Sekeirox

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2006.

Resumen

Paseniño II: resumo resumido

O outro día falaba da necesidade de baixar o ritmo e irmos paseniño. Dese xeito disfutamos moito máis de todo o que nos rodea en cada momento: saboreámolo, reflexionámolo, refacémolo, compartímolo,...; como contrapartida podemos perder a oportunidade de estar mos rodeados de moitos e bos elementos que poderían enriquecernos un pouquiño máis. Nesas estamos, tentando buscar o equilibrio que nos permita difrutar sen perder o tren da inquedanza polo coñecemento do que está a acontecer en cada intre nos ámbitos que nos interesan.

O meu recolledor e as ferramentas de postaxe de ligazóns (del.icio.us ) e referencias (citeulike ) de interese, están a xogar un papel fundamental nesa búsqueda dese equilibrio. E todas as ferramentas de recollida, xestión e edición da información que van aparecendo na web e para a web (II), póñenos cada vez as cousas máis doadas.

Como "resumo resumido" de aspectos destacados nos últimos días debo sinalar:

Ferramentas

  • Destaco a miña segunda toma de contacto (as novas ferramentas facilitan bastante o camiño) co mundiño dos podcasts (en canto teña algo presentable aparecerá por sekeirox) e é que ultimamente estanse a ver marabillas ( Lourdes , Lu , Anibal , Alejandro, José, Isidro de hitzez ...) realizadas nesta liña.
  • A utilización de ferramentas como o Transfer Big Files , atopado vía El utilitario e probado por necesidade cun resultado óptimo.

Entrevistas

Blogs (hai moitos máis que cautivaron a miña atención, pero por destacar algúns...)

Artigos

Iniciativas interesantes

  • Como as recollidas por xiruela sobre o desenvolvemento de contidos dixitais para a presentación de empresas e para o eLearning no marco do proxecto AMEDIDA ; ou o proxecto efelcren coordinado pola USC e que ten como obxectivo o desenvolvemento dun espazo de traballo colaborativo para a creación e validación comunitaria de materiais didácticos, que serán empregados en espazos de formación online de Primaria e Secundaria.
  • A iniciativa de RedeGalega.org recollida vía O Outeiro sobre a reclamación dun dominio de internet para Galiza

Etiquetas: , , , , , , , , ,

12/01/2006 00:16. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Educ Ando Hay 2 comentarios.

Perdemos todos. Lourdes Taboada

Hoxe é un día triste, para moitos compañeiros do mundo do ensino; para moitos, moitos nenos que quedaron sen a súa mestra; sobre todo para os seus achegados máis próximos, a quen lles mando unha aperta; e tamén para min, que quedei sen unha amiga.

Haberá catorce anos, por estas datas, pedíalle ao meu titor de prácticas da Escola de Formación do Profesorado de EXB da USC, o amigo Lois, que me asignase unha escola na que puidese aprender "moito e de verdade". Non me importaba se me tiña que desprazar moito, se tiña que traballar o dobre,... o que fose con tal de "aprender de verdade" naquelas prácticas de mestre.

E tiven a gran sorte de que me asignaron a escola de Luou, no concello de Teo. Ali atopeime cunha escola diferente, que formaba parte dun CRA (Colexio Rural Agrupado) como outros moitos dos que nos atopamos por Galiza, e polos que tanto loitou.

Aquela escola era diferente, grazas á súa maestra, que tamén era diferente. A súa sinxeleza, clase, dominio da teoría e mestría na práctica, permitíalle manter ilusionados a nenos e pais daquela aldea no seu medrar como persoas; buscando sempre a novidade metodolóxica que mellor se axustase a cada situación. Todo o que facía estaba plenamente razoado e xustificado no papel (incluso as marabillosas improvisacións para aproveitar os acontecementos que xordían no día a día); e o que é máis difícil, encadraba perfectamente as súas propostas (facíao encadrar sen facer ruido) nas formas de facer daquel CRA.

Eu aprendín con ela en tres meses o que non aprendera nun par de anos de escola universitaria. Pero sobre todo aprendín (facendo) que unha boa práctica, susténtase sempre en boas teorías; e que no trato cos nenos, cos compañeiros e cos pais, temos que recurrir sempre ao noso lado máis humano e persoal.

Máis tarde, tiven a sorte de poder traballar con ela nun proxecto editorial, no que aprendín sobre todo a ter en conta o rigor científico, pedagóxico, e o pouso cultural que nos rodea, para deseñar boas propostas didácticas.

Aprendín con ela; abreume as portas da súa casa; acompañoume en momentos bos e malos; aínda que non nos viamos habitualmente sabiamos sempre un do outro; e agora sinto enormemente a perda desta exelentísima profesional e mellor persona, Lourdes Taboada .

Etiquetas: , , , ,

12/01/2006 20:58. Ligazón permanente. Tema: Educ Ando Hay 4 comentarios.

Web 2.0 e o futuro da web

A través do Xornal da USC , entereime da xornada que terá lugar na ETSE da USC o vindeiro xoves 19 de xaneiro, na que se debaterá sobre a Web 2.0 e o futuro da web. Nesta xornada participarán Pedro Jorge Romero da Asociación de Usuarios de Linux da USC, Joaquín Lameiro Paz Delegado de IBM, Manuel Guerreiro de SUN e Álvaro Morón Alonso, de Microsoft.

Tentarei acudir; e se o fago, contareino.

Etiquetas: , , , , ,

16/01/2006 18:51. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Tecnoloxías Hay 3 comentarios.

Web 2.0 e o futuro da web. A Xornada

20060123221502-88518851-e45bcc1bcd-m.jpg

Tal e como estaba previsto celebrouse na ETSE da USC a xornada co título Web 2.0 e o futuro da web , organizada polo Grupo de Sistemas iIntelixentes do Departamento de Electrónica e Computación .

Ao entrar no estupendo Salón de Actos da Escola, fíxosenos entrega aos asistentes de dous documentos: Web 2.0 en la Wikipedia e What Is Web 2.0: Design Patterns and Business Models for the Next Generation of Software de Tim O’Reilly.

No flikr de Pedro Jorge , que asistiu como blogger e membro da Asociación de usuarios de Linux da USC, temos cumprida información gráfica do evento; e tamén hai unha boa crónica escrita no Código Cero de hoxe.

Ao principio da xornada, e tras o saúdo do Director da Escola de Enxeñería: Juan M. Lema; Eduardo Sánchez Vila, fixo unha presentación da xornada encaixada dentro das liñas de investigación do Grupo ao que pertence. A que máis me interesou é a liña aberta no eido do elearning e o seu proxecto EUME .

Comezou Pedro Jorge, facendo referencia ao grao de subxectividade que aínda encerra o concepto de web2.0, seguindo a definición da wikipedia: ... o que os usuarios "perciben" do que é a evolución da www.

Centrou a súa charla en torno a dúas ideas: Falou da web como plataforma (idea presente en todas as intervencións) que dá soporte ás aplicacións que a maioría dos usuarios de internet utilizamos e mesmo á información que nos acompaña a onde queira que chegue a rede.

A segunda idea principal, ao meu modo de ver, é a da Intelixencia colaborativa; é dicir o realmente importante da rede non é a propia rede senón as persoas que a conforman.

Fixo un percorrido polas aplicacións máis utilizadas na liña da web2.0 (wikis, blogs, flikr, gmail, writely,..), e tamén destacou a importancia que teñen os estándares á hora de que toda a web funcione (independentemente da súa acreditación por parte dunha axencia ou outra) . No eido da empresa destacou a importancia que ten poñerlle rostro á participación da xente nos diversos intercambios que teñen lugar nos distintos frentes de negocio e fixo referencia ao éxito dos comentarios sobre diversos productos por parte dos usuarios en empresas com por exemplo Amazon.

Chegoulle o turno a Joaquín Lameiro Paz de IBM, quen (dende o punto de vista da empresa) fixo un repaso da evolución de internet nos últimos anos e dos movementos de IBM en cada unha das fases desa evolución. Falou do estalido da burbulla en torno ao ano 2000, pasando a cobrar especial relevancia para as empresas o coñecemento colaborativo; o novo paradigma da evolución dende o usuario como "consumidor" ao usuario como "creador" de información.

Falou de como as empresas punteiras foron quen de rentabilizar esa información coletciva, facilitando novas plataformas e recursos, novas ferramentas de participación e souberon adaptarse ás novas estruturas económicas. A aportación por parte dos usuarios supón un valor engadido aos productos e ahi ten moita importancia a folksonomía ou etiquetado popular.

Falou de como os novos medios e o trasvase do protagonismo na producción e difusión da información sobre os usuarios implica necesariamente ter en conta aspectos relacionados coa autoridade (autoría) da información, e na inversión da secuencia: publicación - filtro de información (antes filtrábase e despois publicábase e agora publícase e logo fíltrase).

Destacou a importancia e necesidade de incremento dos anchos de banda de cara á descarga e subida da información e de cara a que os usuarios poidan facer na rede o que desexan, xestionar e editar a información.

Lameiro destacou algúns dos actuais proxectos de IBM, como por exemplo a solución Nstein Public Imaging Monitoring , que entre outras cousas axuda ás empresas a aproveitar toda esa información xenerada coa web2.0 para ter unha idea de como é percibida (e os seus productos); ou o proxecto do Visual Communication Lab de IBM : History Flow , que permite ter, dunha ollada, información relevante sobre o seguimento dun sitio, das contribucións e colaboracións que recibe.

O relator rematou a súa intervención adiantando que el cre que sen dúbida "a web será a máquina", converténdose nunha extensión do noso cerebro.

Manuel Guerreiro de SUN, Falou da empresa á que representa na evolución da web; parouse (pouco) no "concepto" da web 2.0, e falou do "momento Java" que estamos a vivir. Apelou ao eslogan de SUN: "The network is the computer", para falar da intención de SUN de seguir liberalizando os seus productos (dende outubro: Operación "Red October") e a idea da compañía é ir pasando todos os seus productos a código aberto (nun ano ou dous) dependendo da implicación ou non de outras compañías.

Fixo fincapé na idea de SUN de estar presente de cheo no movemento web 2.0; manteñen que os servizos web son un valor en alza na web. Sosteñen a idea de que a web2.0 pode xirar en torno ao desenvolvemento de Java. Sinalou que o cambio do contido estático e unidireccional a dinámico e multidireccional é imparable. Puxo o exemplo de que parte dos servizos de Google teñen a súa base en Java, e que está previsto que o open office se intedre dende a web a través dos servizos de Google.

Engadiu que a web 2.0 vai permitir un modelo mellor de pago por uso (o software como servizo).

Guerreiro, destacou a importancia do desenvolvemento de estándares, que deben ser totalmente abertos para que todo esto se desenvolva, para que a tecnoloxía evolucione e se poidan crear comunidades en torno a elo.

Contou como se está a desenvolver unha importante rede de bloggers entre os traballadores de SUN, entre os que destacou ou blog do propio presidente quen publica a opinión dos seus empregados a través do seu blog; os mantén informados, e ademais crea comunidade(s).

Como proxecto destacado (ademais do xa mencionado "octubre vermello"), falou o relator do lanzamento do Java System Portal Server que actúa como ligazón entre os usuarios finais, a información e servizos empresariais permitindo aos usuarios crear fácilmente comunidades de usuarios e servizos, e desa forma construír portais comunitarios poboados de contido cooperativo, incluindo RSS feeds, blogs e wikis.

Para rematar a rolda de intervencións Álvaro Morón Alonso de Microsoft, falou da "segunda década da web" para referirse á web 2.0. Morón falou de tres piares nos que se sustenta este cambio de cara aos usuarios: o alcance ás tecnoloxía e polo tanto á información; a seguridade, e a fidelidade.

Con respecto ás novidades de Microsoft nesta nova "década" falou do Windows Media Center como o novo gran aparello que vai permitir a integración dixital (PC, TV, audio,...) nas nosas casas, permitíndonos dese xeito acceder a teda a información multimedia das nosas vidas dun xeito doado e rápido.

Falou tamén das características do Windows Vista e das diversas integracións de servizos "web" que permite este Sistema Operativo.

Ao final non puiden quedar para a mesa redonda, que prometía. se alguén o quere contar, pois xa sabe, isto queda aberto ;)

Etiquetas: , ,

23/01/2006 22:15. Ligazón permanente. Tema: Tecnoloxías Hay 4 comentarios.

Abrindo portas da educación superior ... con blogs

Este artigo, publicado por un servidor en Aulablog , foi recollido e destacado en e-learning, conocimiento en red por era-ser. Fíxome ilusión que lle gustase e o recollese no seu blog; un dos que reviso a diario.

Etiquetas: , , ,

23/01/2006 22:22. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Eduticadas Hay 2 comentarios.

Comentarios a viva voz con podcasts

Este é o título dun post publicado por Alejandro , sobre unha idea que está a desenvolver man a man con Lourdes Barroso . A verdade é que terán que pasar ainda uns días ata que o poda dixerir ben, e poida parar de pensar en posibles utilidades á súa idea, que non é nin máis nin menos que facilitar comentarios a un post en podcast. En dúas verbas: Im - presionante. Tan sinxelo, tan complexo, tan xenial.

Etiquetas: ,

23/01/2006 22:29. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Tecnoloxías Hay 4 comentarios.




O Recanto

Semente RSS:

Temas



Archivos

Enlaces

Blogheadas

CeroTres

Contorno

Deseño

Deseño Instruccional

Document Ando

Edublogs

Educ Ando

Eduticadas

Recursos

(SI) Sociedade da Inf...

Tecnoloxías

WebQuests

1,2,3 a contar ...

  • http://www.nedstatbasic.net/stats?ADIBBgDbTJ2JU1eeJYJIpNzInpbQ

Contact Ando

  • http://sekeirox.blogia.com/index.xml
  • http://del.icio.us/xacaes
  • http://skype:xacaes?call
  • mailto:sekeirox@gmail.com
  • mailto:xacaes@hotmail.com
  • http://odeo.com/sendmeamessage/CarlosSantos
  • http://www.google.com/reader
  • http://www.aypwip.org/webnote/sekeirox
  • http://www.getblogs.com
  • http://www.bitadir.com
  • http://www.chuza.org
  • http://www.blogfesor.org/manifiesto.htm
  • http://www.flickr.com/photos/sekeirox/99190449/
  • http://creativecommons.org/licenses/by/2.5/es/deed.gl
  • http://www.feedness.com/

Imaxin Ando

www.flickr.com
This is a Flickr badge showing public photos from Sekeirox. Make your own badge here.

Sindicación

Smart RSS Button Engadir feed a:
¿RSS, feeds, sindicación? (Axuda grazas a blogum)

Declaración de RoaEste blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe).

Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo .

Usa Firefox!. Navégase mellor


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Enero 2006 | Sekeirox
Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]