Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2005. Resumen
Sobre Apcala e outras cuestiónsEn Cuaderno del Profesor, José Cuerva Moreno, comenta de forma ben clariña, coma sempre, varias novas que captaron o meu interese e nas que estiven a afondar un pouco. Refírome ao seu comentario sobre Apcala: Software Social, que me parece dun potencial enorme. Fai tamén referencia no seu post: ao xa clásico del.icio.us (para compartir ligazóns); a flikr, que xa temos comentado (para compartir imaxes); ao citeUlike (para compartir ligazóns a referencias bibliográficas), no que estou especialmente interesado e que estou a probar máis a fondo; e ao wists e blogmarks (para compartir ligazóns con imaxes), que non coñecía. Pareceume moi interesante tamén o seu post Mis primeras fórmulas en la bitácora, polas indicacións para editar fórmulas e simboloxía matemática. A fonte que cita: Mathematicus Scriptorium, pareceume tamén moi boa, non coñecía este blog (a pesar de que xa a tiña recollida no bloglines o amigo dorfun, no súa ampla recolleita de blogs relacionados co mundo das matemáticas; escapóuseme ;)). "Unha certa envexa"Comentábo ontes dorfun na súa dorfunteca, e despois Francisco Muñoz, en aulablog21 afondaba no tema falando de extreblog. Doulles a miña enhoraboa a todos os que dispoñen de plataformas ao alcance da súa man e do seu bolsillo, para poder expresarse; mais non podo deixar de sentir unha certa envexa, pensando que en Galicia, a pesar da riqueza e variedade do "blogomillo", aínda non contamos (que eu coñeza) cun servizo gratuito, estable, e sen ánimo de lucro, que sirva de base ou soporte aos blogheiros galegos e non galegos (dende Galicia, en galego e que que abranga todas as temáticas imaxinables). Creo, que estas iniciativas deberan vir dende arriba (dende os diferentes "arribas": administracións, servizos sociais, servizos educativos (a tódolos niveis),... que é onde están os nosos recursos; o caso é...: Hai a vontade? Interesa fomentar o uso masivo deste tipo de medios de expresión e comunicación? Interesa facilitarnos unhas ferramentas cun enorme potencial tanto constructivo, como subversivo? Quen se atreve a dar o paso con todas as consecuencias? Ata que esto suceda, teremos que apañarnos (que non é pouco) cas iniciativas individuais e de pequenos grupos "inquietos" (nos distintos ámbitos da sociedade) que poñen toda a súa vontade en defender a liberdade de expersión (con maiúsculas), e que son conscientes de que a expresión, a crítica e a construcción compartida, son algunhas das bases da saúde da sociedade. A todas estas persoas e grupos: grazas. Máis ferramentas para imaxesEstupendas as tres utilidades online para o tratamento de imaxes, que nos comenta Francisco Muñoz en Aulablog21. - Montage-a-Google - Painter - Resize 2 mail A verdade é que as probei e encantáronme as tres, grazas unha vez máis Paco, por compartir... Innovar con blogsEn D'arcy Norman Dot Net, aparece un post: Innovation through blogging, que nos leva ao mundo do emprego de blogs polas comunidades de pesquisadores. Moi interesantes, tanto o post como as ligazóns que nos ofrece sobre o tema. Máis sobre a converxenciaAdriana no seu blog Novas Tecnoloxías y Profesorado, publica un post: A vueltas con la converxencia, que inclúe unha ligazón interesante ás comunicacións presentadas no XI Congreso de Formación do Profesorado en Segovia. Recurso para traballar a ortografíaVía Escuela Mágica atopei un recurso útil para o traballo da ortografía, por parte dos alumnos, elaborado por Mariano Santos Posada. Interesante a proposta. EtiquetasMateriais educativo reutilizablesDe Octeto, recollo o documento Packaging and Publishing Learning Objects: Best Practice Guidelines (PDF 2 MB), publicado por Becta Trátase dunha guía para a verificación de materiais educativos, de cara ao cumprimento dos estándares que permiten a accesibilidade e reutilización dos mesmos en diferentes plataformas de ensianza a través da rede. sekeirox no eCuadernoAntes de que tivese tempo de comprobalo por min mesmo, o amigo dorfun e Estela de Colaborativo, coméntanme que José Luis Orihuela na sección (re)Descubriendo blogs do seu eCuaderno, tivo a deferencia de incluír a sekeirox no listado de blogs destacados no apartado de educación. Grazas José Luis. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
CeroTres
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |