.

Etiquetas:

05/04/2005 20:25. Ligazón permanente. Tema: Recursos No hay comentarios. Comentar.

Outro pasiño

"Antes sencilla que muerta", é a inxeniosa frase ca que Juan Freire resume a idea que nos quere trasladar, no seu post comentando a iniciativa da UAB de ir dando pequenos pasos (sinxelos), pero importantes para incentivar o uso de software libre no ámbito universitario. Segundo recolle Juan de La tercera ola, a aposta inicial da UAB é facer un uso combinado de software libre co software propietario. O primeiro paso cara a promoción do software libre por parte da comunidade universitaria, é a implantación masiva do navegador Firefox e o xestor de correo electrónico Thunderbird. Os seguintes pasos a dar van na liña promocionar dentro do campus outras aplicación libres de calidade, por exemplo Open OfficeGIMP como programa de tratamento de imaxes ou Inkscape para o debuxo vectorial.
08/04/2005 20:02. Ligazón permanente. Tema: Eduticadas No hay comentarios. Comentar.

80x15 Brilliant Button Maker

Vía Incorporated Subversion, James ofrécenos, outra pequena gran aplicación para facer iconos. Moi interesante tamén a súa fonte.

Etiquetas: ,

08/04/2005 23:39. Ligazón permanente. Tema: Recursos No hay comentarios. Comentar.

Blogs como cadernos de investigación

Lilia publica no seu Mathemagenic unha cadea de posts: Weblog as a research notebook (4): field notes are overrated; Weblog as a research notebook (3): my own experiences; Weblog as a research notebook (2): types of notes; Weblog as a research notebook (1): reading 'Life online' and del.icio.us as bookmarking history; relacionados todos eles co uso que fai dos blogs no ámbito da súa investigación.
Os seus logros, a súa forma de organizarse, os seus erros e reflexións, coido que poden ser ben interesantes.

Etiquetas: , ,

09/04/2005 01:08. Ligazón permanente. Tema: Recursos No hay comentarios. Comentar.

E ti por que blogueas?

Vía Teaching and developing online, Darren Cannell fai referencia ao post The Conclusion Illusion: Blogging as Exploration publicado en Contentius por Amy Gahran. Neste post a autora, achéganos as súas reflexións sobre o porqué blogueamos, e chega a conclusións ben interesantes.
Apunta que ela bloguea para explorar, para mellorar as súas exploracións e para compartilas. Destaca o papel fundamental do feito de escribir como acción que a axuda a pensar e a comprender mellor. Sinala ademais que as entradas dun blog teñen unha dependencia enorme do contexto, da situación e do momento en que se editan e que a través do historial se poden ver as impresións e percepcións do autor, sobre un tema nun momento determinado, podendo facer un seguimento da evolución destas posibles diferentes perspectivas. Destaca tamén que os blogs son traballos que están en progreso e evolución. Fala ademais da diferencia de escribir para un medio tradicional onde o feedbak non é inmediato ou simplemente non é, fronte a facelo neste medio, que supón unha conversación, un intercambio de puntos de vista a través dos comentarios sucesivos que se poden xenerar. Permítelle abrir a súa mente aos demais e compartila; de modo que se xenera un intercambio de intereses e perspectivas.

Etiquetas: , , ,

09/04/2005 23:00. Ligazón permanente. Tema: Blogheadas Hay 1 comentario.

Cuaderno de clase

Adoito a visitalo (é un dos clásicos no meu recolledor), pero nesta ocasión tamén recomendo darse un paseo polo Cuaderno de clase de José Mª González Serna. O uso dos blogs na súa docencia,... máis que interesante.
E para relaxarse un pouquiño, recomendo autocaricaturizarse ca ferramenta que recomenda no seu post Autorretrato online.

Etiquetas: ,

20/04/2005 10:10. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar.

Iniciarse nos blogs

Wila nos ofrece en alternativa dous posts cunhas ligazóns estupendas. Por unha banda, ofrece os blogs de traballo dos seus alumnos, entre os que destaco (só por abreviar, xa que todos son de calidade) (Con la mochila al hombro e Crónicas de rusti-boy en la Tierra)na materia Escritura no lineal.

E por outra banda, a ligazón ao Blog de Borealca, que me pareceu estupendo pola súa claridade expositiva na narración do proceso de creación dun blog (bloglines, RSS, Flikr, etiquetas,...).
Enhoraboa Wila, e enhoraboa a Boreal.

Etiquetas: , ,

21/04/2005 09:35. Ligazón permanente. Tema: Edublogs Hay 1 comentario.

Máis blbliografía sobre blogs

Da man de Avalúo y Tecnologías de Aprendizaje de Mario Núñez, recupero a páxina de Kairosnews A Weblog Webliography cunha ampla colección de referencias bibliográficas sobre blogs.

Etiquetas: ,

21/04/2005 10:17. Ligazón permanente. Tema: Document Ando No hay comentarios. Comentar.

Máis planetas na blogosfera

O tema dos planetas de blogs está a cobrar cada vez máis peso na blogosfera. Neste caso tratase dun rexional, ao estilo dos que xa existen sobre Canarias, Aragón, Castellón, pero da comunidade autónoma de Castela e León. Chámanlle Planeta Castilla y León e os amigos de boulesis, Daniel e Miguel están detrás do invento, asi que lle auguro a este plantea un estupendo futuro. Enhoraboa e ánimo.

Etiquetas:

21/04/2005 08:41. Ligazón permanente. Tema: Recursos Hay 3 comentarios.

Colaborar - cooperar

cp356b.JPGXa había que non me divertía tanto lendo o "tema do mes" da revista Cuadernos de Pedagogía. O caso é que este mes co seu número 345, a espera pagou a pena (xa contei que, por diversas razóns, nunca podo ler na casa esta revista antes do día 18-20). A revista inclúe unha serie de interesantes artigos (é un dos meus temas de interese) na súa sección "tema do mes", sobre a aprendizaxe colaborativa - cooperativa: Grupos cooperativos; Aprendizaje democrático a temprana edad; Una forma de inyectar vida a la escuela; Del cuaderno de equipo al método de proyectos; Ayuda mutua para lograr unos objetivos personalizados; Aprender Lengua en equipos cooperativos; Enseñamos y aprendemos juntos; A modo de epílogo.
Engaden ademáis unha serie de ligazóns de interese sobre o tema: www.iasce.net, www.cooperativelearning.com, www.Jigsaw.org, www.maestrosdeprimaria.com e www.LauraCandler.com

Etiquetas: , , , ,

25/04/2005 20:59. Ligazón permanente. Tema: Educ Ando Hay 2 comentarios.




O Recanto

Semente RSS:

Temas



Archivos

Enlaces

Blogheadas

CeroTres

Contorno

Deseño

Deseño Instruccional

Document Ando

Edublogs

Educ Ando

Eduticadas

Recursos

(SI) Sociedade da Inf...

Tecnoloxías

WebQuests

1,2,3 a contar ...

  • http://www.nedstatbasic.net/stats?ADIBBgDbTJ2JU1eeJYJIpNzInpbQ

Contact Ando

  • http://sekeirox.blogia.com/index.xml
  • http://del.icio.us/xacaes
  • http://skype:xacaes?call
  • mailto:sekeirox@gmail.com
  • mailto:xacaes@hotmail.com
  • http://odeo.com/sendmeamessage/CarlosSantos
  • http://www.google.com/reader
  • http://www.aypwip.org/webnote/sekeirox
  • http://www.getblogs.com
  • http://www.bitadir.com
  • http://www.chuza.org
  • http://www.blogfesor.org/manifiesto.htm
  • http://www.flickr.com/photos/sekeirox/99190449/
  • http://creativecommons.org/licenses/by/2.5/es/deed.gl
  • http://www.feedness.com/

Imaxin Ando

www.flickr.com
This is a Flickr badge showing public photos from Sekeirox. Make your own badge here.

Sindicación

Smart RSS Button Engadir feed a:
¿RSS, feeds, sindicación? (Axuda grazas a blogum)

Declaración de RoaEste blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe).

Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo .

Usa Firefox!. Navégase mellor


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Abril 2005 | Sekeirox
Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]