Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2005. Resumen
17/07/2005Poñerse ao día (III)Comentaba no post anterior o difícil que me resultaba manterme "ao día", e sobre todo de recollelo no blog. O certo é que ao día, máis ou menos me manteño, pero no que respecta ao blog,.... estou a facer todo o que non se debe facer para manter vivo un blog, tendo en conta o que di Carlos Corredor en Baquia. Non me sinto satisfeito co que estou a facer con sekeirox, pero polo momento, é o que hai. De sekeirox, tan só se está a salvar e polos pelos, o seu contorno, e por suposto a Frouxeira, que é o único modo de ir mantendo as pilas un pouco cargadas. Iso si,... non parei nen un intre, o tema vacacións quedará para máis adiante. A miña presenza na rede estivo por outros lares lonxe de sekeirox, outros blogs, outras ferramentas, outras comunidades, outras actividades e roles, pero case sempre con temas comúns: as tic e a educación, andan case sempre polo medio. Espero que o vento acompañe e que sopre na dirección adecuada; nese momento, retomarei sekeirox con forza. Mentres tanto, a desfrutar das aportacións dos membros das redes nas que teño algún nó (nodo, nudo), que cada vez se amplían máis e desfrutar das outras mareas nas que estou enrolado... 20/07/2005Web semántica e redes sociais, entre Santiago e a Frouxeira Ando cun pé no meu quefacer diario e con outro no curso Novas Tendencias en Internet: a Web semántica e as redes sociais virtuais que se celebra en Santiago do 18 ao 21 de xullo, ou sexa que remata mañá. De momento estoume a divertir, nalgunhas ponencias máis que noutras, depende do plantemaento das mesmas; rematado o curso analizaremos e valoraremos un pouco a experiencia. dende logo hoxe estouno a pasar estupendamente e espero rematar a tarde téndoo pasado mellor xa que nos agardan uns interesantes obradoiros.Do visto ata o de agora, presentáronse dúas das tendencias con máis forza en Internet: a web semántica (como di Catuxa en deakialli, un novo paradigma que persegue que a web sexa utilizada e a súa información comprendida por máquinas ou programas, e as redes sociais virtuais, a contrapartida en Internet das redes sociais tradicionais. Algúns dos poñentes: José Luis Orihuela, Juan Julián Merelo, Pedro Jorge Romero, Fernando Tricas, e outros destacados prelatores como Eduardo Sánchez Vila ou Manuel Lama Penin, José Manuel Alonso, Mariano Fernández López, Juan carlos Vidal Aguiar, Ricardo Rocha Amorim, Óscar Corcho García, Jesús contreras, ou José fernando Mendes... a verdade é que non están a defraudar. E entre os asistentes, algunhas "caras" coñecidas a través do seu traballo, agora tamén en persoa, como por exemplo a propia Catuxa de deakialli . 22/07/2005Cansos pero contentosAta o final, o curso de Novas Tendencias en Internet: a Web semántica e as redes sociais virtuais mantivo o seu nivel. Coido que a experiencia pagou o esforzo. Tiven ademais algunhas sopresas agradables de última hora, como foi por exemplo, poñerlle rostro a José L de BlogDid, e a outras persoas ás que só coñecía polo seu traballo, que non é pouco. É máis, o traballo que nos permiten ver os demais, é precisamente a principal forma en que nos coñecemos na "inexistente (como alí se dixo)" blogosfera; os nosos intereses e as nosas accións lévannos a ir tupindo cada vez máis a nosa rede social. A miña, teceuse un pouquiño máis durante esta semana. Outra grata sorpresa foi atoparme no curso, aínda que él asistía de forma virtual, con Daniel Primo, compañeiro de fatigas en Aulablog, a quen se lle concedeu o segundo premio de ideas innovadoras promovido como actividade do curso. Imaxes do evento. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |