Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2005. Resumen
IlusiónComezou unha ilusión: aulablog.com Entroido e "avatares"Miro pola fiestra: Tempo da Frouxeira (que din por aqui); tempo de: cocido, lacón con grelos, cachucha, orellas e demais larpeiradas.... Entroido: Mascaritos, cabezudos, pantallas, peliqueiros, cigarróns...; A xente disfrázase dende hai séculos; as persoas durante esta época do ano sofren unha deslocalización do curso habitual da súa vida; como di Su aludindo ao proceso de carnavalización identificado por Bakhtin, nos seus estudos da cultura popular da Idade Media: As persoas fican suspensas das prohibicións e restriccións ao comportamento, aos medos, ao respecto pola autoridade. Di Su no seu traballo, que a carnavalización supón unha quebra da xerarquía, das normas sociais, políticas e relixiosas. Boto unha ollada ao particular entroido brasileiro: mozos e mozas "garotas" locen os seus corpos esculturais, provocando á multitude que participa no sambódromo e nas rúas, apenas ataviadas cunha minúscula (ou non) máscara que as "protexe", e "reserva a súa identidade real" durante esta época de ficción. Na informática, dada a importancia da apariencia, da metáfora, da ficción; de darlle un sentido humanizado ao mundo dos bits..., o concepto de máscara aparece por todos lados: (máscaras gráficas, capas, interfaces, ...) Pero sobre o que quero reflexionar hoxe, é sobre ese "vivir continuo no entroido" da inmensa maioría das persoas que conviven na grileira entendida como un grandísimo sambódromo. Como no verdadeiro entroido, a ausencia de normas iniciais, trócase co tempo nun proceso autorregulado; cada un vai disfrazado como lle peta, ou ás veces como lle mandan. Cando te identificas nun servizo da rede, podes crear o teu perfil case como che veña en gaña. É algo propio das comunicacións on-line, o uso de nicknames ou alcumes que poden ter que ver ou non ca identidade real; o uso de imaxes identificativas (avatares); ou outras formas alternativas de identidade, que en certo modo cumpren algunhas das funcións das fantasías e máscaras do entroido. Ao final cando levas moito tempo "vivindo" na grileira, e fas un percorrido polos teus distintos perfís (dos múltiples formularios de servizos que cubriche algunha vez), pódeste levar unha sorpresa maiúscula, e chegar á conclusión de que eres unha especie de camaleón (que xa sabes que cambia de cor segundo a ocasión) ou de Mortadelo. Tamén é certo que co tempo afaste a levar case sempre o mesmo disfraz (serán os anos) e os demais grilos ou surfeiros acaban tendo unha idea máis que aproximada de como eres na túa vida real,(ás veces incluso saben ou intúen máis do que demostras na realidade). O meu actual alcume: xacaes ven de vello. O meu primeiro aquel era: caes (algunhas das iniciais do meu nome), despois de participar en diversas comunidades con el, e das múltiples caídas nos chats debido á penosa conexión que teño na casa, acabáronme dicindo: - que???... xa caes???, e asi foi como me quedei co: xacaes. Pensaches algunha vez no/s teu/s perfil na rede? Ser activos na Sociedade da Información Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Principios: 4. Creación de capacidades 32. Os creadores, editores e productores de contido, asi como os profesores, instructores, arquivistas, bibliotecarios e alumnos, deben desempeñar unha función activa na promoción da sociedade da información, particularmente nos países menos adiantados. 33. Para acadar un desenvolvemento sostible da sociedade da información, deben reforzarse as capacidades nacionais en materia de investigación e desenvolvemento de TIC. Por outra banda, as asociacións entre países desenvolvidos e países en desenvolvemento, incluídos os países con economías en transición, con fins de investigación e desenvolvemento, transparencia de tecnoloxías, produción e utilización dos productos e servizos TIC, son indispensables si se desexa propiciar a creación de capacidades e unha participación mundial na sociedade da información. A fabricación do productos para as TIC representa unha oportunidade importante de creación de riqueza. E me pregunto, como se distribúe logo esa riqueza na realidade? Visita inesperadaVolveume visitar. Estivo case que dúas semanas con nós, pero agora parece que xa non está a gusto na casa e quere marchar. Nesta ocasión ademais, veu acompañada da súa parente informática (troianos, dialers, programas de control remoto, e outros "viruxes" de distintas cepas e peligrosidade, coláronse no "trebello" que utilizo habitualmente). Supoño que terei que tomar medidas drásticas ao respecto, agardando que o "trebello" non morra definitivamente. Algún día destes adicareille un post ao cracker descoñecido En fin,... superado o meu estado febril, as cousas parecen volver á normalidade. Reviso o meu recolledor de feeds e atópome con que está aos topes. Nunha primeira ollada, vexo moooitas cousas interesantes, das que intentarei ir dando conta pouco a pouco. Paseniño Poñerse ao día No intento de ir baleirando o meu recolledor de feeds para poñerme ao día, atopo algunhas novidades que non podo deixar de destacar: En aulablog21, Francisco Muñoz comenta dous estupendos artigos sobre o uso dos blogs; ademais, de indicarnos de forma clariña as novidades (melloras) que incorpora bitacorae. Mario Núñez Molina, en Avalúo y Tecnologías de Aprendizaje comenta a entrevista a Tony Bates en elearningamericalatina. James Farmer en Incorporated Subversion, aportou moitos posts interesantes nestes días, pero o último, sobre os sistemas de weblogs multiusuario "multi user weblogging", xunto co Massively Multi User Weblogging de D'Arcy Norman, pareceume estupendo. Ferramentas... moitísimas coas que irei trasteando, a última da que tiven noticia, unha para a creación de blogs: BlogSpirit. Documentos.... tamén moitísimos, pero por destacar algúns (que todavía non revisei en profundidade)..., os que conforman o II monográfico de RED a Revista de Educación a Distancia. Seguirei baleirando... |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
CeroTres
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |