Sekeirox

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2007.

Resumen

15/05/2007

Os gañadores do I Premio Espiral Edublogs 2007 son...:

Despois de moito tempo sen prestarlle a atención que se merece este espazo, debido sobre todo a un reaxuste na concentración das enerxías, volvo a comentar sobre o "I Premio Espiral Edublogs" 2007. 

En primeiro lugar, teño que agradecer aos responsables de Espiral, por contar conmigo para a valoración dos blogs presentados. Foi un gran traballo de todo un equipo de avaliadores, que dedicamos parte do noso tempo a observar e dar a nosa opinión sobre diversos aspectos das candidaturas. Para min foi unha gran satisfacción, porque tiven a ocasión de afondar en blogs que xa coñecía e que tiña como referentes, para descubrir novas xoias da blogosfera educativa, e sobre todo para aprender, tanto dos meus compañeiros "avaliadores" como do moito e bon que se está a facer nas aulas utilizando as TIC e neste caso os blogs.

O resultado do premio, que desglosarei a continuación, é fonte de gozo e satisfacción para os elixidos, mais debe selo tamén para todos os presentados, porque o compartir, expoñer e razonar as propostas educativas cos demais, as ideas, os recursos ten un valor para min moi superior ao de calquera premio.

Para min, é moi interesante o resultado tamén, xa que nos debe axudar a reflexionar sobre as tendencias e os conceptos que manexamos neste mundo "blogosferil" , pero sobre todo o que máis me encheu de todo isto, foi o proceso; o proceso de construcción e a evolución de cada blog particular; e o proceso de presentación, argumentación e a valoración en si mesma.

Tamén moi interesante, a presentación de candidaturas en galego, candidaturas, todas elas de gran calidade e algunhas delas resultaron premiadas nalgunha das categorías.

Parabéns logo, para todos: os presentados, os galardonados, os promotores da idea e os que nos tocou a difícil tarea de valorar o traballo dos demais.

Blogs premiados nas distintas categorías.

Blogs de aula

Euskaljakintza
Entre lilas y amapolas olvidado
Cuaderno de Psicología

Blogs de Centros

BioGeo
Guía de Información académica e Profesional
iesquintana.net

Blogs de Colectivos

CHIODO SCHIACCIA CHIODO
Iguales en Las Tres Mil
A Nosa Biblioteca 3.0

Mencións

Zonatic-n
Fem química!
Blog de Mar Gallego

Blogs de Profesoras e Profesores

A pie de aula
Las TIC en Plástica
La lechuza de Minerva

A entrega de premios realizarase na Jornada de Espiral que se celebrará os días 8 e 9 de xuño en Barcelona, Colegio Oficial de Doctores y Licenciados.

Agardo poder asistir (agradezo dende aqui a invitación ao evento).

Etiquetas: , ,

15/05/2007 12:41. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar.

As letras galegas...

Mañá día 16 de maio estamos de celebración en Galiza. Un destes "Día de..."; como cando é o día da nai, ou do pai, ou de... facemos unha homenaxe especial en forma de agasallo ou recordatorio especial. Personalmente non gosto demasiado dos "Días de..." aínda que entendo que poidan ter o seu papel. Neste caso, e pola súa importancia, todo o que se poida facer a prol do galego, antóxaseme imprescindible e insuficiente.

Este ano, o día das letras galegas 2007, está dedicado a María Mariño a verba interior materializada e inmortalizada na escrita. De Recursos educativos para mestres , recollo estes dous recursos para o seu uso nas aulas.

e

E seguindo coas celebracións ou "días de...", o 17 poderemos celebrar tamén o Día de Internet . Co gallo desta celebración, na ETSE da USC organizáronse unhas xornadas: "Estratexias TIC e de Sociedade da Información en Galicia " promovidas polas tres universidades galegas e a Consellaría de Innovación.

___

Actualización

Vía mancomun.org dou co relatorio: "Século XXI: a lingua galega na internet" que vai desenvolver AGNIX o vindeiro día 17 en colaboración polo SNL do Concello, a DXPESI e mancomún.org

 

2ª Actualización:

Ligazon a algúns dos poemas de María Mariño .


 

Etiquetas: , , , , ,

15/05/2007 13:31. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Contorno Hay 2 comentarios.

21/05/2007

Paseando con Platero

20070521140345-platero.jpgO outro día, na aulablog21 de Paco coñecín Paseando con Platero , unha adaptación de "Platero y yo" de J.R. Jiménez. A presentación: coidada e currada, pareceume un bo traballo de Elías Colomo Cámara, a quen felicito, do IES Santo Reino (Torredonjimeno - Jaén) en cuxa web tamén gostei dos mútiples recursos ofrecidos para gozar da literatura cos alumnos e demais visitantes.

Etiquetas: , , , ,

21/05/2007 14:06. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Recursos No hay comentarios. Comentar.

Innovación educativa: Premios e convocatorias

Inda que xa pasaron uns días, fágome eco dun par de convocatorias a prol da Innovación educativa por parte da Administración autonómica.

A primeira trátase da convocatoria de 10 proxectos destinados á incorporación das TIC nos centros (os beneficiarios recibirán un paquete multimedia e ata un máximo de 2000 euros para a posta en marcha do proxecto, e asesoramento ao profesorado). 

A segunda é a convocatoria de 25 premios á innovación e investigación educativa para o profesorado do ensino non universitario .

 

 Texto íntegro das convocatorias:

 

Santiago, 7 de maio de 2007.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe axudas para a realización de 10 proxectos de innovación educativa, que se desenvolverán no curso 2007-2008, para a incorporación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) ao proceso educativo.

Poderán participar nesta convocatoria os centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os seleccionados recibirán un paquete multimedia composto por un encerado dixital interactivo, un proxector e seis ordenadores portátiles, como máximo, que se enviarán no primeiro trimestre do curso académico 2007-2008. Ademais, percibirán unha dotación económica de ata un máximo de 2.000 euros para a posta en marcha do proxecto; así como asesoramento para o profesorado do centro, co obxectivo de mellorar o aproveitamento dos recursos informáticos e facilitar a súa incorporación á docencia. Así mesmo, os centros de formación e recursos proporcionaranlles aos centros docentes apoio e asesoramento, tanto para a elaboración dos seus proxectos coma para o seu desenvolvemento.

Por outra banda, estes centros terán acceso ao espazo web www.edu.xunta.es/contidos/rede_tic, o que lles permitirá facilitar a creación e organización de materiais e recursos educativos por medio das novas tecnoloxías. Ademais, a Administración educativa difundirá as experiencias dos centros seleccionados a través da rede, e publicará os materiais producidos a través do portal galego de contidos educativos www.edu.xunta.es/contidos. Os centros seleccionados pasarán a formar parte da rede TIC 2007-2008.

As solicitudes valoraranse atendendo a criterios coma o carácter innovador e pedagóxico do proxecto e a súa integración no proxecto curricular do centro; a coherencia do proxecto coa proposta de organización e dotación de espazos e de aulas no proxecto educativo do centro; e o acceso en igualdade de condicións e o fomento de valores democráticos. Outro dos aspectos avaliados será a viabilidade do proxecto, tendo en conta o compromiso do profesorado coa formación no uso das TIC; a garantía de continuidade do proxecto; ou a experiencia previa na participación e desenvolvemento de proxectos de innovación ou formación e a experiencia en TICs do centro e os participantes. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá.

Esta convocatoria recolle a política da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na promoción do acceso ás novas tecnoloxías e no apoio ao desenvolvemento docente; tendo en conta que a competencia dixital é clave para a aprendizaxe ao longo da vida, e que o uso das TICs con fins educativos abre novas dimensións e posibilidades nos procesos de ensino e aprendizaxe.

 

A segunda:

 

Santiago, 13 de maio de 2007.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixo pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 8 de maio a convocatoria de 25 premios á innovación e investigación educativa, dirixida ao profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondo públicos. O obxectivo desta acción é recoñecer o traballo realizado polos docentes neste eido, así como promover prácticas educativas innovadoras. O investimento ascende a 32.000 euros.

 

A Administración educativa inviste un total de 32.000 euros nesta acción

A modalidade A premia experiencias educativas que supoñan innovacións didácticas

A segunda modalidade céntrase nos recursos destinados ao alumnado con necesidades específicas de apoio, e nos materiais relacionados co plurilingüismo e o eido científico-tecnolóxico-matemático

Os docentes galardoados poderán recibir entre 1.000 e 3.000 euros en premios


A convocatoria inclúe dúas modalidades (A e B). A primeira premia experiencias educativas que supoñan innovacións metodolóxicas e didácticas sobre calquera área e sobre a organización dos centros docentes; mentres que a segunda está dirixida aos materias e recursos destinados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo; a materiais relacionados co plurilingüismo, utilizados nas seccións bilingües; e recursos relacionados co ámbito científico-tecnolóxico-matemático.

Na modalidade A, o primeiro premio está dotado cun total de 3.000 euros; os dous segundos coa cantidade de 1.500 euros; e os 10 terceiros con 1.000 euros. Na segunda modalidade, a Administración educativa convoca dous premios de 2.000 euros para os materiais dirixidos ao alumnado con necesidades específicas de apoio; e cinco premios de 1.000 euros para os recursos relacionados co plurilingüismo. Ademais, haberá 5 premios relacionados co ámbito científico-tecnolóxico-matemático; un primeiro cunha dotación de 2.000 euros; dous segundos de 1.500 euros; e dous terceiros de 1.000 euros.

A comisión seleccionará os traballos tendo en conta o carácter innovador ou integrador de prácticas educativas novas, eficaces e sustentables, no caso da primeira modalidade. Ademais, terá en conta a calidade da investigación ou avaliación previa que lle dea fundamento ao traballo; así coma a adaptación do traballo ao alumnado e ás súas necesidades e capacidades, tomando en consideración a variedade de situacións educativas. Tamén se valorará a calidade do deseño didáctico, materiais e presentación gráfica, a capacidade para ser difundido e a transferibilidade a outros contexto educativos.

Ademais, na segunda modalidade teranse en conta criterios coma a axuda que presenta á resolución de problemas didácticos concretos nunha área ou materia; a adaptación á realidade galega, á súa diversidade, aos seus valores e sinais de identidade; o deseño pedagóxico e a adecuación ás últimas tecnoloxías, etc. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 15 de setembro de 2007.

 

Etiquetas: , ,

21/05/2007 14:20. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Política educativa No hay comentarios. Comentar.

22/05/2007

Acuarela

20070522144637-060507-048.jpg

O outro día, aproveitando o "festivo", estivemos a gozar do bo tempo e dun fermoso contorno. Entre as actividades que nos propuxemos realizar coa máis pequena, estivo a de tentar debuxar distintos lugares e momentos da nosa estadía . Saíron cousas ben bonitas: algunhas, quedaron recollidas pola cámara; outras en papel, outras en servilletas e esquencidas nalgunha cafetería; e moitas, moitas,... na praia,... borradas, con toda seguridade polas pegadas dos paseantes descoidados e pola seguinte marea alta, que non se apiada do maxín e do esforzo creativo. En todo caso o realmente interesante foi o proceso e os bos momentos de representación gráfica do maxín da pequena, como pasa na cantiga (non debemos deixar que o paso do tempo esvaeza as cores e a imaxinación) que recollo do Laboratório de Desenhos  : unha moi boa fonte de recursos educativos.

 

 

Etiquetas: , , ,

22/05/2007 15:57. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Imaxin Ando No hay comentarios. Comentar.

Web social educativa 2.0. Aplicación didáctica dos blogs

A presentación elaborada dende educastur sobre blogs e o seu uso educativo pareceume fantástica. Parabéns polo traballo que están a desenvolver.

Etiquetas: , ,

22/05/2007 18:28. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar.

26/05/2007

AMIE:nenos, pais dos medios rurais. Foro Europeo

20070525221335-imagen-159.jpg

Tras unha longa pero boa viaxe dende Galiza chegamos a Biarritz (Francia), cidade que nos acolleu de marabilla aos asistentes ao Foro Europeo AMIE . Unha ampla representación de persoas "amigas" de Preescolar na Casa (Galicia), ICE (Portugal) e ACEPP (Francia) acudimos a esta xuntanza que ten un programa do máis completo e interesante. A convivencia e a acollida que tivemos foi de sacar o sombreiro. A maratoniana xornada do sábado (A acollida 9:00h, a apertura as 10:00h, a continuacion a conferencia debate: De l'éducation à l'engagement citoyen pour le développement des territoires ; e pola tarde ás 14:30h os obradoiros nos que se traballou sobre os temas abordados na conferencia matinal; as 17:30h as conclusións dos obradoiros; e remataremos cunha velada festiva amenizada por unha coral de cantantes do País Vasco, que son moi boas; en canto remate esta anotación alá vou.

A xornada de mañá tamén se prevé do máis interesante: ás 9:30h comenzará a exposición de diversas experiencias desenvoltas nos diversos territorios polas institucións que forman parte do programa AMIE .

En canto volte, a crónica do evento máis detallada.

Xa hai algunhas fotos do encontro na rede. Pola minha parte puxen algunhas en flickr, coa etiqueta: amie07

Etiquetas: , , , ,

26/05/2007 08:38. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Educ Ando No hay comentarios. Comentar.

29/05/2007

Segundo Encontro de Edublogs (Ayerbe2007)

O ano pasado foi Roa de Duero a sede do primeiro encontro de Edublogs, organizado e impulsado dende "Aulablog" e "El Tinglado". O 2007 a caravana de blogueiros, "edublogueiros" e persoas interesadas no uso de TIC nos contornos educativos, desprázase a Ayerbe. O 2º Encontro de Edublogs (2007) xa está lanzado e a maquinaria en marcha. Só faltas ti por apuntarte (como aconteceu o ano anterior, o aforo está limitado a 50 persoas ou sexa que se non o queres perder xa sabes...

As datas, nas que esperamos revivir e reforzar o espirito de cordialidae, camaradería e bon facer que vivimos en Roa, son o 4, 5 e 6 de xullo

Este encontro, terá como tema central as competencias dixitais nos novos currículos do ensino obrigatorio.

O mesmo que acontecera o ano pasado, haberá espazo para comunicacións, obradoiros, mesa redonda, charlas, e moi bo rollo. Tamén lanzarase un meme, que o terá difícil para superar a participación e as reflexións que suscitou o da primeira convocatoria. Ademais, na páxina do evento, está aberto e agardando polas túas aportacións e opinións, o foro sobre este e outros aspectos importantes relacionados coas tecnoloxías e o ensino.

Se estás interesada ou interesado en presentar unha comunicación no encontro, ou coñeces a alguén que o estea, é necesario enviar un arquivo adxunto á dirección

n blogfesores@gmail.com Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla indicando no asunto: Comunicación.

Tamén nesta web podes atopar o formulario para realizar as Inscripcións

Se ademais necesitas hospedaxe tes información, por exemplo aqui:

Este é o Programa do Encontro sobre o que iremos falando e ampliando datos dende aqui .

 

ayerbe.jpg

 

 

Etiquetas: , , , ,

29/05/2007 01:20. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar.



O Recanto

Semente RSS:

Temas

Archivos

Enlaces

Blogheadas

Contorno

Deseño

Deseño Instruccional

Document Ando

Edublogs

Educ Ando

Eduticadas

Recursos

(SI) Sociedade da Inf...

Tecnoloxías

WebQuests

1,2,3 a contar ...

  • http://www.nedstatbasic.net/stats?ADIBBgDbTJ2JU1eeJYJIpNzInpbQ

Contact Ando

  • http://sekeirox.blogia.com/index.xml
  • http://del.icio.us/xacaes
  • http://skype:xacaes?call
  • mailto:sekeirox@gmail.com
  • mailto:xacaes@hotmail.com
  • http://odeo.com/sendmeamessage/CarlosSantos
  • http://www.google.com/reader
  • http://www.aypwip.org/webnote/sekeirox
  • http://www.getblogs.com
  • http://www.bitadir.com
  • http://www.chuza.org
  • http://www.blogfesor.org/manifiesto.htm
  • http://www.flickr.com/photos/sekeirox/99190449/
  • http://creativecommons.org/licenses/by/2.5/es/deed.gl
  • http://www.feedness.com/

Imaxin Ando

CeroTres

www.flickr.com
This is a Flickr badge showing public photos from Sekeirox. Make your own badge here.

Sindicación

Smart RSS Button Engadir feed a:
¿RSS, feeds, sindicación? (Axuda grazas a blogum)

Declaración de RoaEste blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe).

Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo .

Usa Firefox!. Navégase mellor


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.