Sekeirox

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2008.

Resumen

05/05/2008

Galescolas. Entrevista a Lois Ferradás

Levo xa unha boa tempada dedicándolle as miñas forzas e ilusións a todo o que se está a vivir nas Galescolas ; ao proxecto (hoxe xa unha realidade), de transformar e poñer en valor a educación da primeira infancia da Galiza do século XXI; axudando a tecer a rede de galescolas . Esta parte tan importante da miña vida non tivo, ata o momento, o espazo que se merece neste meu sekeirox. Para comezar a revertir esta situación, non se me ocorre unha forma mellor que recoller íntegramente a entrevista publicada en Irimia (en dixital en Vieiros) que lle fixeron a Lois Ferradás: sen dúbida, unha das persoas deste país que máis luz (en todas as vertentes do termo: claridade, brillantez, enerxía,... ) e sentido aporta ás Galescolas.

Galescolas. Entrevista a Lois Ferradás.

A Lois Ferradás a querencia pola educación infantil vénlle de hai máis de 30 anos, cando contribuiu a poñer en marcha e manter o programa Preescolar na Casa. Na actualidade, ademais de Vicepresidente de Irimia, é profesor de Didáctica da Educación Infantil na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, da que é decano. Asemade asesora ao Consorcio, responsable do tema das galescolas. Disto conversamos con el.

Manolo G.Turnes - 19:02 14/03/2008

Por que o nome de galescola?

Porque son centros educativos, non só de coidado, e porque nelas se asegura a educación en galego e valorando a cultura do contorno. O concepto de gardería pertence ao pasado.


Son escolas?

Son centros educativos, nos que se acolle, coida e estimula a nenas e nenos de menos de 3 anos. Hoxe non é segredo para ninguén que as capacidades de aprender, de establecer vínculos, de explorar o mundo que nos rodea, de comprender e expresar ideas e sentimentos, comezan a se desenvolver nos primeiros meses de vida. Pensar que estas criaturas só teñen que aprender a mamar e arrotar é anacronismo, ignorancia ou mala idea. Pero son escoliñas diferentes das de educación primaria, nos seus horarios, espazos, equipamentos e actividades, na formación do seu persoal e nos servizos que prestan. Con independencia da administración que se encargue delas, nunca deberán perder este carácter propio, que ten en conta as características e necesidades dos seus usuarios.


Por que se crean agora?

Galicia leva un retraso grande na oferta de prazas en centros públicos para menores de 3 anos. Para comprobalo abonda con observar as listas de agarda nos periodos de inscrición; son centos e centos de familias que buscan sen logralo un posto para a súa prole. Precisamos multiplicar por 10 o número de prazas para achegarnos ás medidas europeas. As galescolas, ao compartir coas familias o coidado e educación de nenos e nenas, posibilitan que os pais, especialmente as nais, poidan desenvolver unha actividade laboral. Se observamos a súa distribución no territorio de Galicia podemos comprobar que algunhas están situadas en áreas pouco poboadas do interior. É a súa contribución a manter un medio rural socialmente vivo e economicamente viable.

Como vai a implantación do proxecto?

É cedo para facer balance. Un dos logros máis importantes foi poñer este asunto na axenda dos políticos; hai quen discute detalles da forma de facelo, pero ninguén pon en dúbida a súa necesidade. En menos de 2 anos puxéronse en funcionamento 20 galescolas, que supoñen arredor de 1000 prazas para nenas e nenos e foron contratadas 38 mestras/es e 91 educadoras/es. Pero, tan importante é que neste tempo se creou un proxecto educativo, unhas normas de funcionamento, un procedemento para a selección do persoal, un plan para a súa formación, un modelo arquitectónico e de equipamento, un servizo de apoio e de coordinación pedagóxica, unha potente rede.


Que se quere dicir cando se fala de rede de galescolas?

Estar en rede significa estar conectado. As galescolas non están illadas; traballan en equipo, relacionándose e compartindo os recursos, medios e instrumentos para unha xestión áxil e moderna e para un apoio pedagóxico que fai posible unha educación de calidade. Isto faise visible nas actividades de formación compartidas, nas reunións de directoras/es, na comunicación a través do portal galescolas.net, no seu boletín... É un traballo en cooperación entre profesionais e coas familias e os concellos.


Como se concreta a relación coas familias?

As familias son benvidas nas galescolas. Comézase coa entrevista de inscrición e continúase nas distintas reunións e nos encontros ocasionais do día a día. En cada galescola establécese un consello de participación, do que un terzo son pais ou nais. En varias galescolas acaba de iniciarse, en colaboración con Preescolar na Casa, un programa piloto chamado Espazos das familias que consiste en equipar un espazo para que poida ser usado por estas e realizar con elas actividades formativas e promover a súa participación nas actividades das galescolas.


Hai quen ve isto como un exercicio de adoutrinamento dos pais.

Quen iso di non coñece aos pais e nais actuais, que non se deixan adoutrinar. Pola contra, están desexosos de expresar as súas preocupacións e puntos de vista e escoitar de igual a igual a outros pais/nais e deixarse asesorar por profesionais expertos. Non están dispostos a pagar peaxe por exercer os seus dereitos de cidadanía nin a deixarse cautivar ideoloxicamente. Convén non minusvalorar a intelixencia destes pais e nais que forman parte dunha xeración, seguramente a máis culta e máis libre da historia de Galicia.


Cal é o papel dos concellos?

Forman parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que é quen xestiona a rede de galescolas. Teñen participación nas comisións de selección do persoal. Teoricamente faranse cargo dunha terceira parte dos gastos (a Vicepresidencia doutro terzo e as familias do restante, segundo os seus ingresos económicos). Unha representación do concello tamén forma parte da comisión de participación de cada escoliña. Algúns concellos dubidan de integrarse no Consorcio porque ven ameazada a súa autonomía. Asegurada a súa capacidade de participar nas decisións de planificación, e confiando na capacidade profesional do persoal educativo das galescolas, na miña opinión, o papel dos concellos está sobre todo en axudar a cada galescola a converterse nun proxecto de toda a comunidade local, escola de cidadanía participativa, obradoiro da cultura local, resposta ás necesidades de nenos/as e familias.


Podes sinalar os puntos fortes e febles deste proxecto?

Na miña opinión, un dos puntos máis fortes é a mesma concepción en rede, que minimiza os riscos, protexe e axuda a afrontar os desafíos; outra realidade formidable son os equipos de profesionais, formados, con iniciativa, comprometidos e identificados co proxecto; isto permítenos esperar o mellor. Tamén existen puntos febles, como é que sexa obxecto de disputas dos partidos políticos, ou que aínda queden moitas localidades sen galescola, que falte previsión e se improvisen algúns procedementos da organización, a falta de experiencia de participación das familias... outras tantas oportunidades de poñer en marcha o máis ambicioso proxecto de educación da primeira infancia da historia de Galicia.

 

Etiquetas: , , , ,

05/05/2008 01:35. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Educ Ando Hay 2 comentarios.

07/05/2008

I Congreso Galego de Educación Infantil 0 - 3

Os días 27, 28 e 29 de xuño celebrarase o "I Congreso Galego de Educación Infantil 0-3" no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)

No portal galescolas.net temos acceso a esta información sobre o Congreso. Nesta edición teño o gusto e o reto de formar parte da organización. Agardamos que a participación sexa inesquecible.

Destinatarios:

Persoal das escolas infantís

Obxectivos:

  • Servir de punto de encontro a profesionais que desenvolven o seu traballo no primeiro ciclo da educación infantil.
  • Facilitar o coñecemento de experiencias que se están desenvolvendo no ámbito da educación infantil.
  • Crear un foro de discusión teórica e práctica sobre a educación infantil.
  • Ofrecer técnicas de aplicación nas aulas.
  • Coñecer os últimos avances no ámbito da educación infantil.

Conferencias Plenarias:

Diversas persoas de recoñecido prestixio axudarannos a facer unha reflexión teórica e práctica sobre a situación da educación infantil 0-3 e a importancia dunhas boas prácticas no traballo das escolas infantís.

Relatores:

  • Lois Ferradás, decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
  • Quinto Borghi, coordinador pedagóxico das escolas infantís de Módena.
  • Vicenç Arnaiz, psicólogo.
  • Miguel A. Zabalza, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da USC.

Paneis de Experiencias:

Un dos obxectivos do Congreso é o de facilitar o coñecemento de experiencias que se están desenvolvendo no ámbito da educación infantil, e iso preténdese conseguir cos paneis de experiencias en que, a partir de pequenas comunicacións, moitas escolas infantís poidan poñer en común experiencias, reflexións e ideas sobre a súa práctica cotiá.

Obradoiros:

Desenvolverase algunha sesión de obradoiros alternativos sobre temas de interese para o traballo na educación infantil:

  • Expresión dramática e educación infantil.
  • Xogo heurístico.
  • Animación á lectura.
  • A música na educación infantil.

DOCUMENTOS DE INTERESE:

Etiquetas: , , ,

07/05/2008 15:50. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: CeroTres No hay comentarios. Comentar.



O Recanto

Semente RSS:

Temas

Archivos

Enlaces

Blogheadas

Contorno

Deseño

Deseño Instruccional

Document Ando

Edublogs

Educ Ando

Eduticadas

Recursos

(SI) Sociedade da Inf...

Tecnoloxías

WebQuests

1,2,3 a contar ...

  • http://www.nedstatbasic.net/stats?ADIBBgDbTJ2JU1eeJYJIpNzInpbQ

Contact Ando

  • http://sekeirox.blogia.com/index.xml
  • http://del.icio.us/xacaes
  • http://skype:xacaes?call
  • mailto:sekeirox@gmail.com
  • mailto:xacaes@hotmail.com
  • http://odeo.com/sendmeamessage/CarlosSantos
  • http://www.google.com/reader
  • http://www.aypwip.org/webnote/sekeirox
  • http://www.getblogs.com
  • http://www.bitadir.com
  • http://www.chuza.org
  • http://www.blogfesor.org/manifiesto.htm
  • http://www.flickr.com/photos/sekeirox/99190449/
  • http://creativecommons.org/licenses/by/2.5/es/deed.gl
  • http://www.feedness.com/

Imaxin Ando

CeroTres

www.flickr.com
This is a Flickr badge showing public photos from Sekeirox. Make your own badge here.

Sindicación

Smart RSS Button Engadir feed a:
¿RSS, feeds, sindicación? (Axuda grazas a blogum)

Declaración de RoaEste blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe).

Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo .

Usa Firefox!. Navégase mellor


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.